99 [= RM 78,5]
Con vosso medo, mia senhor

Con vosso medo, mia senhor,
quer’eu agora começar
ũa tal ren que acabar,
se Deus quiser, non poderei,
ca provarei
d’alhur viver:
e Deus non m’én dé o poder
des que m’eu de vós alongar,
mais dé-mi a morte, mia senhor,
Deus, e nunca me leix’estar
assi no mund’, a meu pesar,
come ja sen vós estarei
(aquesto sei),
des que viver
non poder vosco nen veer
o vosso mui bon semelhar,
c[a] nunca [vos] Deus, mia senhor,
no mundo quiso fazer par,
nen outrossi non [o] quis dar
a esta coita que eu ei,
e averei,
des que viver
non poder vosc’, e Deus morrer
me leix’u m’eu de vós quitar!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


B 126

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 748-749 [= LPGP 511-512]); Littera (2016: I, 643-644).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 47); Machado & Machado (1949: I, 180-181); Rios Milhám (2017: I, 99).

Variantes manuscrites


2 começar] comecar   9 dé-mi a morte] damha morte B   18 no] eno B

Variantes éditoriales


7 dé] dê Michaëlis, Littera   9 dé-mi a morte] dê mi-a morte Michaëlis : dê-mi a morte Littera   17 nunca [vos] Deus] nunca Deus [vos] Michaëlis, Littera   18 no mundo quiso] eno mundo quis Michaëlis, Littera   19 outrossi] outrosi Michaëlis

Paraphrase


(I) Con medo de vós, miña señora, quero eu agora atreverme a unha cousa tal que, se Deus quixer, non poderei levar a cabo, porque probarei a vivir noutro lugar: e Deus non me dea poder para iso desde que eu me afastar de vós, (II) antes me dea a morte Deus, miña señora, e nunca me deixe estar así no mundo, contra a miña vontade, como xa sen vós estarei –seino– desde que non puider vivir convosco nin ver a vosa gran fermosura, (III) pois nunca quixo Deus, miña señora, facer no mundo outra igual a vós, nin tampouco quixo facer nada igual a esta coita que teño, e terei, desde que non puider vivir convosco, e Deus me deixe morrer cando eu me afastar de vós! 

Métrique


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8c 4c 4d 8d 8b (cfr. RM 205:1)

Encontros vocálicos: 9 -mia

Notes


Texte
  • *

    O quinto e o sexto verso de cada estrofa forman en Michaëlis e Littera un único verso octosilábico, sacrificando a estrutura rimática á regularidade métrica (con rima interna nestes versos) (véxase Montero Santalla 2000: 270-271). Nótese, por outra parte, a aparición de mia senhor como palavra perduda no primeiro verso de cada estrofa.
    Por outra parte, esta composición, coas súas estrofas ligadas sintáctica e discursivamente, é unha verdadeira cantiga ateúda (véxase nota á cantiga 15).

  • 1

    A fórmula inicial con vosso medo ‘con temor de vós’, construída polo modelo exhortativo de con vossa graça (véxase 47.1), tamén aparece nalgunha cantiga de amigo suxerindo o temor reverencial que a amiga ten da nai (1188.2, 1200.2 e 11).

  • 9

    A manutención mecánica do texto de B levaría a unha incongruencia semántica, pois dificilmente o trobador no final da cantiga (véxanse os vv. 23-24) pode implorar a Deus que lle dea a morte cando se afaste da senhor e non a poida ver se esa morte xa está previamente concedida. É por isto que, tal como Michaëlis (e Littera), emendamos a lección de B (<da>) no que atinxe ao tempo verbal de dar a partir dunha doada confusión <a>/<e>, para alén da frecuencia do sintagma da mia morte, que puido influír no erro de transmisión.

  • 17

    A partir da lección de B para a partícula inicial da estrofa (<C>), xa Michaëlis reconstruíu a conxunción causal c[a], a continuar a exposición da estrofa anterior, culminando o carácter de ateúda desta cantiga após a ligazón entre as estrofa s I-II que propomos.
    Por outra banda, a colocación do necesario pronome CI (solicitado polo sentido e pola hipometría versal) vai sempre antecedendo o suxeito Deus: nunca me Deus leixe i máis viver! (20.12), nunca me Deus dé ben dela nen d’al! (78.7), nunca vos Deus mostr’o que vós queredes (986.3) etc.

  • 18

    A métrica obriga á emenda da lección manuscrita de B, onde só é posíbel realizala en eno ou en quiso. Fronte a Michaëlis e Littera, preferimos emendar eno para manter o acento fixo na cuarta sílaba. De todos os xeitos, non é o único exemplo de <eno> ou <e͂no> en B cando a lección correcta é no (véxanse, por exemplo, 813.11, 1588.20).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé