245 [= RM 148,3]
De mia sennor direi-vos que mi aven

De mia sennor direi-vos que mi aven:
porque a vejo mui ben parecer,
tal ben lle quer’onde coid’a morrer;
e, pero que lle quero tan gran ben,
ainda ll’eu mui mellor querria
se podesse, mais non poderia,
ca lle quero tan gran ben que perdi
ja o dormir, e, de pran, perderei
o sén mui cedo con coita que ei;
e, pero que tod’aquesto perç’i,
ainda ll’eu mui mellor querria
[se podesse, mais non poderia],
ca lle quero ben tan de coraçon
que sei mui ben que, se m’ela non val,
que morrerei cedo, non á i al;
e con tod’esto, si Deus me perdon,
ainda ll’eu mui mellor querria
[se podesse, mais non poderia]
per nulla ren, par Santa Maria,
ca, se podesse, log’eu querria.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscrits


A 139, B 260

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 281-282 [= LPGP 919-920]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 182-183); Littera (2016: II, 487).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 110); Carter (2007 [1941]: 84-85); Marques Braga (1945: 265-266); Machado & Machado (1950: II, 35-36); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 245).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 12); Diogo (1998: 112-113).

Variantes manuscrites


1 vos] uos A; mi aven] mauen B   2 vejo] uei(a){o} A   3 lle] lhi B; coid’a morrer] cuyda moirer B   4 lle] lhi B   5 querria] queria B   6 poderia] podria   7 lle] lhi B   10 e] om. B; perç’i] pad’ci B   11 ainda] Amda B   13 ca lle] {C}[A]alle A : Calhi B   14 ben que] bē B   15 morrerei] moirerey B   16 si Deus me] se d’s mj B   17 ainda] Amha B   19 santa Maria] scā M̃ B   20 querria] q̄rya B

Variantes éditoriales


1 vos] vus Michaëlis   3 coid’] cuid’ Littera   19 Santa] sancta Michaëlis 

Paraphrase


(I) Direivos o que me acontece coa miña señora: porque a vexo moi bela ámoa tanto que coido morrer; e, aínda que a amo tanto, aínda máis eu a amaría se puidese, mais non podería, (II) porque a amo tanto que perdín xa o sono e, con certeza, hei perder a razón moi cedo coa coita que padezo; e, aínda que perdo todo isto por esa circunstancia, aínda máis eu a amaría se puidese, mais non podería, (III) porque a amo tan de corazón que sei moi ben que, se ela non me auxilia, morrerei cedo, sen dúbida; e con todo isto, así Deus me perdoe, aínda máis eu a amaría se puidese, mais non podería (1) de forma ningunha, por Santa María, porque, se puidese, logo eu (máis a) amaría.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 9’C 9’C + 9’c 9’c (= RM 160:272)

Encontros vocálicos: 1 miaven

Notes


Texte
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición véxase nota á cantiga 15. Porén, tanto en Michaëlis como en Lorenzo Gradín & Marcenaro e mais Littera esta cantiga presenta estrofas sintacticamente independentes, sen consideraren o seu carácter de cantiga ateuda polas sucesivas ampliacións explicativas a través da conxunción causal ca.

  • 6

    Existe coincidencia en interpretar mais no refrán como conxunción adversativa; non obstante, sería posíbel considerar a presenza dun adverbio cuantitativo, coa segmentación da copulativa en podesse

    ainda ll’eu mui mellor querria
    se podess’, e máis non poderia, / ..

    Ou, inclusive, sen segmentación da conxunción:

    ainda ll’eu mui mellor querria
    se podesse, máis non poderia, / ..

  • 10

    Como acontece decote, a omisión da copulativa en B aparece compensada metricamente co uso de padeci en lugar de perç’i. No entanto, a versión do Cancioneiro da Biblioteca Nacional mantén, grosso modo, a semántica da cantiga, mais diminúe en intensidade o recurso de repetición poliptótica do verbo perder, clave para o contido da estrofa e da composición.

  • 14-15

    Obsérvese a repetición da conxunción completiva que tras unha frase parentética (véxase nota a 53.17-18):

    que sei mui ben que, se m’ela non val,
    que morrerei cedo, non á i al.

  • 15

    A frase formularia non á i al ‘certamente, sen dúbida’ (tamén en 105.9 e 217.24) e mais non avera i al (1635.9), concorre con outras variantes moi próximas ao longo do corpus, como non á ja i al (só en 495.24) ou ja i al non á (941.7), e con outras similares do tipo u al non á, u non jaz al etc.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé