756 [= RM 6,2]
Dis[s]eron-mi ũas novas de que m’é mui gran ben

Dis[s]eron-mi ũas novas de que m’é mui gran ben,
ca chegou meu amig[o], e, se el ali ven,
a Santa Maria das Leiras irei velida, se i ven meu amigo.
Disseron-m’ũas novas de que ei gran sabor,
ca chegou meu amigo, e, se el ali for,
a Santa Maria das Leiras irei [velida, se i ven meu amigo].
Disseron-m’ũas novas de que ei gran prazer,
ca chegou meu amigo; mais eu, po-lo veer,
a Santa Maria das Leiras irei [velida, se i ven meu amigo].
Nunca con taes novas tan leda foi molher
com’eu soo con estas, e, se [el] i veer,
a Santa Maria [das Leiras irei velida, se i ven meu amigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscripts


B 740, V 342

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 158-159 [= LPGP 87]); Cohen (2003: 229); Lorenzo Gradín (2008: 147); Littera (2016: I, 49-50).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 134); Braga (1878: 65); Machado & Machado (1953: IV, 41).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 331-332); Jensen (1992: 10); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 13).

Manuscript variants


1 ũas] (hunhas) hunhas B : hunhas V   3 Santa] sancta V   4 ũas] uħas B : uhās V   6 leiras] lerras V   7 ũas] uħas B : uhās V   9 Santa] sancta B   11 soo] solo V

Editorial variants


En todos os editores precedentes refrán é dividido en dous versos (a Santa Maria das Leiras irei velida, / se i ven meu amigo).

4 m’] mi Nunes   7 m’] mi Nunes, Lorenzo Gradín   11 soo] sõo Nunes, Cohen, Littera

Paraphrase


(I) Dixéronme unhas novas que me dan moita alegría, que chegou o meu amigo, e se el alí vén, a Santa María das Leiras irei fermosa, se alí vén o meu amigo.

(II) Dixéronme unhas novas polas que sinto moito gozo, que chegou o meu amigo, e, se el for alí, a Santa María das Leiras irei fermosa, se alí vén o meu amigo.

(III) Dixéronme unhas novas polas que sinto un gran pracer, que chegou o meu amigo; mais eu, por velo, a Santa María das Leiras irei fermosa, se alí vén o meu amigo.

(IV) Nunca con novas tales foi unha muller tan leda como eu o son con estas, e, se el alí viñer, a Santa María das Leiras irei fermosa, se alí vén o meu amigo.

Metrics


Esquema métrico: 13a 13a 20’B

Encontros vocálicos: 1 -miũ·as

Notes


Text
  • *

    A ausencia de rima entre velida e amigo condiciona a consideración dun refrán de un único verso (cunha estrutura métrica aaB para a cantiga). Os manuscritos non presentan unha copia regular das diversas estrofas, en xeral cunha segmentación irregular e anómala dos versos: co refrán dividido en dous versos en BV, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional presenta o v. 1 da primeira estrofa en dúas liñas, e as restantes estrofas en catro liñas; o Cancioneiro da Vaticana, polo contrario, só segmenta os versos das estrofas II-III.

  • 3

    Santa Maria das Leiras xa aparece noutra cantiga de Afonso Lopez de Baian como lugar de encontro entre os amigos (véxase cantiga 755).

  • 11

    A reintegración do pronome el vén indicada pola necesidade métrica e apoiada pola súa presenza nos versos correlativos: se el ali ven (v. 2) – se el ali for (v. 5) – se [el] i veer (v. 11).

Search
    No results