956 [= RM 63,19]
Desej’eu ben aver de mia senhor

Desej’eu ben aver de mia senhor,
mais non desej’aver ben dela tal,
por seer meu ben, que seja seu mal;
e por aquesto, par Nostro Senhor,
non queria que mi fezesse ben
en que perdesse do seu nulha ren,
ca non é meu ben o que seu mal for.
Ante cuid’eu que, o que seu mal é,
que meu mal ést’, e cuido gran razon;
por én desejo no meu coraçon
aver tal ben dela, per bõa fe,
en que non perça ren de seu bon prez
nen lh’ar diga nulh’ome que mal fez,
e outro ben Deus dela non mi dé.
E ja eu muitos namorados vi
que non davan nulha ren por aver
sas senhores mal, pois a sí prazer
fazian, e por esto dig’assi:
se eu mia senhor amo polo meu
ben e non cato a nulha ren do seu,
non am’eu mia senhor, mais amo mí.
E mal mi venha se atal fui eu,
ca, des que eu no mund’andei por seu,
amei sa prol muito máis ca de min.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscripts


B 953, V 541

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 370-371); Rodríguez (1980: 97 [= LPGP 381]); Littera (2016: I, 431).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 194); Braga (1878: 103); Gassner (1933: 404); Machado & Machado (1953: IV, 322-323); Fernández Pousa (1959: 94).
III. Antoloxías: Oliveira & Machado (1959: 45); Alvar & Beltrán (1989: 286); Pena (1990: 24-25); Ferreira (1991: 38-39); Jensen (1992: 138); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 85); Fidalgo (2009: 52).

Manuscript variants


12 perça] ꝑca B   15 muitos] muytus V   18 fazian] Fariā B   20 cato] caco B

Editorial variants


14 dé] dê Nunes   20 cato] cat(o) Nunes   23 eu] om. Rodríguez   24 ca de min] ca de mi Nunes, Littera : c’a de mi Rodríguez

Paraphrase


(I) Eu desexo recibir o ben da miña señora, mais non desexo recibir dela un ben tal, que por ser ben para min sexa mal para ela; e por isto, por Noso Señor, non querería que me fixese tal ben en que perdese nada do seu, pois non é meu ben o que seu mal for.
(II) Antes penso eu que o que é mal para ela é mal para min, e pénsoo con razón; por iso desexo de corazón recibir dela un ben tal, abofé, en que ela non perda nada do seu valor nin lle diga ninguén que fixo mal, e Deus non me dea outro ben dela.
(III) E eu xa vin moitos namorados a quen non lles importaba nada que as súas señoras estivesen mal, xa que os compracían a eles, e por iso digo así: se eu amo a miña señora polo meu ben e non teño en conta nada do seu, non amo eu á miña señora, mais ámome a min.
(1) E mal me veña se eu fun tal, pois, desde que eu no mundo andei por seu (servidor), amei o seu proveito máis que o meu.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:37) + 10c 10c 10a

Encontros vocálicos: 20 catoa

Notes


Text
  • 9

    Obsérvese a repetición da conxunción completiva que tras unha frase parentética:

    Ante cuid’eu que, o que seu mal é,
    que meu mal ést’, e cuido gran razon.

  • 15

    No Cancioneiro da Vaticana é frecuente a aparición da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<muytus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 18

    O copretérito no v. 16 (davan) aconsella a elección da forma fazia de V, pois posibelmente faria de B constitúa un erro de copia pola frecuente confusión <r>/<z> en ambos os cancioneiros italianos, e nomeadamente no Cancioneiro da Biblioteca Nacional. Eis algúns exemplos: fezesse <feresse> B, <fezesse> V (534.18); fazian <Fariā> B, <fazian> V (956.18); fazer <farer> B, <fazer> V (1031.9); dizer <Direr> B, <diz’> V (1075.9); dizia <diria> B , <dizia> V (1370.5) etc.

  • 20

    Lémbrese que catar co sentido de ‘considerar, ter en conta, ponderar’ pode rexer a preposición a (cato a nulha ren).

  • 21

    O pronome persoal tónico oblicuo está a funcionar neste verso como CD sen preposición, tal como acontece con frecuencia na lingua das cantigas.

  • 23

    Talvez é produto dunha gralla a omisión do pronome persoal eu neste verso na edición de Rodríguez.

  • 24

    Aparentemente, na estraña expresión deste verso (amei sa prol muito máis ca de min) aparece de min como sinónimo de minha, de modo que estaría ausente o artigo a (amei sa prol muito máis ca a de min) de modo similar a como ocorren nas repetidas expresións do tipo querer / amar máis / melhor ca mi(n), onde nunca comparece a preposición a. Cfr. notas a 177.22 e 243.15-16.

Search
    No results