547 [= Tav 25,27]
De mi vós fazerdes, senhor

De mi vós fazerdes, senhor,
ben ou mal, tod’est’en vós é,
e sofrer m’é, per boa fe,
o mal, ca o ben sabedor
sõo que o non ei d’aver;
mais que gran coita de sofrer
que mi é, coitado pecador,
ca no mal, senhor, viv’oj’eu,
que de vós ei! Mais nulha ren
non atendo de vosso ben
e cuido sempre no mal meu,
que pass’e que ei de passar,
com’aver sempre [a] desejar
o mui gran ben que vos Deus deu.
E, pois que eu, senhor, sofri
e sofro por vós tanto mal
e que de vós non atend’al,
en que grave dia naci,
que eu de vós por galardon
non ei d’aver se coita non,
que sempr’ouvi des que vos vi!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


B 530, V 133

Éditions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 48 [= LPGP 188-189]); Nunes (1972 [1932]: 160-161); Eirín (2015: 198); Littera (2016; I, 196).
II. Outras edicións: Moura (1847: 79-81); Monaci (1875: 56); Braga (1878: 27); Machado & Machado (1952: III, 119-120); Júdice (1997: 127); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscrites


1 vós fazerdes] fazerdes uos V   4 sabedor] sabedes B   6 mais] May B   7 mi é] me V   13 sempre [a]] sēprē B : senpᵉ V   17 atend’al] atenda B : attendal V   18 naci] na(s)çi B   19 per] pe V

Variantes éditoriales


1 vós fazerdes] fazerdes vós Lang, Nunes   3 boa] bõa Lang, Littera   6-7 mais que gran coita de sofrer / que mi é, coitado pecador] mais que gram coit’ a de sofrer / quem é coitado pecador! Lang : mais que gram coit’há de sofrer quem é coitado pecador!  Littera  7 mi é] m’é Nunes   13 com’aver] com aver Lang : con aver Nunes; sempre [a]] sempr’[a] Lang, Nunes, Eirín, Littera   17 atend’al] attend’al Lang   21 sempr’] semp’ Nunes

Paraphrase


(I) De me facerdes vós, señora, ben ou mal, todo iso correspóndevos a vós, e a min sufrir me corresponde o mal, certamente, pois ben sei que o ben non o hei de recibir; mais que gran coita teño que sufrir, pobre coitado, (II) porque eu vivo hoxe, señora, no mal que recibo de vós! Mais non espero nada do voso ben e sempre penso no meu mal, que paso e que hei de pasar, como ter que desexar por sempre o moi gran ben que Deus vos deu.

(III) E xa que eu, señora, sufrín e sufro por vós tanto mal e que non espero de vós outra cousa, en que mal día nacín, pois eu de vós non hei de recibir outro galardón agás coita, que sempre tiven desde que vos vin!
 

Métrique


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= Tav 161:235)

Encontros vocálicos: 7 mi‿é; 13 sempre‿[a]

Notes


Texte
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55. As edicións precedentes non ligan as estrofas I-II.

  • 1-5

    O texto que se deriva da lección dos manuscritos presenta unha estrutura estraña, talvez como produto dunha deficiente transmisión. En calquera caso, enténdase: ‘Señora, facérdesme mal a min é algo que só de vós depende, e, abofé, a min correspóndeme sofrer o mal, pois sei que nunca acaderei o (voso) ben’.

  • 4-5

    Nótese o violento hipérbato pola antecipación sintáctica de o ben, CD de aver: ‘ca sõo ben sabedor que o non ei d’aver (o ben)’.

  • 6

    Resulta sorprendente a segmentación coit’a de Lang (e de Littera), talvez considerando a perífrase á de sofrer, carente de sentido no contexto.

  • 6-7

    A edición de Lang e Littera presenta en clave xenérica o que parece un desafogo persoal da voz poética; tal proposta textual baséase en segmentacións da cadea textual dos manuscritos que, alén de coit’á (v. 5), teoricamente posíbel, resulta artificiosa no v. 6 (*quem é vs. que mi é ~ que m’é).

  • 7

    Neste verso prodúcese a situación inversa a 539.1 no que respecta á alternancia mi é (B) / m’é (V).

  • 13

    Non ten sentido a lectura de Lang e Nunes, xa que o como explicativo é a mellor opción interpretativa: esta conxunción cumpre neste verso a función de introducir un infinivo explicativo, facéndoo equivaler a ‘isto é’ (só se rexistra en 42.4, 87.8, 119.17, 167.11, 196.13, 220.11, 547.13, 638.3 e 861.13).

  • 18

    Só excepcionalmente se rexistra a forma gráfica nascer, con grafía latinizante en 140.3 (a partir da lección de A). Véxase nota a 117.19.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé