1234 [= RM 116,7]
Dizede, madre, por que me metestes

– Dizede, madre, por que me metestes
en tal prison e por que mi tolhestes
que non possa meu amigo veer?
– Porque, filha, des que o conhocestes
nunca punhou erg’en mi vos tolher.
E sei, filha, que vos trag’enganada
con seus cantares, que non valen nada,
que lhi podia quen-quer desfazer.
– Non dizen, madr’, esso, cada pousada,
os que trobar saben ben entender.
Sacade-me, madre, destas paredes,
e ve[e]rei meu amig’, e veredes
que logo me met’en vosso poder.
– [........................................... -edes]
nen m’ar venhades tal preito mover,
ca sei eu ben qual preito vos el trage,
e sodes vós, filha, de tal linhage
que devia vosso servo seer.
– Coidades vós, madre, que é tan sage
que podess’el con mig’esso põer?
Sacade-me, madre, destas prijões,
ca non avedes de que vos temer.
– Filha, ben sei eu vossos corações,
ca non queren gran pesar atender.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


B 1218, V 823

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 314-315); Marroni (1968: 276-279 [= LPGP 736]); Cohen (2003: 453); Littera (2016: II, 251-252).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 282-283); Braga (1878: 155); Machado & Machado (1956: V, 328).
III. Antoloxías: Spina (1972: 359); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 192); Ferreiro (2023a: 44).

Variants manuscrites


2 tolhestes] Tolestes B   4 conhocestes] uos conhocestes B : uos conho cestes V   13 que] Q B   16 eu] ou V   17 sodes] fodes B   21 destas prijões] destes ꝑigoos BV   24 gran] grã B

Variants editorials


4 conhocestes] vós conhocestes Nunes, Marroni : |vós| conhocestes Cohen   5 vos] vus Marroni   6 vos] vus Marroni   9 esso, cada pousada] ess’en cada pousada Nunes : esso [en] cada pousada Cohen   12 ve[e]rei] verei Cohen, Littera; amig’] amig[o] Cohen; veredes] ve[e]redes Littera   14 [non vos sacarei d’aquestas paredes] Nunes   16 vos] vus Marroni   20 con mig’esso põer?] comigu’esso poer? Nunes : conmig’esso põer Marroni   22 vos] vus Marroni   23 vossos] vossus Marroni   24 queren] quer’én Cohen, Littera

Paràfrasi


(I) –Dicide, miña nai, por que me metestes en tal prisión e por que empecestes que poida ver o meu amigo?
–Porque, miña filla, des que o coñecestes nunca fixo outra cousa que esforzarse por vos afastar de min.

(II) E sei, filla, que vos ten enganada coas súas cantigas, que non valen nada, que calquera lle podería desfacer.
–Non din iso en ningures, miña nai, os que entenden ben de trobar.

(III) Sacádeme, miña nai, destas paredes, e verei o meu amigo, e veredes que logo me someto ás vosas ordes.
–[...] nin me veñades tal petición facer, (IV) porque eu ben sei as súas verdadeiras intencións, e sodes vós, filla, de tal liñaxe que el debía ser servo voso.
–Pensades vós, miña nai, que el é tan astuto que me podería enganar a min dese xeito? 

(1) Sacádeme, miña nai, destas prisións, que non tendes nada que temer.

(2) –Filla, coñezo ben os vosos corazóns, que non queren sufrir pesar.

Mètrica


Esquema métrico: 4 x 10’a 10’a 10b 10’a 10b (= RM 33:7) + 2 x 10’c 10b

Notes


Text
  • 2

    Repárese na variación prison (v. 2) vs. prijon (v. 21), onde prijões presenta na lección de BV unha grafia <g> /ʒ/ que é relativamente frecuente en textos medievais (véxase CGPA, s.v. prigon, prigõ, prigom, prigões etc.).

  • 4

    A expunción de <uos> semella a mellor alternativa para recuperar a isometría versal, á vista doutros contextos en que vos é un elemento espurio conforme a lección correcta dalgún dos testemuños manuscritos (véxase, por exemplo, 183.4, onde B mostra como A introduciu erradamente o pronome, ou 214.14, onde B presenta, fronte a A, un vos espurio).

  • 9

    A preposición en que Nunes e Cohen suplementan con cada pousada é desnecesaria, pois con substantivo que indica espazo, cada non precisa da preposición en para introducir complemento circunstancial de lugar: 

    siquer poedes, cada logar,
    vossa maeta e quanto tragedes (1508.17).

  • 12

    A forma ve[e]rei parece a mellor solución do punto de vista ecdótico para recuperar a isometría, ao tempo que fixa o acento na 4ª sílaba do verso, por máis que veredes compareza no mesmo verso. Porén, a convivencia de formas diverxentes nunha composición é feito frecuente na lingua trobadoresca. 

  • 14

    Cohen apunta en nota dúas posíbeis reconstrucións do verso: Mando-vos, filha, que mi-o non roguedes, ou Por Deus, ai filha, que non mi-o roguedes.

  • 19

    O galicismo sage (‘sabio, prudente, cauteloso’) volve aparecer nunha composición de Fernan Soarez de Quinhones:

    Se lhi frorec’o bastage,
    meu senhor, seede sage
    que prendades dele gage (1574.6).

    De calquera forma, este empréstimo francés (e o adverbio sagemente ~ sagesmente) é relativamente frecuente nos textos medievais, onde se atesta tamén coa forma sages (véxase CGPA, s.v.).

  • 20

    A forma medieval migo, con algunhas variantes (véxase nota a 10.18), xa convivía na altura con comigo, que aínda pode presentar a forma analítica con migo (11.24, 584.14, 585.8, 773.8, 846.r1, 856.1, 928.8, 939.13, 1010.14, 1039.10 e 26, 1099.19, 1303.8), fórmula concorrente coa arcaizante con mego (469.6 e 9).

  • 21

    Resulta sorprendente a lección <destes ꝑigoos> ofrecida unanimemente por BV que levaría para destes perigoos (cfr. perigoo en 1542.6, único rexistro desta voz na lírica profana). Non obstante, a medida, a rima e, sobre todo, o sentido obrigan a unha emenda en prol de prijões. Parece que se trata dun simple erro de copista, talvez pola relativa frecuencia da variante prigon, prigõ, prigom, destas prigões (cfr. nota v. 2) que foi mal interpretada como perigoo.

  • 24

    A segmentación proposta por Cohen e Littera (quer’én) implica unha diferente interpretación da resposta derradeira da nai: ‘Filla, eu ben coñezo os vosos corazóns, de modo que non quero por iso [quer'én] esperar pesar grande’ vs. ‘Filla, eu ben coñezo os vosos corazóns, que non queren [queren] esperar pesar grande’.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat