408 [= RM 114,8 (= 157,17)]
[D]izen, sennor, ca dis[ses]tes por mí

– [D]izen, sennor, ca dis[ses]tes por mí
que foi ja temp’e que foi ja sazon
que vos prazia d’oirdes enton
en mí falar, e que non é j’assi.
– Dizen verdad’, amigo, porque non
entendia o que pois entendi.
– E, sennor, dizen, pero vos tal ben
quero, que moiro, que ren non me val,
ca vós dizedes dest’amor atal
que nunca vos ende senon mal ven.
– [D]izen verdad’, amig’, e, pois é mal,
non i faledes, ca prol non vos ten.
– Pero cuid’eu, fremosa mia sennor,
des que vos vi, que sempre me gua[r]dei
de vos fazer pesar; mais que farei,
ca por vós moir’e non ei d’al sabor?
– Non vos á prol, amigo, ca ja sei
o por que era todo voss’amor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


A 249

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 487); Cunha (1999 [1945]: 123); Monteagudo (1984: 323 [= LPGP 714]); Littera (2016: II, 219-220).
II. Outras edicións: Cotarelo Valledor (1934: 184-185); Carter (2007 [1941]: 144-145); Machado & Machado (1960: VII, 40); Arbor Aldea (2016b);Rios Milhám (2018b: III, 408).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 170-171); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 161).

Variantes manuscrites


3 vos] uus A   9 vós] uus A   12 vos] uus A   17 vos] uus A

Variantes éditoriales


3 vos] vus Michaëlis : uus Monteagudo   4 j’assi] ja ‘ssi Michaëlis : ja si Cunha : ja ‘ssi Littera   7 vos] vus Michaëlis   9 vós] uus Monteagudo   10 vos] vus Michaëlis   11 amig’] amigo Monteagudo   12 vos] vus Michaëlis : uus Monteagudo   14 vos] vus Michaëlis   15 vos] vus Michaëlis   17 vos] vus Michaëlis : uus Monteagudo; ja] ia (non) Monteagudo   18 todo] tod’o Michaëlis, Cunha, Littera

Paraphrase


(I) –Din, señora, que dixestes sobre min que houbo un tempo e que houbo unha ocasión en que vos agradaba ouvirdes falar de min daquela, e que xa non é así.

–Din verdade, amigo, porque non entendía o que despois entendín.

(II) –E, señora, din, aínda que vos amo tanto que morro, que de nada me vale, pois vós dicides deste tal amor que nunca del vos vén máis que mal.

–Din verdade, amigo, e, xa que é mal, non faledes diso, porque non vos ten proveito ningún.

(III) –Mais eu penso, fermosa miña señora, que, desde que vos vin, sempre evitei causarvos pesar; mais que farei, pois por vós morro e non teño desexo de ningunha outra cousa?

–Non vos vale de nada, amigo, porque xa coñezo o porqué de todo o voso amor.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10b 10a (= RM 148:1)

Notes


Texte
  • *

    Esta cantiga tamén é considerada anónima.

  • 1

    O evidente erro do manuscrito, con ausencia, ademais, de unha sílaba métrica esixe a restauración de dissestes, forma verbal pedida polo contexto.

  • 4

    Ao longo do corpus áchanse poucas ocorrencias de ja con crase coa voz seguinte (sempre iniciada por a-), talvez polo carácter semitónico do adverbio: j’a –pronome ou preposición– (25.3, 64.10, 1588.20), j’alguen (92.24), j’assi (238.10, 408.4), j’agora (365.16, 764.r2, 1281.1), j’amigo (689.2). Nótese como en todos os casos ja perde tonicidade (coa conseguinte facilidade para a crase) pola presenza dunha tónica inmediata (alguen, assi, agora, amigo) ou case inmediata (poder). Certamente, débese relativizar o carácter inusual da crase de ja á luz doutras máis estrañas, aínda que puntuais, entre formas verbais de P3 de futuro indicativo (avera, matará, pesará, seera) coa preposición a e co adverbio ali, que non encontran solución gráfica satisfactoria máis do que unha representación do tipo aver’a (59.26), matar’Amor (396.19), pesar’a (898.19) e seer’ali (1637.28). Véxase nota a 59.26.

  • 12

    Nótese a inusual colocación do adverbio i antes do verbo, seguramente condicionada polo feito de manter a acentuación na cuarta sílaba. Véxase nota a 204.3.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé