375 [= RM 9,3]
De vos servir, mia senhor, non me val

De vos servir, mia senhor, non me val,
pois non atendo de vós ren, e al
sei eu de vós: que vos ar fez Deus tal
que nunca mal faredes, e por én,
quer me queirades, senhor, ben, quer mal,
pois me de vós non veer mal nen ben.
Pois de vos servir ei mui gran sabor
e non atendo ben do grand’amor
que vos eu ei, ar sõo sabedor
que nunca mal avedes de fazer:
quer me queirades ben, quer mal, sen[h]or,
pois mal nen ben de vós non ei d’aver.
Pois de vos servir é meu coraçon
e non atendo por én galardon
de vós, ar sei, assi Deus me perdon,
que non faredes mal por én, senher:
quer me queirades ben, quer mal, quer non,
pois eu de vós mal nen ben non ouver.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 407, V 18

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 21-22 [= LPGP 102]); Longo (2003: 74); Arbor Aldea (2001: 128); Littera (2016: I, 67-68).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 15); Braga (1878: 4); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 508-509); Magne (1931: 80); Machado & Machado (1950: II, 214-215); Rios Milhám (2018b: III, 375).

Variantes manuscritas


1 vos] uus V; servir] sseruit V   2 de vós] deuꝯ B : deus V   3 vos] uos BV   5 senhor] senō V   6 nen ben] nē rrē B : nē(m) rrem V   7 vos] uus BV; ei] cy V   8 do grand’amor] degrā damor B : do drādamor V   9 vos] uos BV; sõo] ssoō B : ssdō V   10 fazer] ffam̄ V   13 vos] uos BV; servir] sseruit V; coraçon] coracō BV   14 atendo] atā do B   16 faredes] faredē B : faredō V; senher] senhe V   17 quer] om. V   18 nen] iē V

Variantes editoriais


Na edición de Arbor Aldea márcase a ausencia de un verso final en cada estrofa.

1 vos] vus Arbor Aldea, Longo   2 vós] vus Longo   4 mal] m’al Nunes, Arbor Aldea, Longo, Littera   6 ben] ren Nunes, Arbor Aldea, Longo   7 vos] vus Arbor Aldea, Longo   8 e] om. Nunes, Littera; grand’] grande Nunes, Littera   9 sõo] soom Longo   10 mal] m’al Nunes, Arbor Aldea, Longo, Littera   16 mal] m’al Nunes, Arbor Aldea, Longo, Littera; senher] senhor Nunes

Paráfrase


(I) Servirvos, señora, non me vale de nada, pois non espero nada de vós, e outra cousa sei eu de vós: que Deus vos fixo tal que nunca mal me faredes por iso, quer me queirades, señora, ben, quer mal, logo de que non me veña mal nin ben de vós.

(II) Xa que de vos servir sinto un gran desexo e non espero recompensa polo grande amor que vos eu teño, sei ben que nunca mal me habedes de facer, quer me queirades ben, quer mal, señora, pois nin mal nin ben de vós hei eu de recibir.

(III) Pois a miña vontade é servirvos e non espero galardón de vós por iso, sei ben, así Deus me perdoe, que non faredes mal por iso, señora, quer me queirades ben, quer mal, quer non, unha vez que eu de vós non reciba nin mal nin ben.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10b 10a 10b (= RM 13:9)

Notas


Texto
  • 4

    Neste verso, igual que nos vv. 10 e 16, todos os editores segmentaron a secuencia <mal> como m’al, de modo que eventualmente se estabelecería un contraste co mal dos vv. 5, 11 e 17. Porén, aínda que nas dúas primeiras estrofas sería posíbel tal segmentación, na terceira estrofa non é gramatical unha frase *non faredes-m’al, pois a presenza de non obrigaría á próclise do clítico. É por isto que, dada a correspondencia paralelística entre os cuartos versos das tres estrofas, parece preferíbel editar sempre mal, dado que semanticamente non presenta ningún problema (cfr. notas a 7.26 e 975.18).

  • 6

    A interpretación de pois como conxunción temporal (e veer como futuro de subxuntivo de viir), en paralelo co derradeiro verso da estrofa III, fai inevitábel atribuír á conxunción copulativa e (v. 5) un carácter expletivo, que podemos localizar no corpus en contextos similares (1.29, 563.11, 1241.10). En calquera caso, tanto a sintaxe como a semántica é coherente e non é necesario supor ningunha lacuna textual (Arbor Aldea), nin tampouco ligar sintacticamente a cantiga facéndoa ateúda, tal como acontece en Littera. 
    Por outra parte, dado o paralelismo existente entre os derradeiros versos de cada estrofa, emendamos ren para fixar a lectura ben (xa presente en Littera), erro que se acha nos apógrafos italianos, xunto con moitos outros lapsos do tipo ten / ben e ren / ten que multiplica as posibilidades de erro na copia ren / ben (véxase, por exemplo, 625.13 ben <rem> V (625.13 e 863.4) ou ben <Ren> (1330.4):
           pois me de vós non veer mal nen ben (v. 6)
           pois mal nen ben de vós non ei d’aver (v. 12)
           pois eu de vós mal nen ben non ouver (v. 18).

    Téñase en conta, de todos os modos, que o derradeiro verso da estrofa admitiría unha diferente lectura, con pois como adverbio temporal, e integrando con naturalidade a copulativa e do v. 4:

                                               ... e por én,
              quer me queirades, senhor, ben, quer mal,
              pois m’é de vós non veer mal nen ben.

  • 16

    Neste verso pode verse a proba de como <mal> non debe ser segmentado, poi implicaría unha construción cunha anómala e imposíbel posposición do pronome (*e non faredes-m'al...). En calquera caso, ao longo da cantiga percíbese o xogo entre mal e m’al, pois a segmentación é perfectamente posíbel nas dúas primeiras estrofas: que nunca mal faredes, e por én / que nunca m’al faredes (v. 3); que nunca mal avedes de fazer / que nunca m’al avedes de fazer (v. 10). 
    Obviamente, a conversión de senher en senhor, realizada por Nunes, é desnecesaria e contribúe a unha artificial nivelación lingüística do corpus trobadoresco (véxase Ramos 1988). A forma senher é unha variante provenzalizante de senhor, que tamén se rexistra en 491.4, 578.10, 1324.18, 1388.20, 1473.5; a variante sinher aparece en 1396.12, 1431.29, 1500.13, 1644.23. E tamén se rexistra nas Cantigas de Santa Maria, sempre en posición de rima (CSM 5.75, 25.43, 245.51, 265.75, 296.28).

Procurar
    Não foram encontrados resultados