906 [= RM 143,4]
Des que eu vi

Des que eu vi
a que eu vi
nunca dormi,
e cuidand’i
moir’eu.
Fez-me veer
Deus, por veer
quen me morrer
faz, e dizer:
«Moir’eu».
Gran mal mi ven,
e no’mi ven
nen verra ben
end’, e por én
moir’eu.
E non mi val
Deus, non mi val,
e deste mal
moir’eu,
moir’eu,
moir’eu.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscripts


B 905, V 491

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 318-319 [= LPGP 895]); Arias Freixedo (2010: VIII); Littera (2016: II, 441-442).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 180); Braga (1878: 93-94); Machado & Machado (1953: IV, 256-257).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 131); Landeira Yrago (1975: 109); Torres (1977: 285); Alvar & Beltrán (1989: 241); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 212); Magalhães (2007: 121); Mongelli (2009: 44).

Manuscript variants


2 a] o V   3 nunca] nuuca B   7 Deus] des V; por] pre BV   8 ꝙʷ me moirer B   12 e no’mi] en mi V   13 verra] ueira B   14 por] pre BV; én] eu B   17 Deus] des V; non] nē B

Editorial variants


7 por veer] e per veer Nunes   12 no’mi] non mi Nunes, Arias Freixedo   17-18 Deus, nom mi val / [...] / e deste mal Littera

Paraphrase


(I) Desde que eu vin a que eu vin nunca durmín, e pensando niso, eu morro!

(II) Deus fíxome ver para ver quen me fai morrer e dicir: eu morro!

(III) Gran mal me vén e no me vén nin virá ben diso, e por iso eu morro!

(IV) E non me vale Deus, non me vale, e deste mal eu morro! Eu morro! Eu morro!

Metrics


Esquema métrico: 4a 4a 4a 4a 2B (I-III [= RM 7:1]) + 4a 4a 4a 2B 2B 2B (IV [= RM 19:42])

Notes


Text
  • *

    A estrofa final desta cantiga, polo seu carácter conclusivo, mostra unha métrica diferente, con repetición intensificadora da exclamación do refrán.

  • 12

    Nos textos transmitidos por A ten certa presenza a asimilación no’me ~ no’mi (cfr. a evolución regular -nm->-m-; véxase Ferreiro 1999: §101c), face a BV que, en xeral, presentan a lección non me ~ non mi con manutención da integridade morfolóxica do adverbio negativo (66.13, 90.9, 223.r2, 239.7, 243.14, 258.9, 283.10, 285.13, 421.5, 423.20, 430.8)1 . Na realidade, nos apógrafos italianos só se rexistra en tres ocasións (104.21, 906.12 e 1482.5).

  • 14

    A partir do erro <pre>/<por>, frecuente en BV, propomos un texto sintáctica e semanticamente lóxico: ‘Deus fíxome ver para (por) ver quen me fai morrer...’. Porén, tamén sería posíbel interpretarmos <pre> como per-, isto é, a partícula perfectiva preverbal (‘Deus fíxome ver, ver claramente quen me fai morrer...’.:

              Fez-me veer

              Deus, per-veer

              quen me morrer

              faz, ...

  • 16-21

    Littera considera verosímil a ausencia dun verso nesta estrofa, a pesar da inexistencia de indicación de lacuna en ningún dos manuscritos. Outrosí, foi revisada por Colocci, que anotou vnisono tornel precisamente para indicar que o refrán se repetía idéntico ao final por tres veces, que el mesmo marcou reiterando a marca angular que usa habitualmente para marcar o verso inicial do refrán.

  1. ^

    Aínda hai que acrecentar a aparición desta asimilación no primeiro verso do refrán das estrofas II e III da cantiga 271.

Search
    No results