285 [= RM 79,15]
Dizen que digo que vos quero ben

Dizen que digo que vos quero ben,
sennor, e buscan-me convosco mal;
mas rog’a Deus Sennor, que pod’e val
e que o mund’e vós en poder ten:
se o dixe, mal me leixe morrer;
se non, sennor, quen vo-lo foi dizer.
E venn’a vós chorando destes meus
ollos con vergonna e con pavor
e con coita que ei desto, sennor,
que vos disseron; e rog’assi Deus:
se o dixe, mal me [leixe morrer;
se non, sennor, quen vo-lo foi dizer].
No’me sei én d’outra guisa salvar,
mas nunca o soub’ome nen moller
per mí, nen vós; e Deus, se lle prouguer,
rog’eu assi quanto posso rogar:
se o dixe, mal me [leixe morrer;
se non, sennor, quen vo-lo foi dizer],
e lle faça atal coita sofrer
qual faz a min e non ouso dizer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 178, B 329

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 351-352 [= LPGP 531]); Correia (2001: 479); Littera (2016: I, 607-608).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 120); Carter (2007 [1941]: 106-107); Marques Braga (1945: 331-332); Machado & Machado (1950: II, 81-82); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 285).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 73-74); Sansone (1990: 250); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 160); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 122).

Variantes manuscritas


1 vos] uos A   1-2 quero ben, / sennor, e buscan-me convosco] que / ro ben. sennor e buscan me conuusco / ro ben sennor e buscā con uusco A   2 me] mj B; convosco] conuusco A   3 mas] Mays B; Sennor] {señor} A   5 dixe] dixi B; morrer] moirer B   10 vos] uos AB; Deus] a Deus A   11 dixe] dixi   13 No’me] Nō me B   14 mas] Mays B   15 mí] mj̃ B; lle] lhi B   17 dixe] dixi B   19 lle] lhi B; atal] {a}tal A : tal B   20 non ouso dizer] non(0) ouso dizer A : nono ousa dizer B

Variantes editoriales


1 vos] vus Michaëlis   2 convosco] convusco Michaëlis   3 mas] mais Michaëlis, Littera   10 vos] vus Michaëlis   13 No’me] Non me Correia : Nom me Littera   14 mas] mais Michaëlis, Littera   19 atal] tal Correia   20 non] non’o Littera; ouso] ous’a Michaëlis 

Paráfrasis


(I) Din que ando dicindo que vos amo, señora, e buscan pórme a mal convosco; mais rogo a Deus, que pode e vale e que ten o mundo e a vós no seu poder: se o dixen, déixeme mal morrer; se non, señora, a quen volo foi dicir.

(II) E veño a vós chorando por estes meus ollos con vergoña e con pavor e coa coita que sinto por isto que vos dixeron, señora; e rogo así a Deus: se o dixen, déixeme mal morrer; se non, señora, a quen volo foi dicir.

(III) Non me sei doutra maneira escusar por iso, mais nunca o soubo home nin muller por min, nin vós; e a Deus, se lle prouguer, rogo eu así canto podo rogar: se o dixen, déixeme mal morrer; se non, señora, a quen volo foi dicir, (1) e fágalle tal coita sufrir cal a min fai e non me atrevo a expresar.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:138)

Notas


Texto
  • 4

    Nótese, máis unha vez, o pronome vós, CD sen preposición, tal como na lingua trobadoresca acontece con certa frecuencia coas formas pronominais tónicas oblicuas.

  • 6

    Enténdase: «se non (o dixe), senhor, (Deus mal leixe morrer a) quen vo-lo foi dizer».

  • 10

    O verbo rogar constrúese con acusativo ou con dativo, indistintamente. Neste verso, a variante de A, coa presenza da preposición, faría hipermétrico o verso, a non ser que se realizase unha inhabitual sinalefa assi‿a: en todo o corpus trobadoresco profano só documentamos sinalefa de assi co identificador o (96.27, 700.18) e coas formas verbais é (110.6, 335.16) e aven (743.16): de todos os modos, rogar a Deus aparece xa no v. 3, mais nos vv. 15-16 a construción é rogar Deus. Cfr. nota a 278.13.

  • 13

    Nos textos transmitidos por A é frecuente a asimilación do adverbio non co pronome me ~ mi (> no’me ~ no’mi; cfr. a evolución regular -nm->-m-), face a BV que, en xeral, presentan a lección non me ~ non mi con manutención da integridade morfolóxica do adverbio negativo (66.13, 90.9, 223.r2, 239.7, 243.14, 258.9, 283.10, 421.5, 423.20, 430.8). Na realidade, nos apógrafos italianos só se rexistra en tres ocasións (104.21, 906.12 e 1482.5). A diferenza doutros editores, mantemos tal asimilación, que chega até hoxe (Ferreiro 1999: §101c).

  • 19

    No Cancioneiro da Ajuda percíbese unha maior presenza das formas reforzadas atal, atan, atanto, fronte a BV, que tenden a presentar as variantes sen a- protético (véxase tamén 42.5 e 282.14). Nesta ocasión atal é produto dunha corrección do revisor de A, mentres que a forma tal de B implicaría hipometría versal. 

  • 20

    Obsérvese a corrección de A, talvez a suxerir que o pronome, aparentemente anulado, se ache en crase coa vogal inicial de ouso, tal como se percibe nalgunha pasaxe trobadoresca: amar amig’e non’ousar veer! (864.23).
    Por outra banda, en B achamos, novamente, a presenza de a como nexo de ousar co infinitivo, neste caso aceptada en Michaëlis, que desbota a tamén correcta lección de A. Véxase nota a 95.16.

Buscar
    Sin resultados