730 [= RM 148,6]
Dize-mi ora que non verra

Dize-mi ora que non verra
o meu amigo porque quer
mui gran ben a outra molher;
mais esto quen no creerá,
que nunca el de coraçon
molher muit’ame se min non?
Pode meu amigo dizer
que ama ou[t]ren máis ca sí
nen que outra ren nen ca mí;
mais esto non é de creer,
que nunca el de coraçon
[molher muit’ame se min non].
Enfinta faz el, eu o sei,
que morre por outra d’amor
e que non á min por senhor;
mais eu esto non creerei,
que nunca el de coraçon
[molher muit’ame se min non].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 715, V 316

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 136 [= LPGP 921]); Cohen (2003: 202); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 231); Littera (2016: II, 491-492).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 126); Braga (1878: 61); Machado & Machado (1953: IV, 9).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 34); Torres (1977: 406); Ferreira (1991: 86); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 230); Magalhães (2007: 92).

Variants manuscrites


1 verra] ueira B   3 a outra] doutra V   4 quen no] quemio B : quenno V   5 coraçon] coracom V   6 non] no B   9 nen] uē B; mí] mj̄ V   11 nunca] mj̄ ca B   13 Enfinta] Enffmta B; faz] faz̃ BV   14 por] p̄o V   16 eu] en B; creerei] queerey V   17 que] quē V; coraçon] coracon B : coracom V

Variants editorials


1 Dize] Dize[n] Nunes, Cohen, Lorenzo Gradín & Marcenaro : Dize[m] Littera   4 quen no] quen’o Littera

Paràfrasi


(I) Dime agora o meu amigo que non virá porque ama a outra muller; mais quen crerá tal cousa, que nunca el de corazón ame moito unha muller senón a min?

(II) Pode o meu amigo dicir que ama alguén máis que a si nin que a outra cousa nin que a min; mais isto non se pode crer, que nunca el de corazón ame moito unha muller senón a min.

(III) El finxe, seino ben, que morre de amor por outra e que non me ten a min por señora; mais eu isto non o crerei, que nunca el de corazón ame moito unha muller senón a min.

Mètrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:385)

Encontros vocálicos: 1 -miora

Notes


Text
  • 1

    Todos os editores, sen excepción, emendan a lección manuscrita para estabelecer unha forma plural desnecesaria na cantiga a partir da consideración de meu amigo (v. 2) como suxeito de dize, facto confirmado polo inicio da seguinte estrofa: Pode meu amigo dizer...  (v. 7). No relativo á anomalía evolutiva de dīcĭt, que deu como resultado xeral diz, débese ter en conta que, para alén da existencia probada das variantes fize (< fēcī) e feze (<fēcĭt) a carón de fiz e fez (véxase notas a 95.13 e 167.5), outras formas de presente como faze (< facĭt) e praze (< placĭt) teñen documentación no corpus profano, sen dúbida evolucións diverxentes, de carácter minoritario (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §20a), con funcionalidade métrica, e todas elas fonética e morfoloxicamente similares a dizeca diz que lhi faze de mal as[s]az (1443.4); e faze filhos e filhas assaz (1614.6); e a mí praze mui de coraçon (338.3); moiro por vós, a que praze muit’én (383.r1).

  • 6

    Nótese a omisión da preposición a en ame se min non (= ame senon min), feito frecuente coas formas pronominais oblicuas tónicas en función de CD. Véxase nota aos vv. 8-9.

  • 8-9

    A preposición a non aparece na expresión amar máis ca mí/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2; , func. 2). Cfr. nota a 177.22 e 243.16.

  • 13

    Enfinta ‘finximento, engano, presunción’ é voz case exclusiva da lírica profana (véxase CGPA, s.v. enfinta, emfimta).

  • 14

    Na secuencia á min omítese con certa frecuencia a preposición co complemento indirecto: non mi á min prol (117.14), non mi á min mester (150.9) vs. que prol á a fazer eu vosso ben (949.11). Véxase nota a 10.1.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat