945 [= RM 63,18]
De me preguntar an sabor

De me preguntar an sabor
muitos, e dizen-mi por én
com’estou eu con mia senhor;
e direi-vos eu que m’aven:
se disser «ben», mentir-lhis-ei;
tan mal é que o non direi.
Os que me veen preguntar
como mi vai queren saber
con esta que sei muit’amar;
e eu non sei que lhis dizer:
se disser «ben», mentir-lhis-ei;
[tan mal é que o non direi].
Os meus amigos, con que vou
falar, me preguntan assi:
con mia senhor, com’eu estou?
E non sei que lhis diga i:
se disser «ben», mentir-lhis-ei;
[tan mal é que o non direi].
Mais, pois dela ben non ei,
preguntar-m’-an, e calar-m’-ei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


B 942, V 530

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 349-350); Rodríguez (1980: 57 [= LPGP 380]); Littera (2016: I, 425).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 191); Braga (1878: 101); Gassner (1933: 390-391); Machado & Machado (1953: IV, 310); Fernández Pousa (1959: 84).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 262).

Manuscript variants


2 muitos] Muyto B   4 aven] anen V   10 eu] en B   13 vou] uon V   14 preguntan] p̄guntã V   15 com’eu] domeu B : demeu V

Editorial variants


4 m’] m(h) Nunes   7 veen] vêm Littera   19 dela] d’ela [eu] Nunes

Paraphrase


(I) A moitos gústalles preguntarme e por iso me falan de como estou eu coa miña señora; e direivos o que me acontece: se dixese «ben», mentiríalles; tan mal é que non o direi.
(II) Os que me veñen preguntar queren saber como me vai con esta que sei amar moito; e eu non lles sei que dicir: se dixese «ben», mentiríalles; tan mal é que non o direi.
(III) Os meus amigos con quen vou falar, pregúntanme así: como estou eu coa miña señora? E non sei que lles diga sobre iso: se dixese «ben», mentiríalles; tan mal é que non o direi.
(1) Mais, xa que dela non recibo ben, preguntaranme e hei de calar.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8a 8b 8C 8C (= RM 99:48) + 8c 8c

Encontros vocálicos: 19 ma·is

Notes


Text
  • 9

    A partir das leccións de BV para o inicio do verso (<com esta>, <cō esta>) existen, varias posibilidades de fixación textual. Neste caso, optamos pola clásica edición de Nunes (seguida tamén en Littera) que estabelece con esta, feito que obriga a considerar un violento hipérbato, tal como acontece noutros contextos ao longo do corpus: «Os que me veen preguntar queren saber como mi vai con esta que sei muit’amar».
    Por súa vez, na edición crítica de Joan Airas Rodríguez estabeleceu, polo paralelismo cos vv. 3 e 15, unha lectura paleograficamente máis dificultosa, por canto esixe supor a nasal explosiva a partir de <cō> de V, aínda que existen casos similares no corpus (véxase nota a 225.2). Deste modo, com’est’a encubriría unha lectura como está a:

    com’estou eu con mia senhor (v. 3)
    com’est’a que sei muit’amar (v. 9)
    con mia senhor, com’eu estou? (v. 15).

    E aínda existiría unha terceira posibilidade que semella menos plausíbel no conxunto da composición:

    Os que me veen preguntar
    como mi vai queren saber
    com’ést’a que sei muit’amar.

  • 19

    Considerando a posibilidade de contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c), é desnecesaria a adición de eu realizada por Nunes neste verso, inducida polo aparente problema de hipometría.

Search
    No results