137 [= Tav 97,6]
En tal poder, fremosa mia sennor

En tal poder, fremosa mia sennor,
sõo de vós qual vos ora direi:
que ben ou mal, enquant’eu vivo for,
qual vos prouguer, de vós atende-l’-ei,
ca, se me vós, sennor, fezerdes ben,
ben me verra de Deus e d’outra ren,
e, se me vós quiserdes fazer al,
Amor e Deus logo me faran mal;
que entend’eu, fremosa mia sennor,
mentr’eu vos vir, que nunca perderei
gran ben de Deus nen de vós nen d’Amor,
ca, pois vos vejo, de tod’eu ben ei;
e direi-vos, mia sennor, que mi aven:
amor de Deus prend’[e] esforç’e sén
mentre vos vejo; mais, pois vos non vir,
esforç’e sén e Deus an-mi a falir.
E des enton, fremosa mia sennor,
nunca de Deus nen de mí prenderei
prazer nen ben de que aja sabor,
ca, mia sennor, de qual guis’averei
ben deste mundo, pois me for d’aquen?
Ca perderei quanto prazer me ven,
pois vos non vir, e perderei des i
Deus, mia sennor, e o seu ben e mí.
E direi-vos, fremosa mia sennor,
pois vos non vir, quan perdud’eu serei:
perderei sén e esforço e pavor,
e des i ben nen mal non sentirei;
e, mia sennor, al vos ar direi én:
non me terrá consello que me den
dano nen prol nen pesar nen prazer;
e per qual guisa m’ei máis a perder?
Ca perdud’é, sennor, a meu cuidar,
quen perde sén e prazer e pesar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 

Manuscritos


A 50, B 162

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 107-108); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 90-91 [= LPGP 643-644]); Littera (2016: II, 125-126).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 66); Carter (2007 [1941]: 32-33); Machado & Machado (1949: I, 242-243); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 137).
III. Antoloxías: Gonçalves & Ramos (1983: 139-140); Alonso Girgado (1992: 80); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 139-140).

Variantes manuscritas


2 sõo] soo A : soon B; vos] u(u)s A   4 vos] uus A; atende-l’-ei] atenderey B   6 me verra de Deus] mj ueira deuos B   7 me] mj B   8 logo] log A; me] ma(l) [m{e}?] A : mj B   9 Que] E B   10 vos] uos AB   12 vos] uos A   15 vos] uos A   16 esforç’e] esfoce B; an-mi a] amha B   18 mí prenderei] mj̄ pūd’ei B   20 guis’] gⁱsa B   23 vos] uos B   24 mí] mj̄ B   25 vos] uos A   26 vir, quan perdud’eu] nir ʷ ꝑdudo B   27 esforço e] esforco e A : esforçe B   28 sentirei] sentir’ey B   29 ar] er B   30 me terrá] mj teira B; me] mj B   32 guisa] guissa A   33 sennor] senor A; meu] men B   34 quen perde] ʷ ꝑdo B

Variantes editoriais


2 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   4 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso; atende-l’-ei] atenderey Bertolucci Pizzorusso   6 me] mi Bertolucci Pizzorusso   7 me] mi Bertolucci Pizzorusso   8 me] mi Bertolucci Pizzorusso   9 que] E Bertolucci Pizzorusso, Littera   10 vos] vus Michaëlis, vos Bertolucci Pizzorusso   12 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   13 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   15 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   16 an-mi a] an mi-a Michaëlis   18 mí] min Bertolucci Pizzorusso : mim Littera   20 guis’] guisa Bertolucci Pizzorusso, Littera   23 vos] vus Michaëlis, vos Bertolucci Pizzorusso   24 mí] min Bertolucci Pizzorusso   25 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   26 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso; perdud’eu] perdudo Bertolucci Pizzorusso, Littera   27 esforço e] esforç(o) e Michaëlis : esforç’e Bertolucci Pizzorusso, Littera   29 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso; ar] er Bertolucci Pizzorusso   30 me ... me] mi ... mi Bertolucci Pizzorusso : mi ... me Littera   32 per] por Michaëlis

Paráfrase


(I) En tal poder estou eu de vós, fermosa miña señora, cal vos agora direi: que ben ou mal, cal vos prouguer, en canto eu vivo for heino esperar de vós, porque, se me vós fixerdes ben, señora, ben me virá de Deus e de calquera outra cousa, e, se me vós quixerdes facer outra cousa, Amor e Deus logo me farán mal; (II) pois entendo eu, fermosa señora miña, que mentres eu vos vexa nunca perderei o gran ben de Deus nin de vós nin de Amor, porque, cando vos vexo, de todo recibo eu ben; e direivos, miña señora, o que me acontece: mentres vos vexo sinto amor de Deus e ánimo e cordura; mais, cando non vos vexa, o ánimo, a cordura e Deus hanme de faltar.

(III) E desde entón, fermosa miña señora, nunca de Deus nin de min recibirei pracer nin ben de que sinta pracer, porque, miña señora, de que maneira poderei ter ben deste mundo despois de me ter ido de aquí? Porque perderei canto pracer me vén, cando vos non vexa, e desde ese momento perderei a Deus, miña señora, e o seu ben e a min mesmo.

(IV) E direivos, fermosa miña señora, até que punto eu estarei perdido cando non vos vexa: perderei a cordura e o ánimo e o pavor, e desde ese momento non sentirei o ben nin o mal, e, miña señora, outra cousa vos direi sobre iso: calquera consello que me dean non me suporá dano nin proveito nin pesar nin pracer: e de cal das formas me hei de perder máis? (1) Porque perdido está, señora, na miña opinión, quen perde a cordura e o pracer e o pesar.
 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10d 10d + 10e 10e (= Tav 107:1)

Encontros vocálicos: 13 mi‿aven; 16 -mi‿a; 27 esforço‿e

Notas


Texto
  • 2

    Contrariamente ao que acontece decote, neste caso é o Cancioneiro da Biblioteca Nacional o que mantén a nasalidade de sõo, face á forma transmitida polo Cancioneiro da Ajuda. Cfr. nota a 139.21.

  • 9

    Interpretamos o que inicial da estrofa como conxunción completiva, paralela ao que do v. 3, dependentes de direi, no v. 2, xa que a causal vén depois, introducida por ca no v. 12. Talvez a complexidade da construción sexa o que explica a lección de B, que simplifica a sintaxe. Sobre a alternancia ca ~ que A / e BV véxase nota a 64.15.

  • 24

    O pronome , como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 29

    O adverbio de reforzo ar tende á oposición ar A vs. er BV, aínda que existe lección coincidente ar AB en 140.20, 188.18, 198.28, 216.12, 243.25, 272.9, 277.12. Na realidade, a situación é aínda máis complexa, porque a oposición ar A vs. er B aparece en 134.15, 135.23, 142.17, 176.6, 177.4 e 199.34, mais en 310.7 e 14 a oposición é inversa: er A vs. ar B. Cfr. tamén nota a 1310.7 e 383.19-20.

  • 30-31

    Téñase en conta o hipérbato no v. 30, pois a orde linear é a seguinte: «consello que me den non me terrá dano nen prol nen pesar nen prazer».

  • 32

    No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <guisa> neste verso, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada (72.27, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado