91 [= RM 78,4]
Con vossa coita, mia sennor

Con vossa coita, mia sennor,
ja de tod’al cuita perdi,
ca a tod’ome aven assi,
desto seede sabedor:
que non pod’ome coita aver
que non aja log’a perder
des que ll’outra chega maior.
E por aquesto, mia sennor,
des aquel dia que vos vi
d’outra gran coita me parti:
assi me coitou voss’amor
que me fez tod’escaecer,
atan muit’ouve que veer
na vossa que me faz peor!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscritos


A 25, B 118

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 55 [= LPGP 511]); Littera (2016: I, 637).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 44); Carter (2007 [1941]: 17); Marques Braga (1945: 55); Machado & Machado (1949: I, 170-171); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 91).

Variantes manuscritas


1 Con] Cvm B   2 cuita] coyta B   3 ca a] ca \a/ A : ca B   5 coita] cuyt B   12 tod’escaecer] todoscaeçer B   14 peor] peyor B

Variantes editoriais


2 cuita] coita Littera   3 ca a tod’ome] ca todo mi Michaëlis   5 coita aver] coit(a) aver Michaëlis : coit’aver Littera   9 vos] vus Michaëlis

Paráfrase


(I) Coa coita que teño por vós, miña señora, xa eu perdín coita por todo o resto, pois a calquera lle acontece así, sabede isto: que ninguén pode ter unha coita que non haxa de perder logo desde que lle chega outra maior. 

(II) E por isto, miña señora, desde aquel día en que vos vin doutra gran coita me liberei: así me coitou o voso amor que me fixo todo esquecer, tanto foi o moito que tiven que ver na vosa (coita) que me produce un efecto peor!

Métrica


Esquema métrico: 2 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161: 251)

Encontros vocálicos: 3 omeaven; 5 coitaaver

Notas


Texto
  • 1

    A grafía <cvm> con de B (cfr. tamén <cu͂> BV en 671.2 e 6), como <in> en (véxase nota a 2.18), pode constituír máis unha mostra de grafía latinizante que de cando en cando se detecta nos manuscritos que transmitiron a poesía trobadoresca profana galego-portuguesa. Cfr. nota a 63.2.

  • 3

    Unha leve mudanza vocálica e unha segmentación diferente en Michaëlis mudou a expresión para a primeira persoa na edición do Cancioneiro da Ajuda, convertendo tod’ome en todo mi. Talvez a lección de Michaëlis proceda de que non ten en conta o \a/ voado engadido posteriormente na entreliña; sendo así, ca tod’ome aven assi non tería sentido, e por iso interpreta ca todo mi aven assi.

  • 14

    Nesta cantiga, como noutras, B (e V) ofrece a variante peior (típica dos apógrafos italianos) fronte á forma peor, única que se rexistra no Cancioneiro da Ajuda (65.32, 275.21, 387.r2, 812.2 e 13).

Procurar
    Não foram encontrados resultados