316 [= RM 72,5]
En que afan que oj’eu viv’, e sei

En que afan que oj’eu viv’, e sei
que, enquant’eu eno mundo viver,
afan e coita ei sempre d’aver!
Vedes por que, por quanto vos direi:
por ũa dona que eu quero ben
atal per que ei perdudo meu sén
e por que ei mui cedo de morrer,
ca me dá coita, que de pran ben sei
que non poss’eu muit’assi guarecer,
ca ela ja non m’á ben de fazer,
nen o atendo nen o averei
nen rog’a Deus eu ja por outra ren
senon por morte que me dé por én
(se perderei coita pois que morrer!),
ca per al ja eu esto ben o sei,
ca mi-o faz Deus e mia sennor saber,
que me fazen atal coita sofrer
qual vos eu digo, que non poderei
aquesta coita, que m’en coita ten,
perder por al se me cedo non ven
mia mort’, e por én querria morrer,
ca, per quant’eu de mia fazenda sei,
o mellor é pera mí de morrer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 

Manuscrits


A 205, B 356

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 399-400 [= LPGP 471]); Littera (2016: I, 551).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 130); Carter (2007 [1941]: 120-121); Machado & Machado (1950: II, 124-125); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 316).

Variantes manuscrites


1 viv’e sei] ui essey A   4 vos] uus A   6 per] om. B   7 morrer] moirer B   8 me] mj B; ben sei] me sei B   10 m’á] mha B   11 atendo] atendeu B; o] om. B   12 eu ja por] por eu ia pᵉ B   13 me] mj B   14 morrer] moirer B   18 vos] uus A   19 m’en coita ten] meu coyta ren B   20 me] mj B   21 om. B   22 per] pᵉ B   23 mí de morrer] mj̄ de moirer B

Variantes éditoriales


1 oj’eu] oge Michaëlis : hoje Littera   4 vos] vus Michaëlis   6 per] por Littera   13 dé] dê Michaëlis, Littera   18 vos] vus Michaëlis

Paraphrase


(I) En que afán vivo eu hoxe, e sei que, mentres viva neste mundo, sempre hei ter afán e coita! Vede por que, por isto que vos direi: por unha dona que eu amo tanto que perdín a razón e por quen moi cedo hei morrer, (II) porque me dá coita, pois con certeza ben sei que non podo así sobrevivir moito, pois ela xa non me ha de facer ben, nin o espero nin o terei nin rogo a Deus eu xa por outra cousa agás por que me dea morte por iso –a ver se así perderei a coita unha vez que morra!–, (III) pois isto seino ben por outra cousa, xa que mo fan saber Deus e a miña señora, que me fan sufrir tal coita cal vos eu digo, porque esta coita, que coitado me ten, non poderei perder por nada se a miña morte non me vén cedo, e por iso querería morrer, (1) porque, por canto sei da miña vida, o mellor para min é morrer.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10b + 10a 10b (= RM 163:4)

Encontros vocálicos: 16 mi-‿o

Notes


Texte
  • *

    Aínda que en Michaëlis e Littera non é considerado, o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición parece indubitábel, con estrofas ligadas causalmente coa conxunción ca. Véxase nota á cantiga 15.

  • 14

    A partícula se non pode ser conxunción condicional introducindo un tempo futuro (tal como se desprende da edición michaëliana), razón pola cal a interpretación máis factíbel é considerala como adverbio modal (‘así’) a formar parte dunha frase exclamativa de carácter parentético.

  • 17

    Aínda que os manuscritos subministran a lección <faz en>, con deglutinación dos dous elementos, o texto da cantiga solicita a forma verbal plural fazen, cuxo suxeito será Deus e a sennor (v. 16). Unha alternativa editorial do tipo faz én, considerando que o suxeito é unicamente sennor, resulta máis forzada.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé