1116 [= RM 86,3]
Ben vej’eu que dizia mia senhor

Ben vej’eu que dizia mia senhor
gran verdade no que mi foi dizer,
ca ja eu dela querria aver
est’e terria-lho por grand’amor:
que sol quisesse comigo falar,
e quitar-m’-ia de lh’al demandar.
E ben entendo que baratei mal
do que lhi foi dizer, ca des enton
non falou migo, se Deus mi perdon,
e tanto mi fezess’oj’e non al:
que sol quisesse comigo falar,
[e quitar-m’-ia de lh’al demandar].
E ben entendo que fiz folia,
e dizen verdade por ũa ren:
«Do que muito quer a pouco devén».
Atal foi eu, ca ja filharia
que sol quisesse comigo falar,
[e quitar-m’-ia de lh’al demandar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1114, V 705

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 499-500 [= LPGP 585-586]); Littera (2016: II, 44).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 248-249); Braga (1878: 135); Machado & Machado (1956: V, 167).

Variantes manuscritas


3 querria] q̅iria B   4 terria-lho por grand’amor] teirialho por grãdamor B   6 quitar-m’-ia] quitarlhia B : quytarlhia V   9 perdon] pardon B   15 quer] q̅ B

Paráfrasis


(I) Ben entendo eu que a miña señora dicía unha gran verdade no que me dixo, pois xa eu querería recibir isto dela e teríallo por unha proba de grande amor: que polo menos quixese falar comigo, e eu deixaría de lle demandar outra cousa.

(II) E ben entendo que fixen un mal negocio polo que lle fun dicir, porque desde entón non falou comigo, así Deus me perdoe, e oxalá me fixese hoxe tanto e non outra cousa: que polo menos quixese falar comigo, e eu deixaría de lle demandar outra cousa.

(III) E ben entendo que fixen unha loucura, e din verdade por unha cousa: «O que moito quere a pouco chega». Ese tal fun eu, que xa me conformaría con que polo menos quixese falar comigo, e eu deixaría de lle demandar outra cousa.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C (I-II [= RM 160:159]) + 9’a 10b 10b 9’a 10C 10C

Notas


Texto
  • 6

    Resulta evidente a necesidade de emenda da lección quitar-lh’-ia de BV para o primeiro verso do refrán, onde o pronome lhe (por me) probabelmente ten unha presenza inducida pola súa aparición a seguir, en de lh’al demandar.

  • 8

    Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso (e mais no v. 16): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 9

    A forma pardon, de B, semella aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon. Non obstante, tal forma é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 14-15

    Só o cruzamento sintáctico entre dizen verdade (de), no v. 14, co v. 15 explica a presenza da contracción Do inicial do proverbio «O que muito quer a pouco devén».

Buscar
    Sin resultados