266 [= RM 79,19 (= 157,20)]
En grave dia, sennor, que vos vi

En grave dia, sennor, que vos vi,
por mí e por quantos me queren ben,
e, por Deus, sennor, que vos non pes én;
e direi-vos quanto per vós perdi:
perdi o mund’e perdi-me con Deus
e perdi-me con estes ollos meus,
e meus amigos perden, sennor, min.
E, mia sennor, mal dia eu naci
por tod’este mal que me por vós ven,
ca per vós perdi tod’est’e o sén
e quisera morrer e non morri,
ca me non quiso Deus leixar morrer
por me fazer maior coita sofrer
por muito mal que me ll’eu mereci.
E na mia coita, pero vos pesar
seja, sennor, ja-que vos falarei,
ca non sei se me vos ar veerei,
tanto me vej’en mui gran coit’andar
que morrerei por vós, u non jaz al:
catade, sennor, non vos esté mal,
ca polo meu non vos venn’eu rogar.
E ar quero-vos ora consellar,
per bõa fe, o mellor que eu sei;
metede mentes no que vos direi:
quen me vos assi vir desamparar
e morrer por vós, pois eu morto for,
tan ben vos diran por mí «traedor»
come a min por vós se vos matar.
E de tal preço guarde-vos vós Deus,
sennor e lume destes ollos meus,
se vos vós én non quiserdes guardar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manuscrits


A 158

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 317-318 [= LPGP 533]); Correia (2001: 215); Littera (2016: I, 595).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 94-95); Marques Braga (1945: 296-298); Machado & Machado (1960: VII, 17-18); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 266).
III. Antoloxías: Fiúza (1981: 148-149); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 149); Fidalgo (2009a: 56).

Variants manuscrites


1 vos] uus A   3 vos] uos A   4 vos] uus A   16 vos] uos A   20 vos] uos A   24 vos] uos A   28 vos] uos A   29 vos] {uos} A   31 vos] uus A

Variants editorials


1 vos] vus Michaëlis   3 vos] vos Michaëlis   4 vos] vus Michaëlis   7 min] mi Michaëlis   15 E na ... vos] Essa ... vus Michaëlis : Ena ... vos Littera   16 vos] vus Michaëlis   17 vos] vus Michaëlis   20 non vos esté] per vos est’é Michaëlis : non vos estê Correia : non vos éste Littera   21 vos] vus Michaëlis   22 vos] vus Michaëlis   24 vos] vos Michaëlis   25 vos] vus Michaëlis   27 vos diran] vus dirá Michaëlis : vos dirá Littera   28 vos] vus Michaëlis   29 guarde-vos vós] vos guarde-vus Michaëlis : vos guarde-vos Littera   31 vos] vus Michaëlis

Paràfrasi


(I) En triste día, señora, vos vin, para min e para cantos me queren ben, e, por Deus, señora, (pídovos) que iso non vos cause pesar, e direivos canto perdín por vós: perdín o mundo e púxenme a mal con Deus e condeneime con estes ollos meus, e os meus amigos pérdenme, señora, a min.

(II) E, miña señora, en mal día nacín eu por todo este mal que me por vós vén, pois por vós perdín todo isto e a cordura, e quixera morrer e non morrín, porque me non quixo Deus deixar morrer para me facer sufrir maior coita polo moito mal que lle eu merecín.

(III) E da miña coita, aínda que vos incomode, señora, un pouco vos falarei, porque non sei se vos verei de novo, (pois) tanto me vexo en gran coita andar que morrerrei por vós, certamente: reparade, señora, non vos pareza mal, pois eu non vos veño rogar polo meu (proveito).

(IV) E tamén vos quero agora aconsellar, abofé, o mellor que eu sei; ponde atención ao que vos direi: quen me vos así vexa desamparar e morrer por vós, logo que eu morto for, tan ben vos chamará «traidora» por min como a min por vós se eu vos matase.

(1) E de tal consideración vos garde Deus, señora e luz destes ollos meus, se vós diso non vos quixerdes gardar.

Mètrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10c 10c 10a (= RM 161:56)

Notes


Text
  • 7

    Os pronomes min (v. 7) e vós (v. 29) son formas tónicas oblicuas en función de complemento indirecto sen preposición, función que na lingua trobadoresca pode ser exercida polas formas pronominais tónicas oblicuas: ou por min fazerdes vós ben, 18.14; nen quer’eu ela consentir / quanto mal me faz, 84.10 etc.

  • 15

    As emendas michaëlianas contradín a lección de A e non melloran en absoluto o texto, tal como se pode comprobar en varios versos desta cantiga (vv. 15, 20, 29).

  • 16

    A aglutinación de ja e que xerou o pronome indefinido ja-que ‘algo’ (cfr. ja-quanto; véxase nota a 347.9), que ten certo uso na lingua trobadoresca (33.14, 56.25, 347.14, 380.23, 603.7, 1021.20, 1417.2, 17 e 27, 1675.3). Cfr. notas a 1012.18 e 1419.32.

  • 19

    É desnecesaria a recolocación dos pronomes persoais realizada por Michaëlis e Littera. Sintacticamente a lección do manuscrito é correcta, xa que a forma tónica vós, CD, pode ir sen preposición (véxase nota a 10.1); por outra banda, a repetición sucesiva dos pronomes átono - tónico é voluntaria, como demostra o feito de que apareza a mesma sucesión no derradeiro verso (v. 31)

    A frase formularia u non jaz al ‘certamente, sen dúbida’, concorrente con u al non jaz (só en 55.15), é equivalente a u al non á (e as súas variantes), como se patentea a través da variante de B’ na cantiga 31 (véxanse notas a 25.11 e 66.29). De todos os xeitos, nótese como na segunda copia desa cantiga se rexistra a variante fraseolóxica u non á al (<hunō aal B’), que só se rexistra en 104.34.

  • 20

    A consideración de esté, presente de subxuntivo, evita a irregular e forzada segmentación est’é de Michaëlis, que se viu tamén obrigada a converter non en per, para alén de responder a outros usos da mesma forma verbal. Cfr. por Deus, senhor, non querades fazer / en min agora que vos esté mal (497.14). E tampouco é acorde co sentido do período a forma presente éste proposta en Littera.

  • 27

    Lémbrese que traedor, como todos os nomes acabados en -or, é invariábel no período medieval (cfr. a omnipresente senhor), e só no final do período se manifesta unha forma feminina analóxica (véxase Glosario, s.v. senhora, con nove ocorrencias unicamente).

  • 29

    A voz preço (do lat. pretium) mostra unha perfecta equivalencia semántica co provenzalismo prez, que ten a mesma orixe. Véxase a súa convivencia nun refrán de Fernan Garcia Esgaravunha:

    que El i leixe mao prez aver
    a quen mal preço vos quer apoer
    (212.5-6).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat