I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 462-464 [= LPGP 797-798]); Reali (1964: 92); Fernández Campo (2012: 129); Littera (2016: II, 324-325).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 240-241); Braga (1878: 130); Machado & Machado (1956: V, 120-122).
III. Antoloxías: Torres (1977: 80-81); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 185-186); Arias Freixedo (2003: 735-737); Mongelli (2009: 38-39).
1 fez] om. B 4 u a] huā V 5 os] om. B 7 parece] parare B 13 Deus] des V 14 gran] gr̃a B; querer] (dizer) querer B 18 dos] do B; foi] fuy V 20-21 non-/ca] nūca BV 23 quand’eu] ꝙ̄ deu V; começar] (falar) comecar B 24 E (g̃ue dia) Con ela g̃ue dia deseiey B 28 morri] moiri BV; morrerei] moirerey B 31 bõa] boa B
2 [en] aquel dia e[n] que] aquel dia e[n] que Reali, Fernández Campo : aquel[e] dia e[m] que Littera 3 e] e[n] Nunes, Reali 5 e] E[n] Nunes, Reali 6 e] e[n] Nunes, Reali; mi] me Nunes 7 parece] pareç’e Nunes 8 E] E[n] Nunes, Reali, Fernández Campo 9 dela ‘ntendi] d’El antendi Reali : del’entendi Littera 10 e] e[n] Nunes, Reali 12 e] e[n] Nunes, Reali 15 E] E[n] Nunes, Reali, Fernández Campo 17 e] e[n] Nunes, Reali 18 dos] dus Reali; foi] fuy Nunes, Reali : fui Fernández Campo, Littera 19 por] per Fernández Campo 20-21 non-/ca eu] non / eu Nunes, Fernández Campo : nunca / eu Reali : ca nom / eu Littera 22 E] En Nunes : E[n] Reali, Fernández Campo 26 foi por mí] foy-mi Nunes : foi per mi Fernández Campo : foi-mi Littera 27 eu a vi] a eu vi Nunes 29 [enton]] om. Reali, Fernández Campo 31 per] por Nunes, Reali, Fernández Campo; min] mi Nunes, Littera
(I) En infausto día me fixo Deus nacer naquel día en que eu nacín, e en infausto día me fixo ver a miña señora cando a vin por primeira vez, e infelizmente vin os seus ollos e infelizmente me fixo entón Deus ver o moi fermosa que é.
(II) E en infausto día Deus me fixo percibir o moito ben que eu percibín nela, e en grave día me fixo coñecer aquel día en que a coñecín; e en infausto día ma fixo entón, meus amigos, infelizmente, ma fixo Deus, tanto como a eu amo, amar.
(III) E infelizmente para min lle falei aquel día en que lle eu fun falar, e infelizmente para min a ollei cos meus ollos cando a fun ollar, e infausto día foi para min entón cando a vin, infelizmente, pois eu nunca unha muller tan fermosa verei.
(IV) E en infausto día para min comecei (unha relación) coa miña señora cando eu fun comezar con ela (unha relación); en infausto día desexei o moito ben que ela me fixo desexar; infausto día foi para min desde o momento en que a vin, infelizmente: pois non morrín por ela, nunca morrerei.
(1) E porque me afastei dela entón, esmorezo mil veces e non recoñezo, abofé, ningunha parte de min.
(II) E non me culpen desde agora de estar sandeu, pois ensandecín pola muller máis fermosa que coñezo.
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10a (= RM 100:13) + 10a 10a 10d + 10d 10d 10a
Encontros vocálicos: 12 mi͜-a; 13 mi͜-a; 21 ca‿eu, ve·e·rei
Integramos a preposición en como parte do complemento circunstancial de tempo ([en] aquel dia), presente noutras pasaxes (cfr. 1040.4). Reali e Fernández Campo prolongan a hipometría versal por non consideraren a necesidade de integración ningunha.
