I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 418 [= LPGP 301]); Littera (2016: I, 331); Bruno (2022: 65-66).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 126); Machado & Machado (1960: VII, 31-32); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 351).
1 vos] uus A 3 vos] uus A 4 vos] uus A 6 vos] uos A 7 vos] uus A 10 vos] uus A 13 vos] uus A 16 vos] uos A
1 vos] vus Michaëlis 3 vos] vus Michaëlis 4 vos] vus Michaëlis 6 vej’ora [sol por] vos veer] vej’or’, a vus veer Michaëlis : vej’or’a vos veer Littera : vej'ora [de] vos [eu] veer Bruno 7-8 Des que vos [eu] vi, sei que é maior / coita do mund’ést’a que por vós ei] des que vus vi, sei que é [a] mayor / coita do mund’esta que por vos ei Michaëlis : des que vos vi, sei que a maior / coita do mund’est a que por vós hei Littera: Des que vos [eu] vi, sei que [a] maior / coita do mund’est a que vós ei Bruno 9 vos] vus Michaëlis 10 vos] vus Michaëlis 12 vej’ora sol por vos veer] vej’or’, a vus veer Michaëlis : vej’or’a vos veer Littera : vej'ora de vos eu veer Bruno 13 vos] vus Michaëlis 14 vos] vus Michaëlis 16 vos] vus Michaëlis 18 vej’ora [sol por] vos veer] vej’or’, a vus veer Michaëlis : vej’or’a vos veer Littera : vej'ora de vos eu veer Bruno 20 vos] vus Michaëlis
(I) Desde que vos eu vin, miña señora, vénme o moi grande afán e o moito mal que teño por vós, mais direivos algo: antes de que vos eu vise, doutra cousa eu sei que non vira tan gran pracer como vexo agora só por vos ver.
(II) Desde que vos eu vin, sei que é a maior coita do mundo esta que sufro por vós, mais acontéceme o que aínda vos direi: antes de que vos eu vise, miña señora, eu sei que non vira tan gran pracer como vexo agora só por vos ver.
(III) Desde que vos eu vin, miña señora, deume Deus gran coita e gran pesar, cada vez que non vos vin; mais, aínda que así me acontece con vós, antes de que vos eu vise, eu sei que non vira tan gran pracer como vexo agora só por vos ver.
(1) E, desexando eu este pracer, cando non vos vexa farame morrer.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:258)
Encontros vocálicos: 9 mi‿o; 15 mi‿assi
O texto fixado por Michaëlis, seguido en Littera, non ten moito sentido, razón que xustifica unha alternativa textual máis acaída, menos complexa do que a de Bruno, con reconstrución das dúas sílabas ausentes na copia de A: a expresión sol por vos veer rexístrase tamén en Joan Soarez Somesso (93.20).
Tendo en conta a hipometría do v. 7 e o inicio dos vv. 1 e 15 (Des que vos eu vi) parece evidente que a solución asenta na restauración do pronome ausente, en face de Michaëlis, que restaura o artigo en [a] maior / coita; pola súa parte, Littera prolonga a hipometría versal ao tempo que transforma a forma verbal é nun artigo feminino, que obriga a unha segmentación da secuencia <esta> no v. 8 como (est a) para dispor dun verbo que eliminou no verso anterior.