247 [= RM 148,5]
Direi-vos que mi avẽo, mia sennor

Direi-vos que mi avẽo, mia sennor,
i logo quando m’eu de vós quitei:
ouve por vós, fremosa mia sennor,
a morrer, e morrera; mais cuidei
que nunca vos veeria des i
se morress’, e por esto non morri.
Cuidando en quanto vos Deus fez de ben
en parecer e en mui ben falar,
morrera eu; mais, polo mui gran ben
que vos quero, máis me fez Deus coidar
que nunca vos veeria des i
se morress’, e por esto non morri.
Cuidand’en vosso mui bon parecer
ouv’a morrer, assi Deus me perdon,
e polo vosso mui bon parecer
morrera eu; mais acordei-m’enton
que nunca vos veeria des i
se morress’, e por esto non [morri].
Coidand’en vós ouv’a morrer assi,
e cuidand’en vós, sennor, guareci.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 141, B 262

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 284-285 [= LPGP 920-921]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 193); Littera (2016: II, 488).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 111); Carter (2007 [1941]: 86); Marques Braga (1945: 268-269); Machado & Machado (1950: II, 38-39); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 247).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 36); Piccolo (1951: 94-95); Nunes (1959: 258); Tavares (1961: 29-30); Landeira Yrago (1975: 130); Torres (1977: 403); Ferreira (1988: 57-58); Alvar & Beltrán (1989: 247-248); Jensen (1992: 362); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 221); Diogo (1998: 113-114); Arias Freixedo (2003: 844-845); Fidalgo (2009a: 54); Souto Cabo (2017: 239).

Variantes manuscritas


1 vos] uos A, avẽo] a ueo B   3 ouve] ouueu B   4 morrer, e morrera] moirer emoirera B   5 vos] uus A; veeria] ueria B   6 morress’, e] morress(e) e A : moiresse B;  esto non morri] esso non moiri B   7 Cuidando en] Cuydanden B   8 en] om. B   9 morrera] moirera   10 vos] uus A : miuꝯ B; máis] om. B; coidar] cuydar B   11 vos] uus A   12 semoiresse pᵉesso nō moiri B   13 Cuidand’en] Cuydando no B; mui] om. B   14 ounha moirer esse d’s mj B   16 morrera] moirera B; acordei] acorde A   18 semoiresse pᵉ esso nō B   19 Coidand’en vós ouv’a morrer] Cuydandēuos ouuha moirer B   20 guareci] nō moiri B

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis; avẽo] aveo Littera   5 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   7 Cuidando ... vos] Cuidand(o) ... vus Michaëlis : Cuidand’ ... vos Littera   10 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro; coidar] cuidar Littera   11 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   17 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   19 Coidand’en] Coidando en Lorenzo Gradín & Marcenaro : Cuidand’em Littera

Paráfrase


(I) Direivos o que me pasou, miña señora, xusto cando eu me separei de vós: por vós, fermosa miña señora, houben de morrer, e morrera; mais pensei que nunca vos vería desde ese instante se morrese, e por isto non morrín.

(II) Pensando en canto ben vos fixo Deus en beleza e en moi ben falar, morrera eu; mais, polo moito que vos amo, máis me fixo Deus pensar que nunca vos vería desde ese instante se morrese, e por isto non morrín.

(III) Pensando na vosa gran beleza houben de morrer, así Deus me perdoe, e pola vosa gran fermosura morrera eu; mais lembreime entón que nunca vos vería desde ese instante se morrese, e por isto non morrín.

(1) Pensando en vós houben de morrer así, e pensando en vós, señora, sobrevivín.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C + 10c 10c (= RM 99:28)

Encontros vocálicos: 1 miavẽo; 7 Cuidandoen

Notas


Texto
  • *

    Repárese no artificio de repetición en posición de rima nos versos primeiro e terceiro de cada cobra. Tamén na repetición con variación flexiva do verbo morrer, así como a do verbo cuidar, ambos os dous chave para o contido da cantiga.

  • 5-6

    As variacións entre os manuscritos no texto do refrán son significativas no v. 5, onde a lección veria de B é manifestamente incorrecta fronte a veeria, por cuestións de medida; contariamente, é de teor estilístico a variación esto A / esso B na forma do demostrativo.

  • 13

    O uso do artigo co posesivo en B (Cuidando no vosso bon parecer) condiciona a medida do verso de modo que no antigo Colocci-Brancuti é omitido o adverbio mui.

  • 16

    Dun modo similar a erros de copia <o>/<ou> no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 65.32), neste manuscrito tamén existen varios casos de <e>/<ei> (coa lección correcta en BV), que deben ser postos en relación co feito de o cancioneiro ter sido copiado en Castela. Véxase tamén direi <dire> A (122.17; 170.5, 6 e 20, fronte a <direi> nos vv. 13 e 27; 177.27), primeiro <p’mero>, <primero> A (176.9, 196.15, 300.13), Nogueira <noguera> A (1235a.5).

  • 20

    Nótese a lección sinonímica de B, cunha lítote (guareci / non morri).

Procurar
    Não foram encontrados resultados