Nesta composición é continua a intromisión dos editores (Nunes e Reali, e parcialmente Fernández Campo) para reconverteren desnecesariamente a copulativa e nunha preposición en que os códices non indican. Tal situación prodúcese nos vv. 3, 5, 6, 8, 10, 12, 15, 17 e 22, pola reiteración do sintagma grava dia.
O verbo entender presenta elisión da vogal inicial e- (cfr. tamén en 1249.9 podia ‘ntender), do mesmo modo que outras voces foneticamente similares que se poden achar ao longo do corpus, sempre após vogal a: encobrir: a ‘ncobrir (6.4, 261.11); endurar: coita ‘ndurar (155.r2, 195.15 e 18); ensandecer: querria ‘nsandecer (182.7), a ‘nsandecer (182.16), ela ‘nsandeci (389.5); entender: ela ‘ntendi (1092.9), podia ‘ntender (1249.9). A mesma elisión pode verse en a ‘ndar (700.r2) e mais en ela ‘nton (1400.5), para alén doutros encontros con crases similares. Véxase nota a 18.16, 51.1, 73.19, 358.21, 878.1.
Obsérvese como o copista de B corrixe, no proceso de copia, os lapsos que comete, tanto neste verso (onde risca dizer para copiar despois o correcto querer) como no v. 23, onde fai algo similar: risca falar e copia despois o correcto comecar (co lapso <c>/<ç>).
A prioridade concedida a B fai que apareza como P1 de pretérito de indicativo de seer a variante foi: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī latino final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).
Esta pasaxe levanta un interesante problema ecdótico arredor da lección unánime <nūca>, que xera un contexto diferentemente resolvido nas edicións, todas elas con emendas.
En primeiro lugar, Nunes, Fernández Campo e Littera coinciden na solución non / eu. Eis a versión de Littera:
e grave dia foi por mi entom
quando a vi, grave dia, ca nom
eu dona tam fremosa veerei.
Por súa parte, Reali opta por nunca / eu:
e grave dia foi por mí enton
quando a vi, grave dia, ca nunca
eu dona tan fremosa veerei.
Ambas as propostas son insatisfactorias, por presentar unha construción non gramatical, a primeira, mentres que a segunda, de Reali, quebra a estrutura rimática.
Eis a transcrición da pasaxe nos apógrafos; a lección de B:
<E g̃ue dia foy p’mi entō
Quandoa vj
Graue dia ca nūca eu dona tā fremosa ueerey>
E a de V:
<e g̃ue dya foy p’mi entō quādoa uy
g̃ue dia ca nūca eu dota tā f’mosa ueerey>
A única solución que resulta coherente lingüística e metricamente asenta na consideración dunha banalización da forma nonca por parte de BV, adverbio que debe ser segmentado para conseguir a rima no v. 20 e a medida no v. 21:
e grave dia foi por mí enton
quando a vi, grave dia, ca non-
ca eu dona tan fremosa veerei.
Deste xeito, transparece esta rara variante (do lat. nŭmquam, sen incidencia da trabazón por nasal, véxase Ferreiro 1999 [1995]: §8b.1), que vén sumarse ao rexistro da mesma forma en 772.9.
Finalmente, e para alén dos exemplos de segmentación do derradeiro elemento do verso, que afecta en xeral a conglomerados (véxase nota a 14.22-23, 37.18-19, 123.24-25, 1092.20-21 e 1542.3-4), a tmese métrica propiamente dita presenta moi poucos exemplos no corpus: di-/a (482.1-2, non-/ca (1092.20-21), Albar-/dar (1379.8-9), al-/çou (1577.r1-2) e, sobre todo, a cantiga 548, da autoría de Don Denis. Nas Cantigas de Santa Maria a tmese é máis frecuente: ora- / çon (CSM 32.12-13), ser- / vo (56.41-42), san- / t’om’... (66.40-41), ni- / hũa (94.22-23), disser- / ron (135.132-133), a- / quela (255.68-69), Sant- / ta (292.77-78).
Novamente a métrica xustifica a suplementación do verso con enton, aínda que habería outras posibilidades para considerar: E, porque m’eu dela [enton] quitei, / esmoresco mil vezes...