I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 59-60 [= LPGP 189-190]); Nunes (1972 [1932]: 191-193); Littera (2016: I, 206-207).
II. Outras edicións: Moura (1847: 106-107); Monaci (1875: 62); Braga (1878: 30); Machado & Machado (1952: III, 151-152); Júdice (1997: 143); Montero Santalha (2004).
3 praz] prax B 6 praz] prax B; morrer] moirer B : mouer V 7 prazer] praxer B 9 errades] eirades B 13 praz] prax B 16 perço] perçō B 17 errei] eirey B : euey V 18 praz] prax B; do] de V 19 veede] ueedes V 20 praz] prax B 22 perdon] pardō B 23 do] de B; prez] prex B 26 non] om. V 27 praz] prax B 30 quered’o] quero do B : q̄rodo V
2 vos] vós Lang 7 vos] vós Lang 14 vos] vós Lang 18 máis, er] mais er Lang, Nunes, Littera 19 vos] vós Lang 20 mi] me Lang, Nunes, Littera 21 vos] vós Lang 24 vos] vós Lang; que] om. Nunes 27 mi] me Lang, Nunes, Littera 28 vos] vós Lang 30 por] par Lang, Littera
(I) Sería xusto que me valésedes, señora, por canto tempo hai que vos servín, mais, pois vos agrada que así non sexa e eu teño de vós sempre o peor dos males, vede agora se sería mellor se, así como vos agrada deixarme morrer, vos agradase querer socorrerme.
(II) En me valerdes, señora, non errades nada, pois vos sei amar tanto como vos amo; e, pois vos causa pesar e eu sufro un mal de que morro, por iso vede agora se sería ben, así como vos agrada deixarme morrer, vos agradase querer socorrerme.
(III) De me valerdes era moi necesario porque perdo todo canto vos eu direi: o corpo e Deus, e nunca vos faltei; e aínda que vos prace máis o meu mal, vede tamén se sería ben, se vos prouguer, así como vos agrada deixarme morrer, vos agradase querer socorrerme.
(IV) De me valerdes, Deus non me perdoe se vós perdedes algo do voso mérito, pois tanto vos amo, e por Deus, que vos fixo valer máis de cantas hai no mundo, vede agora se non é razoábel, así como vos agrada deixarme morrer, vos agradase querer socorrerme.
(1) E, señora, pois vós tendes o poder, querede, por Deus, escoller o mellor.
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 139:2)
Todos os versos primeiros das estrofas presentan o mesmo inicio: De mi valerdes...
O carácter expletivo da copulativa que introduce por én enfatiza a expresión; neste sentido, cabe a posibilidade do frecuente erro <e>/<o>, que anularía a copulativa: e sofr’eu mal, de que moiro, por én...
A puntuación en Lang, Nunes e Littera (do meu mal; mais er / veede se é ben...) indica que estes editores interpretaron mais como conxunción adversativa, o cal produce un texto moi forzado.
A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).
A restauración vocálica en ve[e]de, que completa a medida decasilábica do verso, deriva da simétrica forma veedes nos vv. 5, 12 e 19.
A partir da lección dos manuscritos (<quero do> B, <q̄rodo> V ) podería pensarse nunha P1 do presente de indicativo (... quero do melhor escolher). Porén, a disxuntiva creada e mantida ao longo da cantiga para que a senhor decida entre deixalo morrer ou valerlle, así como a alusión na fiinda a que é ela quen ten o poder de decisión, obriga a corrixir a lección dos manuscritos e a editar unha forma imperativa querede. Por outro lado, a confusión gráfica entre <e> e <o> é moi frecuente nos apógrafos italianos.