908 [= RM 143,3]
De gran coita faz gran lezer

De gran coita faz gran lezer
Deus, per quant’eu entendo e sei,
e de gran pesar gran prazer,
e direi-vos por que o ei:
ca vi mia senhor d’aquend’ir
e ora vejo-a viir.
Ja por coita nen por pesar
que aja no meu coraçon
non me quer’eu muito queixar,
e direi-vos eu por que non:
ca vi [mia senhor d’aquend’ir
e ora vejo-a viir].
E sempr’eu esforç’averei
contra pesar, se o ouver,
de o perder: non o querrei
aver oimais, se Deus quiser,
ca vi [mia senhor d’aquend’ir
e ora vejo-a viir].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 906bis, V 493

Despois do derradeiro verso da primeira estrofa (v. 6), en B repítese Ca uj.

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 322-323 [= LPGP 894-895]); Arias Freixedo (2010: X); Littera (2016: II, 443).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 180); Braga (1878: 94); Machado & Machado (1953: IV, 259).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 242); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 213); Souto Cabo (2017: 235); Gutiérrez (2023: 227).

Variantes manuscritas


2 entendo e] eu tende V   4 vos] uos BV   5 d’aquend’ir] daquendo uir B   8 aja] aiā V; coraçon] coracon B   13 ouver] ou’uer V; esforç’averei] efforçauey V   14 se o] sey B   15 de o] Deꝯ B; querrei] queirey B : q̅irey V   16 Deus] des V

Variantes editoriales


2 entendo e] entend’e Nunes, Littera   4 ei] [s]ey Nunes   14-15 se o ouver; / de o perder, non o querrei] se o ouver, / dev’o perder, nen o querrey Nunes : se i houver / de o perder, non’o querrei Littera

Paráfrasis


(I) Dunha gran coita Deus fai un gran gozo, segundo canto eu entendo e sei, e dun gran pesar, un gran pracer, e direivos por que o penso: porque vin a miña señora irse de aquí e agora véxoa vir.

(II) Xa por coita nin por pesar que eu teña no meu corazón non me quero eu queixar moito, e direivos por que non: porque vin a miña señora irse de aquí e agora véxoa vir.

(III) E eu sempre me esforzarei contra o pesar, se o tiver; se o perdo, non o quererei ter nunca máis, se Deus quixer, porque vin a miña señora irse de aquí e agora véxoa vir.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= RM 99:54)

Encontros vocálicos: 2 entendoe

Notas


Texto
  • 4

    É desnecesaria a emenda ei > sei de Nunes, tal como outras que existen na edición das cantigas por parte dalgúns editores (véxase, por exemplo, a corrección de Michaëlis en 66.10).

  • 14-15

    Neste período, a lección de V para o v. 14 semella a correcta, coa presenza do complemento directo. Non obstante, sería posíbel unha lectura do v. 15 a partir da lección de B na cláusula condicional (se i ouver). Así o fai Littera:
              E sempr’eu esforç’haverei
    ​​​​​​​          contra pesar; se i houver
    ​​​​​​​          de o perder, non’o querrei
    ​​​​​​​          haver oimais, ...

  • 15

    En Nunes poder verse unha outra emenda inxustificada da cláusula condicional de + infinitivo, unha construción que chega até a actualidade.

Buscar
    Sin resultados