825 [= RM 117,2]
Dizia la ben-talhada

Dizia la ben-talhada:
«Agor’a viss’eu penada
ond’eu amor ei!».
A ben-talhada dizia:
«Penad’a viss’eu un dia
ond’eu amor ei,
ca, se a viss’eu penada,
non seria tan coitada
ond’eu amor ei!
Penada se a eu visse,
non á mal que eu sentisse
ond’eu amor ei!
Quen lh’oje por mí dissesse
que non tardass’e veesse
ond’eu amor ei!
Quen lh’oje por mí rogasse
que non tardass’e chegasse
ond’eu amor ei!».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manoscritti


B 828, V 414

As estrofas V-VI aparecen en orde invertida no Cancioneiro da Biblioteca Nacional.

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 212-213 [= LPGP 753]); Reali (1962: 180-181); Cohen (2003: 285); Littera (2016: II, 267); Callón (2020: 11).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 155-156); Braga (1878: 78); Machado & Machado (1953: IV, 138); Callón (2017: II, 30).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 27-28); Bernárdez (1952: 74); Nunes (1959: 355-356); Álvarez Blázquez (1975: 60); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 193); Gutiérrez (2023: 151).

Varianti manoscritte


3 ondeu amor (ond) ey V   4 talhada] thalada V   5 viss’eu un] uissenhū B : uisse nhū V

Varianti editoriali


En Littera e Callón é trocada a orde das dúas derradeiras estrofas (I-II-III-IV-VI-V).

2 Agor’a] agora Nunes, Reali, Littera   5 Penad’a] penada Nunes, Reali, Littera   7 a] o Nunes, Littera   10 Penada se a eu] Penada, se o eu Nunes, Littera : penada se eu o Reali

Parafrasi


(I) Dicía a moi ben feita: «Oxalá agora eu a vise coitada, (aquela) onde teño amor!».

(II) A moi ben feita dicía: «Coitada a vise eu un día (aquela) onde teño amor, (III) pois, se a vise coitada, (eu) non sufriría tanto, (aquela) onde teño amor!

(IV) Se eu a vise coitada, non hai mal que eu puidese sentir… (aquela) onde teño amor!

(V) Quen hoxe por min lle dixese que non tardase e que viñese (aquela) onde teño amor!

(VI) Quen hoxe por min lle rogase que non tardase e que chegase (aquela) onde teño amor!».

Metrica


Esquema métrico: 6 x 7’a 7’a 5B (= RM 26:111)

Note


Testo
  • *

    A interpretación desta cantiga admite dúas direccións conforme se considerar que a amiga fala de unha rival, ou, contrariamente, que a voz feminina se dirixe a outra amiga, isto é, que se trate dunha cantiga lésbica (véxase Callón Torres 2017: II, 31; 2018; 2020).

  • 1-4

    Ao longo do corpus nunca se rexistra ningunha forma de artigo arcaico (lo, la) en inicio de período e/ou de verso. É por isto que nesta cantiga se percibe con clareza o notorio contraste que marca o emprego da forma la do artigo, en contexto posvocálico, na primera cobra, e o uso da forma normal a no inicio da segunda, no verso reflexo (Dizia la ben-talhada vs. A ben-talhada dizia). A manutención de /l/ na forma do artigo indica a procura dunha retórica arcaizante na elaboración de cantigas de amigo (véxase Ferreiro 2008b, 2013), igual que acontece noutras cantigas (587, 609, 704, 735, 781, 864, 891, 892, 903, 969, 1130, 1166, 1167, 1169, 1201, 1206, 1281, 1294, 1297, 1299, 1304 e 1314) e do mesmo xeito que acontece coas correspondentes formas pronominais (véxase nota a 586.5).
    O incipit desta cantiga de Pedr’Eanes Solaz foi aproveitado por Afonso Sanchez noutra cantiga de amigo, cunha intertextualidade reforzada pola aparición da forma la do artigo (véxase 781.5).

  • 2-5

    Nestes dous versos, na dirección que marcou a edición de Machado, Cohen consolidou a segmentación do pronome feminino en Agor’a e Penad’a, respectivamente, fornecendo fluidez discursiva a un texto que ficaba deficiente na tradicional edición de Nunes (e de Reali e mais de Littera).

  • 7-10

    Nótese a emenda no pronome feminino que Nunes (nos dous versos), Reali (só no v. 10) e Littera realizaron, inxustificadamente, no texto, talvez para procurar unha presenza masculina que non existe na cantiga (se a eu visse penada, v. 7; Penada se a eu...).

  • 13-18

    A troca de lugar das estrofas V-VI en Littera carece, en aparencia, de xustificación.

Cerca
    Nessun risultato trovato