121 [= RM 115,3]
Como morreu quen nunca ben

Como morreu quen nunca ben
ouve da ren que máis amou
e que viu quanto receou
dela e foi morto por én,
ai mia sennor, assi moir’eu!
Como morreu quen foi amar
quen lle nunca quis ben fazer
e de que lle fez Deus veer
de que foi morto con pesar,
ai mia sennor, assi moir’eu!
Com’ome que ensandeceu,
sennor, con gran pesar que viu,
e non foi ledo nen dormiu
depois, mia sennor, e morreu,
ai mia sennor, assi moir’eu!
Como morreu quen amou tal
dona que lle nunca fez ben
e quen a viu levar a quen
a non valia nen a val,
ai mia sennor, assi moir’eu!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


A 35, B 150

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 76-77); Vallín (1995b: 187-189 [= LPGP 727]); Littera (2016: II, 236).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 59); Carter (2007 [1941]: 23); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 434-435); Marques Braga (1945: 74-75); Machado & Machado (1949: I, 217-218); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 116); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 121).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 5); Nemésio (1961 [1949]: 47); Nunes (1959: 226-227); Oliveira & Machado (1959: 25); Spina (1972: 295); Torres (1977: 503); Correia (1978: 56); Fiúza (1981: 111-113); Gonçalves & Ramos (1983: 137); Ferreira (1988: 49); Alvar & Beltrán (1989: 94-95); Sansone (1990: 50); Ferreira (1991: 25-26); Jensen (1992: 264); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 170); Vieira (1996: 26); Diogo (1998: 41); Alvar & Talens (2009: 330); Souto Cabo (2017: 197).

Manuscript variants


1 morreu] moyreu A : moireu B   6 morreu] moireu B   7 quen lle] q̄lle A : ꝗʷlhi B    8 lle] lhi B   11 Com’ome] Comoomē B   12 viu] ueu B   14 depois] epois B; morreu] moireu B   15 sennor] se(nhor) B   16 morreu] moireu B   17 lle] lhi B   18 viu levar a quen] uir· leuar a ꝙʷ B   19 a non] enō B

Editorial variants


3 que] quen Michaëlis : que[n] Vallín : que[m] Littera   8 que] que[n] Michaëlis

Paraphrase


(I) Como morreu quen nunca recibiu ben da cousa que máis amou e quen viu canto receou dela e morreu por causa diso, ai miña señora, así morro eu!

(II) Como morreu quen foi amar a quen nunca lle quixo facer ben e de quen Deus lle fixo ver (algo) de que morreu con pesar, ai miña señora, así morro eu!

(III) Como aquel que perdeu a cordura, señora, por causa do gran pesar que viu, e non volveu estar ledo nin durmiu despois, miña señora, e morreu, ai miña señora, así morro eu!

(IV) Como morreu quen amou tal dona que nunca lle correspondeu e quen a viu como era levada por quen non a merecía nin a merece, ai miña señora, así morro eu!

Metrics


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C (= RM 155:21)

A estrofa III ten o mesmo esquema estrófico das restantes, pois a rima -eu dos verbos é pechada [‘ew] (coa excepción de deu, véxase Montero Santalla 2000: 1197), fronte ao pronome eu do refrán, con vogal palatal aberta [‘ɛw]1.

Notes


Text
  • 1

    O paralelismo de todas as estrofas e mais o propio sentido do texto obrigan á emenda da lección <moyreu> de A, coincidente neste caso con B, que neste cancioneiro pode ser lida como morr’eu pola equivalencia <ir> = <rr> (véxase nota a 9.2).

  • 3

    Dado o uso de que con valor de ‘quen’ na lingua medieval, é desnecesaria a emenda da forma de A realizada polos editores precedentes (tamén no v. 8). Véxase nota a 47.21-22.

  • 11

    O cancioneiro da Ajuda mostra unha clara preferencia pola forma ome face á variante omen, máis frecuente nos apógrafos italianos (mais véxase nota a 129.14). Deste xeito, nos textos transmitidos por A e por B, achamos con frecuencia a oposición ome / omen (66.19, 68.1, 74.28, 85.5, 129.27, 131.11, 132.24, 139.8, 164.2, 174.7). Véxase tamén nota a 559.9.

  • 12

    A lección de B parece suxerir a forma dialectal veu, que non se rexistra na poesía profana mais que é moi frecuente na prosa medieval galega posterior, especialmente na Crónica Troiana.

  1. ^

    Eis o esquema métrico de Tavani para a estrofa III: 8a 8b 8b 8a 8A (= Tav 128:3).

Search
    No results