1263 [= RM 95,4]
Deus, e que cuidei a fazer

Deus, e que cuidei a fazer
quando m’eu da terra quitei
u mia senhor vi? Baratei
mal porque o fui cometer,
ca sei que non posso guarir,
per nulha ren, se a non vir:
Deus, e que cuidei a fazer?
Sandec’, e devi’a perder,
amigos, por quanto provei
de m’end’alongar; e direi-
-vos máis: non no posso sofrer
e cuido sempr’a tornar i
e fiz, por quanto m’én parti,
sandic’, e devi’a perder
o corpo, ca non outr’aver;
tod’aquesto eu mi-o busquei
mui ben e lazera-lo-ei,
ca sei ca non posso viver
polo que fiz, e assi é
que perderei, per bõa fe,
o corpo, ca non outr’aver.
Mais quen me podia valer
senon Deus, a que rogarei
que me guise d’ir, e irei
ced’u a vi po-la veer,
ca non sei al tan muit’amar;
e, se m’El esto non guisar,
quen me poderia valer?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscripts


B 1247, V 852

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 501-502 [= LPGP 632-633]); Fernández Graña (1994: 108); Littera (2016: II, 112).
II.
Outras edicións: Monaci (1875: 293); Braga (1878: 160-161); Machado & Machado (1956: V, 361-362); Montero Santalha (2004); Pardo de Neyra (2005: 74-75); Celeiro Álvarez (2021: 109).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 134).

Manuscript variants


2 terra] teira B; quitei] quirey V   3 u] On B : ou V   6 ren] irē B   7 Deus] Deu B   8 Sandec’, e] Sendeçe B   9 amigos] amigus V    11 -vos] Vos B : uos V; sofrer] sof̃er V   12 sempr’a] sēpe B : senp̃ V   13 quanto] qn̄to V; parti] ꝑty B   16 tod’aquesto] Cedaq̅ste B : todaq̅ste V   23 Deus] des V; rogarei] irogarey B   26 al] (d) al B

Editorial variants


8 Sandec’, e devi’a perder] Sandice devia perder Nunes : Sandece devia perder Fernández Graña : Sandec’, e devia perder Littera   11 vos máis] vos, mays Nunes; non no] non’o Littera   12 cuido sempr’a tornar] cuydo sempre tornar Nunes   14 sandic’, e devi’a perder] sandice devia perder Nunes : sandic’, e devia perder Fernández Graña : Sandec’, e devia perder Littera   15-16 ca non outr’aver; / tod’aquesto] ca non outr’aver / ced’aqueste Fernández Graña   20 bõa] boa Fernández Graña   22 Mais quen me podia valer] Quen me pod[er]ia valer Nunes, Fernández Graña, Littera   27 m’] mi Nunes

Paraphrase


(I) Deus, e en que estaba pensando cando me fun da terra onde vin a miña señora? Fixen un mal negocio por me atrever a facer iso, porque sei que non podo vivir de forma ningunha se non a vexo: Deus, e que pensei que facía?

(II) Unha loucura, e debía saír prexudicado, amigos, por canto tentei afastarme de alí; e direivos máis: non o podo soportar e penso sempre en tornar alí e fixen, por canto me afastei de alí, unha loucura, e debía perder (III) o corpo (a vida) e non outro ben que teña; todo isto eu o busquei moi ben e heino de lamentar, pois sei que polo que fixen non podo vivir, e así é que, certamente, perderei o corpo (a vida) e non outro ben que teña.

(IV) Mais quen me podía valer agás Deus, a quen rogarei que dispoña as cousas para eu ir, e irei cedo a onde a vin para vela, pois non sei amar tanto outra cousa; e se El non me dispuxese isto, quen me podería valer?

Metrics


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161:261)

Encontros vocálicos: 15 mi͜-o

Notes


Text
  • *

    Obsérvese o artificio da repetición do verso primeiro e último de cada estrofa (cunha mínima variación sandece / sandice nos vv. 8/14 e de maior alcance nos vv. 22/28), chamada tradicionalmente cançon redonda, mais que, na realidade, non se corresponde coa técnica provenzal así denominada –utilizada na cantiga 430, de Bonifacio Calvo (véxase Gonçalves 2016 [2001]).

  • 3

    Non é frecuente o erro <ou>~<on>/<u>, que só localizamos nos mesmos parámetros na copia de B, fronte á forma correcta en V, en 550.3 e 1315.6 (véxase tamén <adoubastes> en B para adubastes en 1315.6 e 11).

  • 8

    A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + infinitivo como devi’a, avi’a, ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22 e 28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda nesas pasaxes. É por isto que segmentamos devi’a perder (tamén no v. 14), a diferenza de Nunes, Fernández Graña e Littera.

  • 8-14

    Obsérvese a variación sandece / sandice, formas concorrentes nos usos trobadorescos por máis que a primeira forma sexa máis frecuente en A e a segunda, en BV. Porén, Littera, de acordo coa igualación expresiva do primeiro e último verso de cada estrofa (véxase v. 22), nivela tamén estas variantes en prol de sandece.

  • 9

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<amigus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 10-11

    Nótese a tmese métrica de tipo simple, en que o verso segmenta a base verbal e o clítico, que pasa para o verso seguinte (direi-/-vos). Tal segmentación versal volve aparecer en 123.24-25, 142.30-31, 430.10-11, 476.10-11, 1229.1-2, 1445.20-21, 1476.3-4 e 1543.14-15. Véxase nota a 14.22-23, 37.18-19, 482.1-2, 1542.3-4.

  • 11

    A puntuación de Nunes afasta máis de direi e lígao a posso sofrer, situación posíbel desde o punto de vista do sentido; non obstante, existe no corpus outro contexto similar en que máis é asociado inevitabelmente a direi-vos: direi-vos máis: / lá con Joan Garcia baratade (1432.13).

  • 14

    Sería posíbel a segmentación da copulativa e en sandice, tal como propón Fernández Graña; porén, a simetría co v. 8 supón unha contraindicación para esa operación ecdótica. No caso de Littera, a deglutinación de e foi realizada nos dous versos.

  • 15-16

    A carencia de puntuación fai incomprensíbel o período na edición de Fernández Graña.

  • 22

    A pesar da simetría compositiva, repárese na leve variación estilítica introducida nos versos inicial e final desta estrofa, en liña con outras variacións en cantigas con este artificio (véxase, por exemplo, as cantigas 513 ou 1062). Esta diferente formulación, de teor similar á de moitos refráns, foi, non obstante, apagada en todas as edicións.

Search
    No results