1003 [= RM 146,2]
Dis[s]eron-vos, fremosa mia senhor

Dis[s]eron-vos, fremosa mia senhor,
que me non mat’a mí o voss’amor,
e non o neg’eu, pois eu sabedor
faço quen quer que o queira saber
ca me non mat’a min o voss’amor,
mais mata-me que o non poss’aver,
ca ben sei que vos disseron por mí
que me non mata voss’amor, assi
com’alguen cuida; e dig’eu tant’i
a vós, que o non posso máis negar:
ca me non mata voss’amor as[s]i,
mais mata-me que mi-o non quer Deus dar.
E os que cuidan que mi buscarán
per i mal vosco dizen-o de pran
e non mi-o neg’eu, poi-lo saber an;
des i entendo que non poderei,
que me non mata voss’amor de pran,
mais mata-me, senhor, que o non ei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 999, V 588

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 396-397 [= LPGP 907]); Littera (2016: II, 459); Fassanelli (2024: 34).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 210); Braga (1878: 113); Machado & Machado (1953: IV, 392).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 216); Mongelli (2009: 58).

Manuscript variants


3 eu] en V   4 faço] faco BV; quen] queu B   7 Ca] E a B; mí] mj̄ B   10 máis] mays mays V   11 voss’amor] uoscamr B : uosam̃ V   14 vosco] uosque B : uos q̄ V   18 senhor] om. B

Editorial variants


9 eu] en Nunes   13 buscarán] buscaran Nunes   14 dizen-o] dizem-no Littera   15 saber an] saberám Littera   16 entendo que] entend’o que Littera

Paraphrase


(I) Dixéronvos, miña bela señora, que a min non me mata o voso amor, e eu non o nego, pois eu poño en coñecemento de calquera que o queira saber que a min non me mata o voso amor, mais mátame (o feito de) de que o non podo ter, (II) pois ben sei que vos dixeron de min que non me mata o voso amor, tal como alguén pensa; e eu respecto a iso tanto vos digo a vós, porque non o podo ocultar máis: que non me mata o voso amor así, mais mátame que non mo quere Deus dar.
(III) E os que pensan que desa maneira me van pór a mal convosco, dino abertamente e eu non o nego, pois teñen o coñecemento; por iso entendo que non poderei (negalo), porque non me mata o voso amor, certamente, mais mátame, señora, que non o teño.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10b 10a 10b (= RM 13:27)

Encontros vocálicos: 12 mi͜-o; 15 mi͜-o

Notes


Text
  • *

    Esta cantiga, igual que as cantigas 213, 270, 926 etc., presenta unha ligazón interestrófica coa copulativa e entre as estrofas II e III (con ligazón causal nas estrofas I-II) que facilmente, por medio dunha disposición tipográfica minúscula e unha puntuación máis leviana, se podería interpretar como unha cantiga ateúda atá a fiinda. Véxase nota á cantiga 74.

    Repárese, ademais, como nas estrofas I e II se repiten íntegros e literalmente os versos segundo e quinto, mentres que na estrofa III a repetición se limita á locución colocada en posición rimante (de pran), aínda que o v. 17 mantén correspondencias paralelísticas literais cos versos correspondentes das estrofas I e II.

  • 7

    Nos cancioneiros italianos é moi frecuente a confusión <e>/<c>, que se pode achar no inicio de verso, de modo que con moita frecuencia se rexistra <ca> para e a (véxase nota a 108.37). No presente verso achamos o erro inverso en B, isto é, a lección <E a> para ca, tal como acontece noutras pasaxes dos cancioneiros apógrafos italianos: ca <ca> B, <ea> V (480.20), ca <ea> BV (489.21), ca <ca> B, <ea> V (871.11), ca <Ca> B, <E a> B’, <ca> V, <ea> V’ (1027.6), ca <Ea> B, <ca> V (1160.3) etc.

  • 9

    A mudanza da lección <eu> para en na edición de Nunes talvez se deba explicar pola influencia do act. port. entanto ‘entre tanto; con todo’.

  • 14

    A sintaxe e o sentido da cantiga e da estrofa encamiñan para unha emenda das leccións de BV, que implicarían a presenza dunha copulativa (*vosc’e dizen...) inconveniente do punto de vista sintáctico. É por isto que adoptamos o texto xa fixado nas edicións precedentes.
    Por outra parte, a representación gráfica dizen-o da ligazón do pronome identificador o coa forma verbal dizen non indica con clareza a necesaria pronuncia alveolar de /n/: [‘didzeno]: a presenza do trazo co clítico impide unha representación tipográfica adecuada dun encontro que só volve aparecer en fazen-o (1358.11), preguntaron-o (1655.16) e guardan-a (1672.28). De calquera modo, a representación dizem-no de Littera altera a substancia fonolóxica do encontro entre o verbo e o pronome.

  • 15

    Lopes e Littera interpretan saberám en face dunha lectura en que saber é substantivo: «pois an o saber».

  • 16

    No verso des i entendo que non poderei parece terse producido algún erro de transmisión, pois percíbese unha evidente desconexión semántica na liña conceptual da cantiga. Talvez por iso foi que en Littera se introduciu unha segmentación (des i entend’o que non poderei) que tampouco resolve o sentido.

Search
    No results