I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 281-282 [= LPGP 919-920]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 182-183); Littera (2016: II, 487).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 110); Carter (2007 [1941]: 84-85); Marques Braga (1945: 265-266); Machado & Machado (1950: II, 35-36); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 245).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 12); Diogo (1998: 112-113).
1 vos] uos A; mi aven] mauen B 2 vejo] uei(a){o} A 3 lle] lhi B; coid’a morrer] cuyda moirer B 4 lle] lhi B 5 querria] queria B 6 poderia] podria A 7 lle] lhi B 10 e] om. B; perç’i] pad’ci B 11 ainda] Amda B 13 ca lle] {C}[A]alle A : Calhi B 14 ben que] bē B 15 morrerei] moirerey B 16 si Deus me] se d’s mj B 17 ainda] Amha B 19 santa Maria] scā M̃ B 20 querria] q̄rya B
1 vos] vus Michaëlis 3 coid’] cuid’ Littera 19 Santa] sancta Michaëlis
(I) Direivos o que me acontece coa miña señora: porque a vexo moi bela ámoa tanto que coido morrer; e, aínda que a amo tanto, aínda máis eu a amaría se puidese, mais non podería, (II) porque a amo tanto que perdín xa o sono e, con certeza, hei perder a razón moi cedo coa coita que padezo; e, aínda que perdo todo isto por esa circunstancia, aínda máis eu a amaría se puidese, mais non podería, (III) porque a amo tan de corazón que sei moi ben que, se ela non me auxilia, morrerei cedo, sen dúbida; e con todo isto, así Deus me perdoe, aínda máis eu a amaría se puidese, mais non podería (1) de forma ningunha, por Santa María, porque, se puidese, logo eu (máis a) amaría.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 9’C 9’C + 9’c 9’c (= RM 160:272)
Encontros vocálicos: 1 mi‿aven
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición véxase nota á cantiga 15. Porén, tanto en Michaëlis como en Lorenzo Gradín & Marcenaro e mais Littera esta cantiga presenta estrofas sintacticamente independentes, sen consideraren o seu carácter de cantiga ateuda polas sucesivas ampliacións explicativas a través da conxunción causal ca.
Existe coincidencia en interpretar mais no refrán como conxunción adversativa; non obstante, sería posíbel considerar a presenza dun adverbio cuantitativo, coa segmentación da copulativa en podesse:
ainda ll’eu mui mellor querria
se podess’, e máis non poderia, / ..
Ou, inclusive, sen segmentación da conxunción:
ainda ll’eu mui mellor querria
se podesse, máis non poderia, / ..
Como acontece decote, a omisión da copulativa en B aparece compensada metricamente co uso de padeci en lugar de perç’i. No entanto, a versión do Cancioneiro da Biblioteca Nacional mantén, grosso modo, a semántica da cantiga, mais diminúe en intensidade o recurso de repetición poliptótica do verbo perder, clave para o contido da estrofa e da composición.
Obsérvese a repetición da conxunción completiva que tras unha frase parentética (véxase nota a 53.17-18):
que sei mui ben que, se m’ela non val,
que morrerei cedo, non á i al.