I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 284-285 [= LPGP 920-921]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 193); Littera (2016: II, 488).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 111); Carter (2007 [1941]: 86); Marques Braga (1945: 268-269); Machado & Machado (1950: II, 38-39); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 247).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 36); Piccolo (1951: 94-95); Nunes (1959: 258); Tavares (1961: 29-30); Landeira Yrago (1975: 130); Torres (1977: 403); Ferreira (1988: 57-58); Alvar & Beltrán (1989: 247-248); Jensen (1992: 362); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 221); Diogo (1998: 113-114); Arias Freixedo (2003: 844-845); Fidalgo (2009a: 54); Souto Cabo (2017: 239).
1 vos] uos A, avẽo] a ueo B 3 ouve] ouueu B 4 morrer, e morrera] moirer emoirera B 5 vos] uus A; veeria] ueria B 6 morress’, e] morress(e) e A : moiresse B; esto non morri] esso non moiri B 7 Cuidando en] Cuydanden B 8 en] om. B 9 morrera] moirera B 10 vos] uus A : miuꝯ B; máis] om. B; coidar] cuydar B 11 vos] uus A 12 semoiresse pᵉesso nō moiri B 13 Cuidand’en] Cuydando no B; mui] om. B 14 ounha moirer esse d’s mj B 16 morrera] moirera B; acordei] acorde A 18 semoiresse pᵉ esso nō B 19 Coidand’en vós ouv’a morrer] Cuydandēuos ouuha moirer B 20 guareci] nō moiri B
1 vos] vus Michaëlis; avẽo] aveo Littera 5 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro 7 Cuidando ... vos] Cuidand(o) ... vus Michaëlis : Cuidand’ ... vos Littera 10 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro; coidar] cuidar Littera 11 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro 17 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro 19 Coidand’en] Coidando en Lorenzo Gradín & Marcenaro : Cuidand’em Littera
(I) Direivos o que me pasou, miña señora, xusto cando eu me separei de vós: por vós, fermosa miña señora, houben de morrer, e morrera; mais pensei que nunca vos vería desde ese instante se morrese, e por isto non morrín.
(II) Pensando en canto ben vos fixo Deus en beleza e en moi ben falar, morrera eu; mais, polo moito que vos amo, máis me fixo Deus pensar que nunca vos vería desde ese instante se morrese, e por isto non morrín.
(III) Pensando na vosa gran beleza houben de morrer, así Deus me perdoe, e pola vosa gran fermosura morrera eu; mais lembreime entón que nunca vos vería desde ese instante se morrese, e por isto non morrín.
(1) Pensando en vós houben de morrer así, e pensando en vós, señora, sobrevivín.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C + 10c 10c (= RM 99:28)
Encontros vocálicos: 1 mi‿avẽo; 7 Cuidando‿en
Repárese no artificio de repetición en posición de rima nos versos primeiro e terceiro de cada cobra. Tamén na repetición con variación flexiva do verbo morrer, así como a do verbo cuidar, ambos os dous chave para o contido da cantiga.
As variacións entre os manuscritos no texto do refrán son significativas no v. 5, onde a lección veria de B é manifestamente incorrecta fronte a veeria, por cuestións de medida; contariamente, é de teor estilístico a variación esto A / esso B na forma do demostrativo.
O uso do artigo co posesivo en B (Cuidando no vosso bon parecer) condiciona a medida do verso de modo que no antigo Colocci-Brancuti é omitido o adverbio mui.
Dun modo similar a erros de copia <o>/<ou> no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 65.32), neste manuscrito tamén existen varios casos de <e>/<ei> (coa lección correcta en BV), que deben ser postos en relación co feito de o cancioneiro ter sido copiado en Castela. Véxase tamén direi <dire> A (122.17; 170.5, 6 e 20, fronte a <direi> nos vv. 13 e 27; 177.27), primeiro <p’mero>, <primero> A (176.9, 196.15, 300.13), Nogueira <noguera> A (1235a.5).
Nótese a lección sinonímica de B, cunha lítote (guareci / non morri).