795 [= RM 107,1]
Deus, por que faz meu amig’outra ren

Deus, por que faz meu amig’outra ren
senon quanto sabe que praz a mí?
Per boa fe, mal conselhad’é i,
ca en mí ten quant’oj’el á de ben,
e en mí ten a coita e o lezer
e o pesar e quant’á de prazer.
E, pois lhi Deus atal ventura dá
escontra mí, barata [el] mui mal
se nunca ja de meu mandado sal,
ca en min ten quanto ben no mund’á,
e en min ten a coita e o lezer
[e o pesar e quant’á de prazer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 799, V 383

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 191 [= LPGP 695]); Cohen (2003: 267); Littera (2016: II, 192).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 145); Braga (1878: 72); Machado & Machado (1953: IV, 98).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 97).

Variantes manuscritas


5 e en] Cen B   7 ventura] uentᵉa BV   8 escontra] es cout̃ B   10 mund’á] mūdo B   11 e en] Cen B

Variantes editoriais


8 escontra mí barata [el]] [el] escontra mi barata Nunes   10 min] mi Nunes, Cohen, Littera   11 min] mi Nunes, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Deus! Por que o meu amigo fai de todo excepto aquilo que sabe que me prace? Mal aconsellado é niso, abofé, xa que en min reside neste momento todo o ben que ten, e en min ten a coita e o lecer e o pesar e canto de pracer ten.

(II) E xa que Deus tal ventura lle dá contra min, obra el moi mal se nunca se afasta do que lle eu mando, xa que en min ten todo o ben que existe no mundo, e en min ten a coita e o lecer e o pesar e canto de pracer ten.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:185)

Encontros vocálicos: 5 coitae; 11 coitae

Notas


Texto
  • 7-9

    A puntuación dese período nas edicións precedentes diverxe significativamente da que propomos. Eis. como mostra, o texto de Cohen:

    E, pois lhi Deus atal ventura dá,
    escontra mí barata [el] mui mal
    se nunca ja de meu mandado sal.

    Nótese como, dese  xeito, os vv. 8-9 implican unha contradición evidente, xa que afirmaría que o amigo obra moi mal contra a amiga se nunca a desobedece. A noso ver, a solución reside na ligazón da frse preposicional contra mí con dar ventura, tal como con moita frecuencia achamos no corpus (tamén con seer ventura). Véxanse algúns contextos:

    por me Deus dar contra vós tal ventura
    que eu por vós assi ei a mor[r]er (106.6).

    Senhor, por Deus vos rogo que querades
    saber un dia [como] mia ventura
    é contra vós, a que quero melhor (293.2).

    Tal ventura quis Deus a min, sen[h]or,
    dar contra vós (855.1) etc.

    Así pois, estas pasaxes condiciona a puntuación (e interpretación) do período:

    E, pois lhi Deus atal ventura dá
    escontra mí
    , barata [el] mui mal
    se nunca ja de meu mandado sal.

    Por outra banda, o pronome el resolve a ausencia de unha sílaba métrica no verso (nótese a súa presenza na estrofa I, v. 4), ao tempo que se mantén o acento na 4ª sílaba.

  • 8

    Téñase en conta que a preposición escontra, o mesmo que acontece con contra, pode indicar non só oposición, mais, tal como neste contexto, ser equivalente a ‘con relación a’.
    Por outra banda, o pronome el resolve a ausencia de unha sílaba métrica no verso (nótese a súa presenza na estrofa I, v. 4) ao tempo que se mantén o acento na 4ª sílaba.

  • 9

    A forma verbal sal é P3 do presente de indicativo de sair (< salit), con evolución fonética regular (cfr. outras formas verbais como dol, fer, quer etc.; véxase Ferreiro 1999: §180a). Modernamente foi regularizada (sae ~ sai) conforme o paradigma xeral do verbo. Cfr. nota a 104.6, 1540.3.

  • 11

    Nótese a leve variación lingüística no refrán, que ofrece a forma pronominal min en face da variante da estrofa I (talvez un simple erro de copia por omisión da abreviatura). Cfr. nota a 27.4.

Procurar
    Não foram encontrados resultados