208 [= RM 74,1]
De vós, sennor, querria eu saber

De vós, sennor, querria eu saber,
pois desejades mia mort’a veer
e eu non moir’e querria morrer,
que me digades que farei eu i.
Con mia morte me seria gran ben
porque sei ca vos prazeria én,
e, pois non moiro, venn’a vós por én
que me digades que farei eu i.
Por mia morte, que vos vi desejar,
rog’eu a Deus sempr’, e non mi-a quer dar,
e venno-vos, mia sennor, preguntar
que me digades que farei eu i.
Por mia morte roguei Deus e Amor,
e non mi-a dan por me fazer peor
estar convosc’, e venn’a vós, sennor,
que me digades que farei eu i.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manoscritti


A 111, B 224

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 229); Tavani (1988a: 251-252 [= LPGP 482-483]); Littera (2016: I, 565).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 96); Carter (2007 [1941]: 68); Marques Braga (1945: 214); Machado & Machado (1949: I, 366); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 208).

Varianti manoscritte


1 querria] queiria B   3 querria morrer] queria moirer B   4 me] mj B   5 morte] mort A; me] mj B   8 me] mj B   11 venno-vos] uenha uos B   12 me] mj B   14 non mi-a dan por me] nō mha deu pʳmj B   16 me] mj B

Varianti editoriali


6 vos] vus Michaëlis   9 vos] vus Michaëlis   11 vos] vus Michaëlis

Parafrasi


(I) De vós, señora, querería eu saber, pois desexades ver a miña morte e eu non morro e querería morrer, que me digades o que hei facer eu en tal situación.

(II) A miña morte traeríame un gran ben, porque sei que iso vos agradaría, e, xa que non morro, acudo a vós por iso, (para) que me digades o que hei facer eu en tal situación.

(III) Pola miña morte, que vos vin desexar, rogo eu a Deus sempre, e non ma quere dar, e véñovos, miña señora, preguntar que me digades o que hei facer eu en tal situación.

(IV) Pola miña morte roguei a Deus e a Amor, e non ma dan para me facer estar peor convosco, e acudo a vós, señora, (para) que me digades o que hei facer eu en tal situación.

Metrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10a 10a 10B (= RM 11:5)

Encontros vocálicos: 10 mi-‿a; 14 mi-‿a

Note


Testo
  • 2

    Na lingua trobadoresca o verbo desejar aparece en complexos verbais (desejar + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 153.1, 428.2, 635.6, 754.6, 899.10, 952.8, 1010.2, 1089.89). Cfr. nota a 3.17.

  • 4

    Nótese como que cumpre diferente función nos sucesivos refráns, pois é completivo nas estrofas I e III e ten valor final nas estrofas II e IV, cunha variación funcional que encontramos en máis cantigas. Cfr. nota a 27.4-6.

  • 11

    Polo paralelismo deste verso cos vv. 7 e 15, B repite tamén aquí a construción venh’a vós, face ao venno-vos do Cancioneiro da Ajuda.

Cerca
    Nessun risultato trovato