1183 [= RM 85,7]
Da noite d’eire poderán fazer

Da noite d’eire poderán fazer
grandes tres noites, segundo meu sén;
mais na d’oje mi vẽo muito ben,
ca veo meu amigo,
e, ante que lh’enviasse dizer ren,
veo a luz e foi logo comigo.
E, pois m’eu eire senlheira deitei,
a noite foi e vẽo e durou;
mais a d’oje pouco a semelhou,
ca vẽo meu amigo,
e, tanto que mi a falar começou,
vẽo a luz [e foi logo comigo].
E comecei eu eire de cuidar,
[e] começou a noite de crecer;
mai-la d’oje non quis assi fazer,
ca vẽo meu amigo,
e, faland’eu con el a gran prazer,
veo a luz [e foi logo comigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1166, V 772

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 357-358 [= LPGP 578-579]); Reali (1964: 24-25); Cohen (2003: 400); Littera (2016: II, 34).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 266); Braga (1878: 145); Machado & Machado (1956: V, 262); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 87).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 59-60); Fernández Pousa (1951: 118); Nunes (1959: 286-287); Álvarez Blázquez (1975: 200); Torres (1977: 85); Gonçalves & Ramos (1983: 179); Pena (1990: 125); Jensen (1992: 194); Pena (1993: 84-85); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 141); Diogo (1998: 232); Vallín (1999: 67-68); Magalhães (2007: 104); Fidalgo (2009: 114); Souto Cabo (2017: 158).

Variantes manuscritas


3 vẽo] ueo V   7 eire] cyre BV   10-11 amigo, / e, tanto] amigo (e tāto) / E tāto B : amigo (atāto) / atanto V   11 e, tanto] atanto V; começou] comezou V   14 começou] comezou V   16 vẽo] ueno B   17 gran] gr̃a B

Variantes editoriais


1 poderán] poderam Nunes, Reali, Littera : poderan Cohen   4 veo] vẽo Nunes, Cohen, Littera   5 lh’enviasse] lhe uviasse Cohen : lh’ouvisse Littera   6 veo] vẽo Nunes, Cohen, Littera   9 mais a] maila Cohen   18 veo] vẽo Nunes, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Da noite de onte poderían facer tres noites inmensas, segundo creo, mais a de hoxe tróuxome moita felicidade, porque veu o meu amigo, e, antes de que lle mandase dicir nada, veu a luz e logo estivo comigo.

(II) E despois de eu onte me deitar soa, a noite foi e veu e durou moito, mais a de hoxe pouco se lle pareceu, porque veu o meu amigo, e, logo que comezou a me falar, veu a luz e logo estivo comigo.

(III) E eu onte comecei a pensar e comezou a noite a crecer, mais a de hoxe non o quixo facer así, porque veu o meu amigo, e, mentres falaba con el con gran pracer, veu a luz e logo estivo comigo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 6’C 10b 10’C (= RM 187:1)

Encontros vocálicos: 4-5 amigo,/‿e; 5 en·vi·a·sse; 11 mi‿a

Notas


Texto
  • *

    O feito de o v. 1 presentar unha rima isolada no conxunto da estrofa levou Montero Santalla a unir os vv. 1-2, 7-8 e 13-14 nun único de vinte sílabas métricas no inicio de cada estrofa (Montero Santalla 2000: I, 581).

  • 4-6

    Os dous versos do refrán presentan unha leve variación lingüística por canto veo aparece desnasalado nesta ocorrencia do retrouso, fronte á maioritaria presenza da forma vẽo nas restantes aparicións do refrán. Cfr. nota a 27.4.

  • 5

    Neste verso Cohen propón un inesperado hapax (nas cantigas profanas): uviasse (cfr. uviar ‘conseguir’, do lat. obviāre, con variantes medievais como huviar, oviar, oyuar, uuar, vuar...; cfr. CGPA, s.v.), partindo do repetido uso nas Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. uviar, huviar, oviar). No entanto, nada hai na pasaxe que motive a emenda do editor americano (nin tampouco a de Littera, ouvisse), pois a construción enviar + infinitivo é frecuente nas cantigas (véxase, no mesmo trobador, enviou muito rogar, 1184.2).
    Canto á medida decasilábica, esta pode ser asegurada a través da episinalefa amigo,/‿e (cfr. a irregular sinalefa eante en Reali), dada a xeral contaxe trisilábica de enviar.

  • 7

    A forma xeral no corpus das cantigas, derivada de singularium, é senlheiro/a (ás veces coa forma disimilada sinlheiro; véxase nota a 478.48), con evolución regular da secuencia [ng’l] a [nʎ] (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §91b). Porén, en Martin Codax rexístranse senneira, que mostra o seguinte paso evolutivo da secuencia [nʎ] a [ɲ] (cfr., por exemplo, ŭngŭlam > unlla > uña). Cfr. nota a 1298.2.

  • 9

    A forma eire (vv. 1, 7, 13), que convive coa variante gráfico-fonética eiri ‘onte’ (do lat. hĕri), é voz escasamente documentada na poesía profana galego-portuguesas (114.9, 1493.1, 1585.5). De calquera xeito, eire debía ser a forma dominante para indicar ‘día anterior a hoxe’ (véxase o CGPA, s.v. eire, eiri, eyre), pois oonte só se atesta en 1403.6. Na prosa o uso de eire ~ eyre está equilibrado co de oonte ~ ooite ~ ootem (véxase RILG, s.vv.).

    Por outra parte, Cohen intervén na grafía para impor a asimilación maila, en face do formato mais a, que permite unha ou outra lectura (isto é, con ou sen asimilación) conforme indican os datos que as grafías do artigo cando precedido de formas verbais en -r ou -s ou de certas palabras gramaticais (véxase nota a 5.10).

  • 14

    A integración da conxunción e no inicio do verso por imperativo métrico está sustentada pola moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.). E noutros casos, a métrica e/ou o sentido indica a necesidade da recuperación da copulativa (véxase 6.14, 60.27, 103.18, 110.3 e 17, 230.5, 271.5 etc.). Cfr. nota a 42.15 e 274.19.

  • 16

    A presenza de -n- na forma manuscrita <ueno> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /ẽ/ en vẽo (confirmada neste caso pola lección de V), o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar,  <poner> põer, <uano> vão, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.

Procurar
    Não foram encontrados resultados