47 [= RM 46,1]
Con vossa graça, mia senhor

Con vossa graça, mia senhor
fremosa, ca me quer’eu ir
e venho-me-vos espedir
porque mi fostes traedor,
avendo-mi vós desamor
u vos amei sempre a servir
des que vos vi, e des enton
m’ouvestes mal no coraçon.
Pero de vós é a min peor
porque vos vej’assi falir,
que eu ben pod[er]ei guarir
oimais sen vós, ca mui milhor
dona ca vós ei por sen[h]or,
e que no[n] sabe assi mentir,
que fara a dur tal traiçon
sobre seu ome sen razon.
E veeredes qual amor
vos eu fazia, pois partir
me vin de vós, e descobrir-
-vos-ei d’ũu voss’entendedor
vilão, de que vós sabor
avedes e a que pedir
foste-la cinta: por én non
vos amarei nulha sazon.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


B 74

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 706-707); Lapa (1970 [1965]: 216-217); Martínez Pereiro (1992: 61 [= LPGP 310]); Lopes (2002: 28); Littera (2016: I, 345-346).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 24-25); Machado & Machado (1949: I, 97-98); García (2001: 33); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 49); Rios Milhám (2017: I, 47); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 51).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 20-21); Landeira Yrago (1975: 255-256); Tavares & Miranda (1987: 291); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 98); Diogo (1998: 21); Mongelli (2009: 191-192).

Variantes manuscrites


Practicamente todos os versos das estrofas I-II aparecen erroneamente segmentados na copia de B75.

1 senhor] Senhor \senoʳ/ B   3 venho-me-vos] Uenho1 meues B   5 avendo-mi] ca auendo mj B   6 vos] nos B   7 vos vi] ues uj B   9 de vós] deues   10 vos] uos B   11 guarir] gauarir B   13 ca vós] caues   18 vos] uos B   19-20 descobrir-vos-ei] descobⁱr uos ey B   23 non] enō B   24 vos] uos B

Variantes éditoriales


1 mia] minha Littera   3 vos] vus Michaëlis : vós Martínez Pereiro   5 avendo-mi] c(a) avendo-mi Michaëlis : ca, avendo-mi Lapa, Martínez Pereiro, Lopes : ca havendo-mi Littera   6 u] [e]u Lapa, Lopes, Littera; vos] vus Michaëlis; sempre a] sempr’a Michaëlis, Lapa, Martínez Pereiro, Littera   7 vos] vus Michaëlis   8 ouvestes] ouvest’a Lopes   10 vos] vus Michaëlis   12 milhor] melhor Lopes   14 sabe] sab(e) Michaëlis   15 que] e Michaëlis   18 vos] vos Michaëlis   20 vos] vus Michaëlis; d’ũu] d’un Michaëlis, Lapa, Martínez Pereiro : d’um Lopes, Littera   21 que] quen Michaëlis, Lapa   22 que] quen Michaëlis, Lapa : quem Lopes, Littera   23 cinta] cint(a): e Michaëlis   24 vos] vus Michaëlis

Paraphrase


(I) Co voso permiso, miña señora fermosa, que me quero eu ir e véñome despedir de vós porque me fostes traidora, téndome vós desamor cando eu vos amei sempre servíndovos desde que vos vin, e desde entón me odiastes no voso corazón.

(II) Pero aínda me dá máis pena de vós porque vos vexo así errar, pois eu ben poderei vivir de hoxe en diante sen vós, xa que unha dona moito mellor ca vós teño por señora, e que non sabe mentir así, que dificilmente cometerá traizón a un seu vasalo sen motivo.

(III) E veredes o amor que vos eu tiña, agora que me vin despedir de vós, e delatareivos por un voso pretendente vilán que tanto vos gusta e a quen lle fostes pedir a cinta: por iso non vos amarei nunca máis.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8a 8b 8c 8c (= RM 134:1)
Encontros vocálicos: 6 semprea; 9 éa; 14 sabeassi; 15 faraa, tra.i.çon; 20 u͂͜u

Notes


Texte
  • *

    En Littera, a rúbrica que os manuscritos recollen para as cantigas 48 e 1354 aparece atribuída a esta cantiga.

  • 1

    A fórmula con (vossa) graça, xunto con con graça (de vós) (281.7 e 809.22 e 32) serve para pedir licenza ao interlocutor, asociándose sempre ao acto de despedida da senhor, igual que nas Cantigas de Santa Maria:

    e, com’ era costumada,
    na ygreja se meteu
    e à omagen correu
    por se dela espedir.
    E ficando os ge͂ollos,
    disse: «Con graça, Sennor» (CSM 59.62).

    De calquera maneira, a presenza do posesivo é rara, pois só a achamos neste contexto e mais en con minha graça na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España: et que vaades cõ mjna graça (Lorenzo 1975: I, 431).

  • 4

    Lémbrese que traedor, como todos os nomes acabados en -or, é invariábel no período medieval (cfr. a omnipresente senhor), e só no final do período se manifesta unha forma feminina analóxica (véxase Glosario, s.v. senhora, con nove ocorrencias unicamente).

  • 5-8

    Todos os editores manteñen o ca inicial de verso en B a pesar da inexistencia de crase da conxunción causal (e comparativa) ca (Ferreiro 2012b) e da obvia (por repetida) resistencia á sinalefa desta partícula. Así, moi probabelmente debamos pensar que, como acontece con outros elementos lingüísticos de escaso corpo fónico e alta frecuencia nos textos (e, i, eu etc.), ca teña unha presenza adventicia neste verso, causando problemas sintácticos e, sobre todo, métricos. Alén da xa sinalada anómala sinalefa *caavendo, debe mencionarse, como argumento que avala o seu carácter de elemento espurio, a excesiva acumulación de partículas causais (ca, v. 2, porque, v. 4, *ca, v. 5). No tocante á sinalefa, debe indicarse que nunca se verifica sinalefa de ca nas cantigas transmitidas polo Cancioneiro da Ajuda, o manuscrito máis fiábel: en 279.10, a inicial copia do verso ca estou de vós como vos eu direi de A (esencialmente coincidente coa de B), que obrigaría á sinalefa ca‿estou para a medida decasilábica, foi corrixida nó códice do Colégio dos Nobres coa supresión de eu e a conseguinte restauración do hiato ca | estou. Ademais, existen ao longo do corpus outras probas indirectas que confirman que, ás veces, a presenza da conxunción é resultado dun erro de copia. Así ocorre, por exemplo, na cantiga 938.3: os dous apógrafos italianos presentan a lección redundante <ca poys>, onde é necesario expunxir ca.
    A partir da manutención de ca en todas as edicións desta cantiga, aparecen os problemas sintácticos, que provocan puntuacións dispares e que levan a Lapa e a Lopes á emenda e[u] para simplificar sintacticamente o período e ligar amei (v. 7) con ouvestes (v. 8).

  • 11

    De novo, a integración realizada restaura a omisión da abreviatura na copia do verso.

  • 12

    Aínda que minoritaria, a forma milhor, con pechazón de /e/> /i/ por influencia de consoante palatal (por iode na súa base etimolóxica meliōrem), ten certa presenza na lingua trobadoresca.

  • 15

    O provenzalismo a dur ‘dificilmente, apenas’ (tamén en 237.8, 592.3, 712.3) convive e compite coa variante de dur, que só se atesta en 215.18 e 1128.9.

  • 19-20

    Eis outro exemplo de tmese métrica no corpus profano, en que o poeta estabelece un corte entre a base verbal dunha forma futura con pronome mesoclítico, que pasa, xunto coa desinencia, para o verso seguinte. Tal segmentación versal é tamén presente en 14.25-26, 36.6-7219.15-16308.11-12, 1138.13-14, 1476.3-41538.15-16 e 1637.10-11. Cfr. notas a 37.18-19, 123.24-25, 482.1-2, 1542.3-4.

  • 20

    O indefinido u͂u (e tamén algu͂u e neu͂u) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

  • 20-21

    Na poesía cortés o termo entendedor aplícase aos namorados que manteñen unha relación que está aínda nunha fase de coñecemento mutuo e de cultivo do desexo, en que conversan e se intercambian prendas en sinal de correspondencia, tales como as cintas con que cinxen as propias vestimentas á cintura. Trátase da fase previa á de drudo, á que se chega cando os amantes satisfacen o seu desexo por medio de relacións carnais.
    Neste caso, o entendedor é caracterizado como vilão, o que indica que o home con quen a senhor quería namorar era de condición non nobre.

  • 21-22

    Nótese a desnecesaria emenda dalgúns editores nun que relativo que tamén ten o valor de ‘quen’ na lingua medieval.

  • 23

    A cinta é o cordón con que se apertaba a camisa ou o vestido á cintura. Por ese uso como ataxe, foi tomada como símbolo de unión e de fidelidade entre os namorados, que se intercambiaban anacos de cintas para mostrar que o amor era correspondido e tamén cando se separaban por un período longo, para manteren viva a chama do amor e a fidelidade. Por iso o protagonista da cantiga seguinte (cantiga 48) decidiu cambiar de namorada cando a que el consideraba súa senhor aceptou a cinta doutro cabaleiro, pois decatouse de que non lle correspondía.

  1. ^

    O primeiro grafema parece corrixir un <n>.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé