681 [= Tav 75,4]
Cuidades vós, meu amigo, ũa ren

Cuidades vós, meu amigo, ũa ren:
que me non poss’assanhar sen razon
eu contra vós come vós: por que non?
Escontra mí cuidades i mal sén,
ca poder ei de m’assanhar assi:
eu contra vós come vós contra mí.
E, se cuidades ca non ei poder,
meu amigo, de mi vos assanhar,
ben como vós a min, ides cuidar
mal sén, ca logo vos farei veer
ca poder ei de m’assanhar [assi:
eu contra vós come vós contra mí].
E, [se] cuidades que poder non ei
de me vos assanhar, se m’eu quiser,
ben come vós a min, se vos prouguer,
ben outrossi me vos assanharei,
ca poder ei [de m’assanhar assi:
eu contra vós come vós contra mí].
Mais, pois me vos Deus por amigo deu
e mí a vós por amiga muit’á,
quitade-vos vós de cuidardes ja
o que cuidades, ca ben vos dig’eu
ca poder ei de m’assanhar [assi:
eu contra vós come vós contra mí].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 665bis, V 268

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 91-92 [= LPGP 488]); Cohen (2003: 152); Littera (2016: I, 569).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 101); Braga (1878: 52); Machado & Machado (1952: III, 338).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 90).

 

Variantes manuscritas


4 cuidades] coydades V   10 ca] en V; logo] lo(n)go B   13 cuidades] uydades V   14 quiser] q̄ B   22 eu] ou B   23 poder] po(po)der V

Variantes editoriais


4 cuidades] coidades Nunes   9 como] come Cohen   16 outrossi] outro si Nunes

Paráfrase


(I) Vós pensades, meu amigo, unha cousa: que eu non me podo asañar sen razón contra vós como vós (facedes): por que non? Pensades de min nesa cuestión de forma errada, porque teño poder de asañarme así: eu contra vós como vós contra min.

(II) E se pensades que non teño poder, meu amigo, de me asañar convosco como vós comigo, pensades de forma errada, pois axiña vos farei ver que teño poder de asañarme así: eu contra vós como vós contra min.

(III) E se pensades que poder non teño de me asañar convosco, se eu quixer, tal como vós  comigo, se vos prouguer, outro tanto me asañarei convosco, porque teño poder de asañarme así: eu contra vós como vós contra min.

(IV) Mais, xa que Deus me vos deu por amigo e a min a vós por amiga hai xa moito tempo, deixade de pensardes o que pensades, pois ben vos digo que teño poder de asañarme así: eu contra vós como vós contra min.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:124)

Encontros vocálicos: 1 amigo,‿ũa

Notas


Texto
  • 4

    Fronte á xeral variación coidar AN / cuidar BV, a diverxencia -oi-/-ui- na familia léxica de coidar entre os cancioneiros italianos é infrecuente. Véxase tamén coidar B / cuidar V en 1336.20 e 1406.5. Cfr. nota a 570.9. Véxase Monteagudo (2013 e 2015).

  • 9

    Tanto neste verso como no v. 15 optamos por considerar a presenza da locución conxuntiva ben como, equivalente a ‘como’ (véxase Glosario, s.v.), desconsiderando que ben sexa un adverbio modificador de assanhar.

    Como acontece noutras pasaxes (860.13, 1171.3), a emenda de como realizada por Cohen en prol da variante come non ten xustificación ecdótica nin lingüística, pois ambas as dúas variantes son intercambiábeis na lingua dos trobadores, por máis que ben come sexa a forma que aparece no v. 15.

  • 13

    A reintegración da condicional se é obvia, pois, alén da métrica, este verso é paralelo co verso inicial da estrofa II (v. 7): E, se cuidades ca non ei poder – E, [se] cuidades que poder non ei.

  • 20

    Obsérvese a utilización do pronome tónico en función de CD con preposición, tal como acontece con relativa frecuencia na lingua trobadoresca con todas as formas pronominais tónicas oblicuas. 

Procurar
    Não foram encontrados resultados