740 [= RM 36,2]
Dizen-mi, amiga, se non fezer ben

Dizen-mi, amiga, se non fezer ben
a meu amigo, que [e]l prenderá
morte por mí e, pero que el á
por min gran coita e me quer gran ben,
máis lhe valria pera non morrer
non lhe fazer ben ca de lho fazer.
Mais, amiga, ũa cousa sei
de meu amigo, que el avera
morte mui cedo se meu ben non á:
per quant’oj’eu de mia fazenda sei,
máis lhe valria pera non morrer
[non lhe fazer ben ca de lho fazer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscrits


B 725, V 326

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 145-146 [= LPGP 274]); Cohen (2003: 213); Littera (2016: I, 292-293).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 129); Braga (1878: 62); Machado & Machado (1953: IV, 21).

Variantes manuscrites


2 prenderá] p’mdera BV   4 min] muj B   5 morrer] moirer B   7-8 sei / de meu] seydem / eu V   9 cedo] tedo V   10 per] e per V; mia] mħa V   11 valria] ualiria B : ualma V; pera] perā BV; morrer] moir’ B : moir V

Variantes éditoriales


1 fezer] fazer Nunes   3 e, pero] e pero Littera   7 sei] [eu] sei Nunes : [ben] sei Cohen : [bem] sei Littera   10 per quant’oj’eu] e, per quant’eu Nunes, Littera : e per quant’oj’eu Cohen

Paraphrase


(I) Dinme, amiga, que se non lle fago ben ao meu amigo el morrerá por min e, aínda que el sofre por min unha gran coita e me ama moito, máis lle valería, para non morrer, non lle facer ben antes que llo facer.

(II) Mais, amiga, sei unha cousa do meu amigo, que morrerá moi cedo se non recibe o meu ben: polo que eu sei dos meus asuntos (respecto a el), máis lle valería, para non morrer, non lle facer ben antes que llo facer.

Métrique


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:47)

Encontros vocálicos: 1 -mi,amiga; 7 Ma·is

Notes


Texte
  • 7

    A posibilidade de contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c) permite evitar as intromisións editoriais con diversas emendas dos editores neste verso, todas inducidas polo aparente problema de hipometría.

  • 10

    Nótese a presenza espuria da copulativa na copia do Cancioneiro da Vaticana, tal como acontece noutras pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos, se pode determinar con seguranza o carácter espurio da conxunción, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 E 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 E 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (935.6, 1148.9). Sorprendentemente, as edicións precedentes (Nunes, Cohen, Littera) manteñen a copulativa de V, feito que xera un problema de hipermetría versal.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé