861 [= RM 73,2]
Deus, que leda que m’esta noite vi

Deus, que leda que m’esta noite vi,
amiga, en un sonho que sonhei,
ca sonhava en como vos direi,
que me dizia meu amig’assi:
«Falad’, amig’, ai meu lum’e meu ben!».
Non foi no mundo tan leda molher
en sonho nen no podia seer,
ca sonhei que me veera dizer
aquel que me milhor que a sí quer:
«Falade migo, [ai meu lum’e meu ben!]».
Des que m’espertei ouvi gran pesar,
ca en tal sonho avia gran sabor,
como rogar-me, por Nostro Senhor,
o que me sabe máis que sí amar:
«Falade migo, [ai meu lum’e meu ben!]».
E, pois m’espertei, foi a Deus rogar
que me sacass’aqueste sonh’a ben.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 

Manuscritos


B 865, V 451

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 231-232); Finazzi-Agrò (1979: 117 [= LPGP 478-479]); Cohen (2003: 314); Littera (2016: I, 562-563).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 167); Braga (1878: 85); Machado & Machado (1953: IV, 194-195).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 85-86); Nunes (1959: 314-315); Álvarez Blázquez (1975: 207); Torres (1977: 100); Gonçalves & Ramos (1983: 299); Pena (1990: 167-168); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 111); Diogo (1998: 262); Vallín (1999: 49-50); Arias Freixedo (2003: 904-905); Magalhães (2007: 98); Souto Cabo (2017: 129).

Variantes manuscritas


2 sonho] Sonho ssonho B : sonho que ssonho V   3 vos] uos BV   7 no] om. B   8 veera] uerad’s B : ueerađs V   9 me om. V   11 ouvi] ouiu V   13 Senhor] senõ V

Variantes editoriales


5 Falad’, amig’] Falade mig’ Nunes, Finazzi-Agrò, Cohen, Littera   6 no] non Finazzi-Agrò   7 nen no] nen’o Littera   10 migo] mig’ Nunes, Finazzi-Agrò   13 como] com o Finazzi-Agrò, Littera : con o Cohen   15 migo] mig’ Nunes, Finazzi-Agrò

Paráfrasis


(I) Deus, que leda me vin esta noite, amiga, nun soño que soñei, pois soñaba como vos direi, que me dicía o meu amigo así: «Falade, amiga, ai meu lume e meu ben!».

(II) Non foi muller no mundo tan leda nun soño nin o podía ser, xa que soñei que me viñera dicir aquel que me quere mellor que a si mesmo: «Falade comigo, ai meu lume e meu ben!».

(III) Após espertar tiven gran sufrimento, pois en tal soño tiña gran pracer: rogarme, polo Noso Señor, o que me sabe amar máis que a si mesmo, (e dicirme) «Falade comigo, ai meu lume e meu ben!».

(IV) E, xa que espertei, funlle rogar a Deus que me cumprise este soño.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C + 10a 10c (= RM 155:5)

Encontros vocálicos: 10 migo,‿ai; 12 sonho‿avia; 15 migo,‿ai

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga ten o seu reflexo e continuidade na seguinte composición (nº 862), tamén de Joan Meendiz de Briteiros.

  • 5

    Por moito que en ningunha das precedentes edicións se respectase o texto transmitido polos códices, é verdadeiramente significativa a variación nesta ocorrencia do refrán, con xogo paronomásico falad’, amig(a) / falade migo (Martínez Pereiro 2004). Esta variación –redaccional e expresiva– forma conxunto con outras mudanzas nos refráns que se rexistran ao longo do corpus. Cfr. nota a 27.4.

  • 8

    Nótese o lapso na copia de BV, cunha forma plural (*veerades) imposíbel no contexto.

  • 9

    Aínda que minoritaria, a forma milhor, con pechazón de /e/>/i/ por influencia de consoante palatal (por iode na súa base etimolóxica mĕliōrem), ten certa presenza na lingua trobadoresca.
    Por outra banda, obsérvese a construción querer milhor que a sí, que contrasta vivamente con querer melhor ca mí/min (177.22, 261.8-9, 530.4, 531.r, 683.7, 830.13-14, 1091.19); isto é, semella que a conxunción que admite a presenza da preposición a fronte a ca, que a evita (véxase v. 14). Cfr. nota a 44.13, 177.22 e 243.16.

  • 13

    A conxunción como cumpre neste verso a función de introducir un infinitivo explicativo, facéndoo equivaler a ‘isto é’ (só se rexistra en 42.4, 87.8, 119.17, 167.11, 196.13, 220.11, 547.13, 638.3). A rareza da construción explica a actuación editorial de Finazzi-Agrò, Cohen e Littera, que segmentan <como> en com o ~ con o.

  • 14

    Fronte ao verso 9 (véxase nota), neste rexístrase tamén a expresión amar máis que sí, en liña con amar máis ca mí/min (nen al), tamén sen preposición para introducir o pronome tónico. Cfr. nota a 44.13, 177.22 e 243.16.

  • 16

    Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 17

    A expresión verbal sacar a ben significa ‘cumprir, realizar’.

Buscar
    Sin resultados