607 [= RM 25,20]
Chegou-mi, amiga, recado

Chegou-mi, amiga, recado
daquel que quero gran ben:
que, pois que viu meu mandado,
quanto pode viir ven;
e and’eu leda por én
e faço muit’aguisado.
El ven por chegar coitado,
ca sofre gran mal d’amor:
er anda muit’alongado
d’aver prazer nen sabor
senon ali u eu for,
u é todo seu cuidado.
Por quanto mal á levado,
amiga, razon farei
de lhi dar end’algun grado,
pois ven como lh’eu mandei
e log’el sera, ben sei,
do mal guarid’e cobrado,
e das coitas que lh’eu dei
des que foi meu namorado.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 590, V 193

Edições


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 91 [= LPGP 185]); Nunes (1973 [1928]: 41-42); Cohen (2003: 626); Littera (2016: I, 234).
II. Outras edicións: Moura (1847: 175-176); Monaci (1875: 76); Braga (1878: 39); Machado & Machado (1952: III, 225); Júdice (1997: 71); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 49-50); Pimpão (1942: 73); Tavares (1961: 45-46); Torres (1977: 260); Mongelli (2009: 155).

Variantes manuscritas


2 que] che V   4 viir ven] uur ueu V   6 faço] fazo V   7 ven] nē V   8 gran] g̃ra B   9 er] et V   11 eu] en V   16 ven] nē V

Variantes editoriais


9 er] e Lang, Nunes

Paráfrase


(I) Chegoume, amiga, recado daquel que amo: que despois que viu o meu mandado, vén o máis axiña que pode; e eu ando leda por iso e fago moi ben.

(II) El vén ansioso por chegar, pois sofre un gran mal de amor: tamén está moi lonxe de poder gozar ou estar a gusto agás alí onde eu estiver, onde está todo o seu pensamento.

(III) Por canto mal sufriu, amiga, farei ben en lle dar por iso algunha recompensa, pois vén como lle eu mandei, e logo estará, ben o sei, recobrado e libre do mal (1) e das coitas que eu lle dei desde que foi meu namorado.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7b 7’a 7b 7b 7’a + 7b 7’a (= RM 79:19)

Encontros vocálicos: 1 -mi,amiga

Notas


Texto
  • 2

    Obsérvese o lapso do copista de V, cun aparente italianismo gráfico na copia de que, que volve aparecer en 497.2, 625.3 e 640.2; en 1473.12 e 1679.18 o lapso afecta a voz aqui, copiada como <achi>. Do contrario, en B é menos frecuente (véxase 1233.7 e 1548.12).

  • 9

    A opción editorial de Lang e Nunes, que confiren neste caso preeminencia á lección de V, tamén é coherente lingüística e semanticamente (véxase nota a 552.14).

Procurar
    Não foram encontrados resultados