929 [= RM 142,2]
Conhosco-me, meu amigo

Conhosco-me, meu amigo,
que sempre vos fiz pesar;
mais, se agor’amigar
quisessedes vós comigo,
a vós eu nunca faria
pesar nen vo-lo diria.
Quen quer que vos d’end’al diga
non lho queirades creer,
ca, se podess’eu seer,
amigo, convosc’amiga,
a vós eu nunca fa[ria
pesar nen vo-lo diria].
Se eu por amig’ouvesse
vós, a que eu por meu mal
fiz pesar, u non jaz al,
pero me de vós veesse,
a vós eu nunca [faria
pesar nen vo-lo diria].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 926, V 514

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 241 [= LPGP 890-891]); Cohen (2003: 327); Arias Freixedo (2010: XIX); Littera (2016: II, 449).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 187); Braga (1878: 98); Machado & Machado (1953: IV, 291).

Variantes manuscritas


4 quisessedes] Qui ssessedes B   5 vós] uꝯ BV   7 Quen] Que V   11 vós] uꝯ BV   13 por] pre V   17 vós] uꝯ BV

Variantes editoriales


7 d’] om. Nunes

Paráfrasis


(I) Sei, meu amigo, que sempre vos causei mal; mais, se agora vos quixésedes amigar comigo, nunca eu vos faría pesar nin volo diría. 

(II) A quen vos diga outra cousa disto non llo creades, pois, se eu puidese, amigo, ser amiga vosa, nunca eu vos faría pesar nin volo diría.

(III) Se eu vos tivese por amigo a vós, a quen para a miña desgraza causei pesar, certamente, aínda que me viñese de vós, nunca eu vos faría pesar nin volo diría.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7b 7b 7’a 7’C 7’C (= RM 160:441)

Notas


Texto
  • 3

    O verbo amigar (< amigo + -ar) é certamente inusual nesta altura cronolóxica, xa que as escasísimas ocorrencias que achamos son posteriores (cfr CGPA, s.v.). A cantiga indica que o sentido de amigar é, neste caso, o de ‘(re)estabelecer amizade’ (namoramento entre amiga e amigo, no contexto), e ese significado é o que encontramos no Tratado de Confissom, de 1489:

    Item o que iura que nunca auera paz con seu amigo huũ ano de peemdença e amigase com ele.

    Ora ben, as outras dúas ocorrencias de amigar no período medieval presentan o valor semántico de ‘facer vida matrimonial, sen casar’:

    Iten mando a Maria Gonzalez, miña criada, filla de Juan Garcia das Tabernas para ajuda do seu casamento quatro centos maravedis e si se amigar que lle den cinquenta maravedis e que meus cunpridores que den os outros por amor de Deus (doc. de 1399);

    Item faço minna filla herdeyra aa dita Mayor Gonçalues, minna muller, en todos los meus bees moveles et reyzes en toda sua vida con condiçon que se non case nen se amigue; et se casar ou se amigar, que non aia nada en nos ditos bees (doc. de 1399).

  • 5

    A lección dos apógrafos italianos, <uꝯ>, apunta para unha forma átona; porén, o pronome debe ser necesariamente tónico no primeiro verso do refrán (véxase tamén os vv. 11 e 17. O erro repítese en varias pasaxes dos tres grandes cancioneiros: así, en BV, pode verse a lección errada coincidente en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V). O lapso de copia rexístrase tamén no Cancioneiro da Ajuda fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8; e aínda se verifica en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).

  • 7

    A omisión da preposición de en Nunes debe ser consecuencia do feito de ende non precisar, en liñas xerais, este enlace preposicional.

  • 14

    O pronome persoal vós, forma tónica oblicua, é complemento directo sen preposición, tal como acontece con frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 15

    A frase formularia u non jaz al ‘certamente, sen dúbida’, concorrente con u al non jaz (só en 55.15), é equivalente a u al non á (e as súas variantes), como se patentea a través da variante de B' en 31.10 (véxanse notas a 25.11 e 66.29). 

Buscar
    Sin resultados