398 [= RM 70,13 (= 157,9)]
[C]uidou-s’Amor que logo me faria

[C]uidou-s’Amor que logo me faria
per sa coita, o sén que ei, perder,
e pero nunca o podo fazer;
mais aprendeu outra sabedoria:
quer-me matar mui cedo por alguen,
e aquesto pod’el fazer mui ben,
ca mia sennor esto quer toda via.
E ten-s’Amor que demandei folia
en demandar o que non poss’aver;
e aquesto non poss’eu escoller,
ca logo m’eu en al escolleria:
escolleria, mentr’ouvesse sén,
de nunca ja morrer por nulla ren,
ca esta morte non é jograria.
[A]i, que de coita levei en Faria!
E vin aqui a Segobia morrer,
ca non vej’i quen soia veer
meu pouc’e pouc’, e per esso guaria;
mais, pois que ja non posso guarecer,
a por que moiro vos quero dizer;
diz alguen: «Est’é filla de Maria».
E o que sempre neguei en trobar
ora o dix’, e pes a quen pesar,
pois que alguen acabou sa perfia.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


A 238

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 462-463); Nobiling (2007 [1907]: 80 [= LPGP 444]); Littera (2016: I, 517).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 138); Machado & Machado (1960: VII, 37); Domingues (1992: 34); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 398).

Variantes manuscrites


3 e pero] {ꞇ} pero A   18 guaria] gua(r)ria A   20 vos] uos A   21 diz alguen: Est’é filla] di() {z} alguen este filla A

Variantes éditoriales


5 per] por Michaëlis, Nobiling, Littera   11 en] én Michaëlis, en[d’] Nobiling, Littera   18 meu] m’eu Michaëlis; per] por Littera   20 vos] vus Michaëlis   21 diz alguen: «Est’é filla de Maria»] de alguém est i filha: de Maria Littera   23 dix’, e] dixe Michaëlis

Paraphrase


(I) Pensou Amor que logo me faria perder a cordura coa súa coita, aínda que nunca o puido facer; mais aprendeu outra argucia: quéreme matar moi cedo por alguén, e isto pódeo el facer moi ben, porque a miña señora quere iso de todas as maneiras.

(II) E Amor considera que eu pedín unha loucura ao demandar o que non podo ter; e isto eu non o podo escoller, porque daquela logo eu escollería outra cousa: escollería, mentres tivese xuízo, nunca xa morrer por ningunha cousa, pois esta morte non é brincadeira.

(III) Ai, canta coita levei en Faria! E vin a Segovia morrer porque non vexo aquí a quen soía ver algunhas veces, e por iso sobrevivía; mais, xa que non podo vivir, aquela por quen morro vos quero dicir; di alguén: «Esta é filla de Maria».

(1) E o que sempre ocultei no trobar agora o dixen, e pese a quen pese, porque alguén levou a cabo a súa teimosía.

Métrique


Esquema métrico: 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a (I, II [= RM 161:143]) + 10’a 10b 10b 10’a 10b 10b 10’a (III [= RM 152:1]) + 10d 10d 10’a

Encontros vocálicos: 16 Se·go·bi͜a; 17 so·i·a

Notes


Texte
  • *

    A partir das referencias xeográficas (Barcelos e Faria) e do antropónimo, Carolina Michaëlis de Vasconcelos (2004 [1896-1905]: 84, 280) espuxo a hipótese de que quizais o trobador estivese desvelando o nome de María Anes, filla de Maria Pais Ribeirinha e de João Fernandez de Lima, a quen Guilhade coñecería na súa terra natal, no castelo de Faria, e volvería achar, xa casada con Afonso Teles de Meneses, o de Córdoba, en Castela. Basea a suposición no feito de que o antedito castelo pasou aos descendentes da Ribeirinha, a quen Sancho o Velho deixara en testamento as cidades miñotas de Parada, Pousadela e Vila do Conde.

  • 1-4

    A utilización de dúas conxuncións adversativas consecutivas nos vv. 3 (e pero) e 4 (mais) aconsella introducir unha pausa importante entre as dúas, de modo que a primeira delas se refire aos vv. 1-2, mentres a segunda fai referencia a todos os versos anteriores (vv. 1-3). Neste sentido, a puntuación de Michaëlis, coa introdución dun punto final no v. 2, e a de Nobiling, con punto e vírgula, escurece o sentido da estrofa, que só podería ser transparente se supuxésemos para pero o sentido etimolóxico de ‘por iso’ (<per hoc).

  • 3

    A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).

  • 11

    A partir da consideración de <en> como pronome adverbial (xa presente en Michaëlis), Nobiling (seguido por Littera) intervén na lección manuscrita considerando que perante vogal necesariamente o pronome ten de presentar a forma ende (en[d’] al) (cfr. nota a 93.8); no entanto, escoller rexe preposición en, de modo que é desnecesaria a emenda. Cfr. e non sei en qual escolher (98.17), en vós quer’eu, meu amig’, escolher (1195.26).

  • 14

    Neste contexto (igual que en 1386.9 e 1599.3), jograria é sinónimo de ‘xogo, brincadeira’. Con todo, o verso podería ter outras lecturas alternativas, menos probáveis: ca ést’a mort’e non é jograria; ou, tamén, ca est’a mort’é, non é jograria.

  • 15-16

    Eis unha nova localización xeográfica: agora Faria, que xa aparecía na cantiga 396, e Segovia, onde o trobador morre lonxe da dona pola coita de amor.

  • 18

    Este verso presenta un problema interpretativo na locución adverbial, como mostra que Michaëlis editase inicialmente m’eu pouco e pouqu’..., que foi corrixido no segundo volume da súa edición do Cancioneiro da Ajuda para a forma aquí considerada (Michaëlis 1990: II, 412). A locución pouco e pouco ‘aos poucos’, presente aínda na lingua moderna, tanto en galego como en portugués (véxase Figueiredo 1978: s.v. pouco), presenta no corpus lírico medieval unha forma precedida de posesivo (meu pouc’e pouco), que semella unha formulación exclusiva da sincronía. Neste sentido, o testemuño de Pero Gomez Barroso (747.10) resulta significativo (así como o mesmo proceso en 1522.9, tamén de Guilhade):

    Porque tan muito tarda desta vez,
    seu pouc’e pouco se vai perdendo
    comig’e diz el que jaz morrendo.

    Na realidade, os datos apuntan a que a introdución dun posesivo era posíbel noutras locucións adverbiais, como pode comprobarse no rexistro do sintagma de seu vagar en vez de de vagar na Crónica de 1344:

    E elles fezerõno assy e tornaronsse pera suas tendas de seu vagar (Cintra 1952-1990: II, 115).

  • 21

    O texto e a interpretación do verso non fican claros, entre outras razóns pola confusa disposición das correccións do revisor do Cancioneiro da Ajuda: «A análise atenta da pasaxe apunta a que ningunha das formas da marxe se introduciu no verso. Despois de di, o pergamiño está raspado. Tras este, obsérvase a habitual marca de corrección. Nesta zona, o texto non ofrece indicios de raspadura» (Arbor Aldea 2009b: 64).

  • 22

    A copulativa inicial da fiinda está moi apagada no códice da Ajuda.

  • 23

    A segmentación da copulativa é aconsellábel polo feito de no corpus trobadoresco profano esta frase de teor formulístico (e pes a quen pesar) aparecer sempre iniciada coa conxunción (187.18, 599.6, 690.6).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé