93 [= RM 78,7]
Desejand’eu vós, mia sennor

Desejand’eu vós, mia sennor,
seguramente morrerei,
e do que end’estou peor
é d’ũa ren que vos direi:
que sei de pran que, pois morrer,
averei gran coit’a sofrer
por vós como mi agora ei.
E por én e por voss’amor
ja sempr’eu gran coit’averei
aqui enquant’eu vivo for,
ca, des quand’eu morrer, ben sei
que non a ei nunc’a perder,
pois vosso ben non poss’aver,
ca por al non a perderei.
Por quantas outras cousas son
que Deus no mundo fez de ben,
po-las aver eu todas non
perderia coita por én;
e pode-la-ia perder,
mia sennor, sol por vos veer
en tal que a vós prouguess’én.
Ora vos dig’eu a razon
de como me de vós aven,
ca, Deu-lo sab’, á gran sazon
que desejei máis d’outra ren,
sennor, de vos esto dizer;
pero non o ousei fazer,
erg’ora, pois me vou d’aquen.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 27, B 120

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 58-59 [= LPGP 512]); Littera (2016: I, 638-639).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 44-45); Carter (2007 [1941]: 18-19); Marques Braga (1945: 58-59); Machado & Machado (1949: I, 172-173); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 93).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 239-240).

Variantes manuscritas


1 eu] en B   2 morrerei] moirerey B   4 vos] uus A   5 morrer] moirer   9 coit’averei] coita au’ey B   11 morrer] moirer B   12 nunc’a] nuca a B   19 perder] bē perder B   20 sol] om. B   vos] uos A   22 vos] uus A

Variantes editoriais


4 d’ũa] d’ua Littera; vos] vus Michaëlis   20 vos] vus Michaëlis   22 vos] vus Michaëlis   26 vos] vus Michaëlis

Paráfrase


(I) Desexándovos eu a vós, miña señora, seguramente morrerei, e aquilo polo que eu por iso me sinto peor é por unha cousa que vos direi: porque sei, sen dúbida, que despois de morrer terei de sufrir unha gran coita por vós como agora teño. 

(II) E por iso e polo voso amor xa eu sempre terei unha gran coita aquí, en canto eu vivo for, pois, desde que eu morra, ben sei que non a hei perder nunca, porque non podo ter o voso ben, pois por outra cousa non a perderei. 

(III) Por cantas outras cousas existen que Deus fixo boas no mundo, por eu as ter todas non perdería a coita por iso; e poderíaa perder, miña señora, só por vos ver con tal que a vós iso vos agradase. 

(IV) Agora vos digo eu razoadamente como me vai convosco, pois, Deus o sabe, hai moito tempo que eu desexei máis que ningunha outra cousa, señora, dicirvos isto; pero non me atrevín a facelo, agás agora, porque me vou de aquí.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8b (= RM 101:46)

Encontros vocálicos: 7 mi‿agora

Notas


Texto
  • 1

    O pronome vós, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 8

    Resulta sorprendente a aparición da variante apocopada én perante vogal, pois a distribución de ende / én responde, en principio, ao contexto fonético: ende + vogal (en xeral con crase) vs. én + consoante. Porén, é certo que no corpus se detecta a aparición de oito casos de én + vogal, sempre a vogal palatal /e/, cunha única excepción na cantiga 148 de Martin Soarez (por én a desfiar): 148.13, 359.4, 468.27, 576.10959.9.

  • 19

    A variante redaccional de B (pode-la-ia ben perder...) suporía a (forzada) sinalefa la‿ia para que o verso non resultase hipermétrico.

Procurar
    Não foram encontrados resultados