172 [= RM 125,8]
De quantos mui coitados son

De quantos mui coitados son,
a que Deus coita faz aver,
min faz máis coitado viver,
e direi-vos per qual razon:
faz-me querer ben tal sennor,
a máis fremosa nen mellor
do mund’, e non mi-a faz veer.
E dá-me tal coita que non
sei de min consello prender,
e fez-me ja pavor perder
de mia mort’, á i gran sazon,
ond’ant’avia gran pavor:
veed’ora se á maior
coita no mundo de sofrer!
E nunca me Deus quis guisar
en quanto cuidado prendi,
u cuidei al, en cuidar i
en como podess’acabar
do que querria nulla ren;
mais cuid’en quanto mal min ven,
cativ’, e mal dia naci!
E, quant’oj’ést’a meu coidar,
ben per-sei eu ca non á i
coita maior da que a mí
faz mia mort’ora desejar;
pero non querria por én
morrer se coidasse aver ben
da que por meu mal dia vi.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscrits


A 82, B 186a

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 175-176); Blasco (1984: 65-66 [= LPGP 814-815]); Marcenaro (2012b: 129-130); Littera (2016: II, 339).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 79); Carter (2007 [1941]: 49); Marques Braga (1945: 158-159); Machado & Machado (1949: I, 301-302); Fernández Pousa (1953: 4); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 172).
III. Antoloxías: Torres (1977: 104-105).

Variants manuscrites


3 min] mj B   4 vos] uus A; per] por B   5 faz-me] faz mj B   8 E dá-me] Eadamj B   10 fez-me] fezmj B   15 E] om. A; me] mj B   19 querria] q̄ria B   20 min ven] mj uē B   22 coidar] cuydar B   24 da] das AB; a mí] amj̄ B   26 querria] q̄ria B   27 morrer se coidasse aver] moirer se cuydassauer B

Variants editorials


4 vos] vus Michaëlis, Blasco   20 min] mi Michaëlis, Blasco, Littera   22 coidar] cuidar Littera   24 da] das Blasco, Marcenaro, Littera   27 coidasse aver] coidass’aver Michaëlis : cuidass’haver Littera

Paràfrasi


(I) Entre todos aqueles que son moi coitados, a quen Deus fai sufrir coita, a min faime máis coitado vivir, e direivos por que razón: faime amar tal señora, a máis fermosa e a mellor do mundo, e non ma deixa ver.

(II) E dáme tal coita que non sei eu que facer, e fíxome xa perder o medo da miña morte, hai xa moito tempo, de que antes tiña gran pavor: vede agora se no mundo existe maior coita para sufrir!

(III) E Deus nunca me quixo dispor en cantos pensamentos tiven, cando pensei noutra cousa, que pensase en como podería acadar algo do que quería; mais penso en canto mal me vén, coitado, e en maldito día nacín!

(IV) E, segundo o que eu penso hoxe, sei con certeza que non hai unha coita maior que a (coita) que a miña propia morte me fai a min agora desexar; mais non querería morrer por iso se coidase ter ben daquela que para a miña desgraza vin.

Mètrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8b (= RM 163:35)

Encontros vocálicos: 7 mi-‿a; 10 coidasseaver

Notes


Text
  • 3

    O pronome min, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 20

    Neste verso aparece pronome min (cfr. mi, variante de B, nalgunhas edicións) é forma tónica oblicua en función de complemento indirecto sen preposición, función que na lingua trobadoresca pode ser exercida polas formas pronominais tónicas oblicuas (cfr. ou por min fazerdes vós ben, 18.14; nen quer’eu ela consentir / quanto mal me faz, 84.10) etc.

  • 22

    Nótese como a expresión quant’é a meu cuidar presenta a variante vebal éste, xunto coa interpolación do adverbio oje.Nótese como a expresión quant’é a meu cuidar presenta a variante vebal éste, xunto coa interpolación do adverbio oje.

  • 28

    É de sinalar a construción por meu / seu mal dia ‘pola miña / súa desgraza’, que moi limitadamente se localiza no corpus trobadoresco (só se rexistra en 4.4, 179.11 e 24, 1210.2 e 1252.28), onde é moitísimo máis frecuente por meu mal, por seu mal etc.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat