282 [= RM 79,14]
Deus, que mi oj’aguisou de vos veer

Deus, que mi oj’aguisou de vos veer
e que é da mia coita sabedor,
El sab’oje que con mui gran pavor
vos dig’eu est’, e ja é de dizer:
moir’eu, e moiro por alguen,
e nunca vos máis direi én.
E, mentr’eu vi que podia viver
na mui gran coita’n que vivo d’amor,
non vos dizer ren tive por mellor;
mais dig’esto, pois me vejo morrer:
moir’eu, e moiro por alguen,
[e nunca vos máis direi én].
E non á no mundo filla de rei
a que d’atanto devess’a pesar
nen estraidade d’om’a fillar,
por quant’ist’é, que vos ora direi:
moir’eu, e moiro por alguen,
[e nunca vos máis direi én].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 175, B 326

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 347 [= LPGP 530-531]); Correia (2001: 443); Littera (2016: I, 605-606).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 119); Carter (2007 [1941]: 105); Marques Braga (1945: 326-327); Machado & Machado (1950: II, 76-77); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 282).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 120).

Variantes manuscritas


1 mi oj’aguisou] miog(eu) a guisou A : moia guisou B; vos] uos A   2 da] de B   3 mui] mu B   4 vos] uos A; est’, e ja é de dizer] esto ia ey de dizer B   5 moir’eu] oyreu A   6 vos] uus A   9 tive] tine B   10 dig’esto] digueu esto B; morrer] moirer B   13 non] no A   14 d’atanto] de tanta B; devess’a] deves a A   15 estraidade] estrayadade B   16 quant’ist’é] quantest B

Variantes editoriales


1 vos] vus Michaëlis   4 vos] vus Michaëlis; é] ei Michaëlis, Correia, Littera   6 vos] vus Michaëlis   9 vos] vus Michaëlis; por] per Littera   12 vos] vus Michaëlis   15 estraidade] estrãidade Michaëlis   16 vos] vus Michaëlis   18 vos] vus Michaëlis

Paráfrasis


(I) Deus, que hoxe me dispuxo a ocasión de vos ver e que é coñecedor da miña coita, El sabe hoxe que con moi gran pavor vos digo eu isto, e xa é o momento para o dicir: eu morro, e morro por alguén, e nunca vos direi máis sobre iso.

(II) E mentres eu vin que podía vivir coa gran coita de amor en que vivo, considerei mellor non vos dicir nada; mais digo isto porque me vexo morrer: eu morro, e morro por alguén, e nunca vos direi máis sobre iso.

(III) E non hai no mundo filla de rei a quen tanto lle debese pesar nin causar estrañeza que un home a tomase (como señora), por isto que vos agora direi: eu morro, e morro por alguén, e nunca vos direi máis sobre iso.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 8C 8C (= RM 160:275)

Encontros vocálicos: 1 mioj(e); 15 es·tra·i·da·de

Notas


Texto
  • 4

    Outravolta se atesta a diverxencia é vs. ei (ja é de dizer A vs. ja ei de dizer B)) que é relativamente frecuente na tradición manuscrita (véxase 163.13, 164.16). Cfr. nota a 86.17. É de novo os editores optan pola lección de B en vez de fixaren a lección de A (cfr. nota a 102.16).

  • 5-6

    De novo un refrán de Joan Soarez Coelho é aproveitado literalmente (coa interpolación de vos) por Afonso X como citación final de estrofa:
              «Moir’eu e moiro por alguen,
              e nunca vos direi máis én» (465.15-16).

  • 8

    A preposición en mostra unha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  • 10

    Neste verso rexístrase unha presenza espuria de eu en B, tal como acontece en diversas pasaxes nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 282.10, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.

  • 14

    No Cancioneiro da Ajuda percíbese unha maior presenza das formas reforzadas atal, atan, atanto, fronte a BV, que tenden a presentar as variantes sen a- protético. Véxase tamén 42.5 ou 285.19.

    A forma <deues(e)> devess(e) é outra mostra no Cancioneiro da Ajuda de diferentes confusións gráficas no ámbito das sibilantes, nomeadamente da grafía <s> en contextos en que representa /s/, grafado de regra con <-ss->. Esta grafía detéctase especialmente en desinencias do pretérito de subxuntivo: <amase> amasse (409.6), <disses(e)> dissesse (409.21), <ousas(e)> ousasse (346.3, 982.22), <podes(e)> podesse (409.2), <quisesedes> quisessedes (88.15, 812.7), <soffresen> sofressen (85.17), <uis(e)> visse (138.6). Alén desta desinencia, tamén se acha a mesma representación gráfica en <asi> assi (240.23, 318.15), <disesse> dissesse (199.28), <outrosi> outrossi (413.11, 17 e 23, cfr. outrossi no v. 5), <pos(o)> posso (409.14), <uasalo> vassalo (84.12), <uoso> vosso (362.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 69.7, 80.10 e 89.2.

  • 15

    A voz estraidade (cfr. estraiadade na lección de B, talvez por erro) ‘estrañeza, afastamento’, procedente dunha formación a partir de extraneus, do tipo *extraneitātem, só reaparece outra vez co mesmo sentido, en Estevan da Guarda: 

    e, mia sen[h]or, en gran ben vos terria 
    de me darde-la morte 
    ca de viver eu en coita tan forte 
    e en tal estraidade (634.16).

  • 16

    O Cancioneiro da Ajuda presenta, neste caso, a forma demostrativa invariabél máis evoluída (cfr. esto en B), que dispón de escasas ocorrencias, en calquera das persoas, quer como forma simple, quer como forma reforzada, na poesía trobadoresca (véxase 246.4, 625.9).

Buscar
    Sin resultados