1002 [= RM 155,1]
Coitado vivo d’amor

Coitado vivo d’amor,
e da mort’ei gran pavor
desejando mia senhor,
a que eu muito servi:
a mia senhor, que eu vi
mui, mui fremosa en Losi.
Amor me ten en poder,
e pavor ei de morrer
porque non posso veer
a que eu muito servi:
a mia senhor, que eu vi
[mui, mui fremosa en Losi].
Amor en poder me ten,
e faz-mi perder o sén
porque non poss’aver ben
da que eu muito servi:
a mia senhor, que eu vi
[mui, mui fremosa en Losi].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 998, V 587

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 908 [= LPGP 971]); Littera (2016: II, 551-552).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 210); Braga (1878: 113); Machado & Machado (1953: IV, 390-391).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 152-153); Gutiérrez (2023: 279).

Variantes manuscritas


5 vi] mi V   6 fremosa] tremo sa V   8 morrer] moirer B   17 mia] ma B

Variantes editoriais


6 fremosa en Losi] fremosa en si Michaëlis : fremos’em Losi Littera   12 fremosa en Losi] fremosa en si Michaëlis : fremos’em Losi Littera   18 fremosa en Losi] fremosa en si Michaëlis : fremos’em Losi Littera

Paráfrase


(I) Vivo coitado de amor e teño gran pavor da morte desexando a miña señora, a que eu moito servín: a miña señora, que eu vin moi, moi fermosa en Luzim.
(II) Amor me ten no seu poder e teño pavor de morrer porque non podo ver a que eu moito servín: a miña señora, que eu vin moi, moi fermosa en Luzim.
(III) Amor no seu poder me ten e faime perder o siso porque non podo obter o ben da que eu moito servín: a miña señora, que eu vin moi, moi fermosa en Luzim.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7a 7a7a 7B 7B 7B (= RM 19:35)

Encontros vocálicos: 6 fremosaen; 12 fremosaen; 18 fremosaen

Notas


Texto
  • 5

    Nótese o significativo erro de V (<ui>/<mi>) por canto se repite nunha cantiga de Martin Codax, coa diverxencia mirar / virar (véxase nota a 1301.4).

  • 6

    O topónimo Losi non foi correctamente interpretado por Michaëlis, que, cunha emenda, transforma o refrán da cantiga:

    a mia senhor, que eu vi
    mui, mui fremosa en si.

    Tal como se indica na versión electrónica de Littera, Losi debe corresponder ao act. Luzim, unha aldea próxima a Penafiel (Portugal). A forma antiga do topónimo presentaba a grafía coa fricativa <s>, como testemuña Santa Rosa de Viterbo: «No de 943, deu ou doou o sacerdote Adulfo a D. Ansur e a sua mulher D. Ejeuva a sua Igreja de S. João de Losim, nas margens do Tâmega, a qual havia fundado In casale, quos fuit de Patre meo Prudenzo, quos edificavi de verede. Documento de Arouca» (Viterbo 1966: II, s.v. verede)1 .

    Canto á inusual reiteración, de valor intensificador, de mui, non conseguimos achar ningunha ocorrencia dese tipo, pois, para alén da súa rareza, normalmente é interpretada como um erro de copia. Véxanse algúns contextos na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España que poderían ser interpretados como expresións correctas á vista do refrán de Vaasco Rodríguez de Calvelo:

    Et chegarõ a hũu uale et acharõ y hũa fonte muy muy bõa […] Et el rrey de Portugal foy muy muy sanudo, et fezo grã guerra a Galiza (cfr. CGPA, s.v.).

  • 16

    A liña discursiva da cantiga provocou unha modulación sintáctica no enlace do refrán da estrofa III, coa substitución do artigo a pola contracción da para posibilitar o enlace do v. 15:
              porque non poss’aver ben
              da que eu muito servi:/ ...
    Este tipo de modulación sintáctica pode verse en diversas composicións ao longo do corpus. Véxase nota a 823.16.

  • 17

    Aínda que, en principio, a forma ma de B é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18), débese advertir que, en xeral, ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.4, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).

  1. ^

    Aínda Viterbo fai outra referencia á igrexa de Losim (1966: II, s.v. igreja1): «No de 9..3, outro Sacerdote por nome Adulfo fez doação da igreja de S. João de Losim em Riba-Tamega ao “Nobre Ansúr, e sua mulher Ejeuva, restauradores insignes do Mosteiro de S. Pedro de Arouca”». Estas referencias de Viterbo están indicadas na web Cantigas Medievais Galego-Portuguesas: http://cantigas.fcsh.unl.pt/cantiga.asp?cdcant=1008&tr=4&pv=sim [consult. 6-12-2018].

Procurar
    Não foram encontrados resultados