789 [= RM 81,6]
Do meu amig’, a que eu defendi

Do meu amig’, a que eu defendi
que non fosse d’aqui per nulha ren
alhur morar, ca mi pesava én,
vedes, amiga, o que aprendi:
que ést’aqui e quer migo falar,
mas ante pod’aqui muito morar.
Do que [vós] vistes que me preguntou,
quando s’el ouve d’aqui a partir,
se mi seria ben, se mal, de s’ir,
ai amiga, mandado mi chegou
que ést’aqui e quer migo falar,
[mas ante pod’aqui muito morar].
Do que vós vistes mui sen meu prazer
partir d’aqui, quando s’end’el partiu
e non me falou enton nen me viu,
ai amiga, veeron-mi dizer
que ést’aqui [e quer migo falar,
mas ante pod’aqui muito morar]
que migo fale: avera do pesar
que m’el fez, que mi poss’eu ben negar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


B 792, V 376

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 185-186 [= LPGP 553]); Cohen (2003: 260); Fregonese (2007: 113); Littera (2016: II, 15-16).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 143); Braga (1878: 71); Machado & Machado (1953: IV, 91-92).

Manuscript variants


17 ést’] ē B

Editorial variants


6 mas] ma[i]s Nunes; pod’aqui] pôd’aqui Nunes   7 [vós]] om. Fregonese   12 mas] ma[i]s Nunes; pod’aqui] pôd’aqui Nunes   18 mas] ma[i]s Nunes; pod’aqui] pôd’aqui Nunes   19 fale: avera] fal’e verá Nunes, Littera : fal’e averá Fregonese   20 negar] vengar Nunes : ve[n]gar Cohen, Littera

Paraphrase


(I) Do meu amigo, a quen eu lle prohibín que por nada do mundo se fose de aquí para morar noutro lugar, porque iso me causaba pesar, vede, amiga, o que acabo de saber: que está aquí e quere falar comigo, mais pode vivir aquí moito tempo antes (de que eu llo consinta).

(II) Do que vós vistes que me preguntou, cando se tivo que ir de aquí, se me parecía ben ou mal que el se fose, ai amiga, chegoume un recado de que está aquí e quere falar comigo, mais pode vivir aquí moito tempo antes.

(III) Do que vós vistes partir de aquí moi contra a miña vontade, cando el marchou de aquí e non me falou entón nin me viu, ai amiga, viñéronme dicir que está aquí e quere falar comigo, mais pode vivir aquí moito tempo antes (1) de que fale comigo: sentirá o mesmo pesar que el me fixo, pois eu ben me podo negar (a falar con el).

Metrics


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:148)

Encontros vocálicos: 19 fale:avera

Notes


Text
  • *

    O tempo verbal de poder no refrán admite unha outra posibilidade de interpretación, baseada na consideración da forma verbal pod(e), en todas as estrofas, como pretérito pôd(e). Nese caso, e como mostra, a edición dos últimos versos da cantiga precisaría un axuste na puntuación, que ficaría así:

    ai amiga, veeron-mi dizer
    que ést’aqui [e quer migo falar,
    mas ante pôd’aqui muito morar].

    Que migo fale: avera do pesar
    que m’el fez, que m’i poss’eu ben negar.

    Eis a interpretación: ‘ai, amiga, viñéronme dicir que está aqui (o meu amigo) e quere falar comigo, mais antes ben puido morar aqui moito tempo. Que fale comigo: recibirá do pesar que el me fixo, pois alí eu ben me podo negar (a falar con el)’.

  • 6

    A aparición da variante reducida mas da adversativa mais indica que a forma mas (tamén nos vv. 6, 12 e 18), non é exclusiva dos textos copiados no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 692.10), pois en BV presenta catorce ocorrencias (véxase tamén 733.15, 749.15, 1038.4, 1046.10, 1201.10, 1225.4, 1245.6, 1246.22, 1282.10, 1387.13, 1432.21, 1573.5, 1652.29). 

  • 7

    A hipometría do verso (que Fregonese non corrixe) é facilmente subsanábel a partir do paralelismo entre os versos iniciais das estrofas II e III: Do que [vós] vistes que me preguntou (v. 7) - Do que vós vistes mui sen meu prazer (v. 13).

  • 19-20

    Nunes (e Littera) segmentou a copulativa en <fale> e emendou a lección <au’a> para evitar unha sinalefa interdita; polo contrario, Fregonese mantén a lectura avera xunto coa copulativa segmentada, de maneira que converte en hipermétrico o verso pola obrigada dialefa e | avera.

    Por outra banda, Nunes, Cohen e Littera coinciden na emenda de <negar> para vengar (explicábel por erro de copia a partir duha forma <uēgar> con perda do til e troca de <u> por <n>), pois o contexto acepta perfectamente a presenza da vinganza nesta fiinda:

    que migo fale: avera do pesar
    que m’el fez, que mi poss’eu ben vengar.

    Porén, a lección negar dos apógrafos é transparente e semanticamente posíbel polo desenvolvemento conceptual do poema, nun remate conclusivo e epifonemático onde acae ben negar, que neste contexto leva implícita a idea da vinganza: ‘morará moito aquí antes de que fale comigo: devolvereille o pesar que el me fixo, xa que ben me podo negar (a falar con el)’. 

Search
    No results