563 [= RM 25,28]
De mi valerdes seria, senhor

De mi valerdes seria, senhor,
mesura por quant’á que vos servi;
mais, pois vos praz de non seer assi
e do mal ei de vós sempr’o peior,
veed’ora se seria melhor,
como vos praz de me leixar morrer,
de vos prazer de mi querer valer.
De mi valerdes, senhor, nulha ren
non errades, pois vos sei tant’amar
como vos am’; e, pois vos é pesar
e sofr’eu mal, de que moir’, e por én
veed’agora se seria ben,
como vos praz de me lei[xar morrer,
de vos prazer de mi querer valer].
De mi valerdes era mui mester
porque perço quanto vos [eu] direi:
o corp’e Deus, e nunca vos errei;
e, pero praz-vos do meu mal máis, er
veede se é ben, se vos prouguer,
como vos praz de mi [leixar morrer,
de vos prazer de mi querer] va[ler].
De mi valerdes, Deus non mi perdon
se vós perdedes do vosso bon prez,
pois vos tant’am’, e por Deus, que vos fez
valer máis de quantas no mundo son,
ve[e]d’agora se non é razon,
como vos praz de mi [leixar morrer,
de vos prazer de mi querer] valer.
E, pois, senhor, en vós é o poder,
por Deus, quered’o melhor escolher.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30

Manuscrits


B 546, V 149

Éditions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 59-60 [= LPGP 189-190]); Nunes (1972 [1932]: 191-193); Littera (2016: I, 206-207).
II. Outras edicións: Moura (1847: 106-107); Monaci (1875: 62); Braga (1878: 30); Machado & Machado (1952: III, 151-152); Júdice (1997: 143); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscrites


3 praz] prax B   6 praz] prax B; morrer] moirer B : mouer V   7 prazer] praxer B   9 errades] eirades B   13 praz] prax B   16 perço] perçō B   17 errei] eirey B : euey V   18 praz] prax B; do] de V   19 veede] ueedes V   20 praz] prax B   22 perdon] pardō B   23 do] de B; prez] prex B   26 non] om. V   27 praz] prax B   30 quered’o] quero do B : q̄rodo V

Variantes éditoriales


2 vos] vós Lang   7 vos] vós Lang   14 vos] vós Lang   18 máis, er] mais er LangNunesLittera   19 vos] vós Lang   20 mi] me Lang, Nunes, Littera   21 vos] vós Lang   24 vos] vós Lang; que] om. Nunes   27 mi] me Lang, Nunes, Littera   28 vos] vós Lang   30 por] par Lang, Littera

Paraphrase


(I) Sería xusto que me valésedes, señora, por canto tempo hai que vos servín, mais, pois vos agrada que así non sexa e eu teño de vós sempre o peor dos males, vede agora se sería mellor se, así como vos agrada deixarme morrer, vos agradase querer socorrerme.

(II) En me valerdes, señora, non errades nada, pois vos sei amar tanto como vos amo; e, pois vos causa pesar e eu sufro un mal de que morro, por iso vede agora se sería ben, así como vos agrada deixarme morrer, vos agradase querer socorrerme.

(III) De me valerdes era moi necesario porque perdo todo canto vos eu direi: o corpo e Deus, e nunca vos faltei; e aínda que vos prace máis o meu mal, vede tamén se sería ben, se vos prouguer, así como vos agrada deixarme morrer, vos agradase querer socorrerme.

(IV) De me valerdes, Deus non me perdoe se vós perdedes algo do voso mérito, pois tanto vos amo, e por Deus, que vos fixo valer máis de cantas hai no mundo, vede agora se non é razoábel, así como vos agrada deixarme morrer, vos agradase querer socorrerme.

(1) E, señora, pois vós tendes o poder, querede, por Deus, escoller o mellor.

Métrique


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 139:2)

Notes


Texte
  • *

    Todos os versos primeiros das estrofas presentan o mesmo inicio: De mi valerdes...

  • 6-7

    Nótese como a variación me (v. 1) ~ mi (v. 2) do refrán se nivela nas estrofas III-IV en prol de mi (non aceptada en Lang nin Nunes). Véxase nota a 202.6. Cfr. nota a 27.4-6.

  • 11

    O carácter expletivo da copulativa que introduce por én enfatiza a expresión; neste sentido, cabe a posibilidade do frecuente erro <e>/<o>, que anularía a copulativa: e sofr’eu mal, de que moiro, por én...

  • 18

    A puntuación en Lang, Nunes e Littera (do meu mal; mais er / veede se é ben...) indica que estes editores interpretaron mais como conxunción adversativa, o cal produce un texto moi forzado.

  • 22

    A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 26

    A restauración vocálica en ve[e]de, que completa a medida decasilábica do verso, deriva da simétrica forma veedes nos vv. 5, 12 e 19.

  • 30

    A partir da lección dos manuscritos (<quero do> B, <q̄rodo> V ) podería pensarse nunha P1 do presente de indicativo (... quero do melhor escolher). Porén, a disxuntiva creada e mantida ao longo da cantiga para que a senhor decida entre deixalo morrer ou valerlle, así como a alusión na fiinda a que é ela quen ten o poder de decisión, obriga a corrixir a lección dos manuscritos e a editar unha forma imperativa querede. Por outro lado, a confusión gráfica entre <e> e <o> é moi frecuente nos apógrafos italianos.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé