275bis [= Tav 79,8]
En tan grave dia sennor fillei

En tan grave dia sennor fillei
a que nunca «sennor» chamar ousei.
Desta coita nunca eu vi maior:
morrer, e non ll’ousar dizer «sennor»,
ca, de pran, moiro querendo-lle ben,
pero non ll’ous’én dizer nulla ren,
ca dize-lo cuidei ou a morrer,
e, pois-la vi, non ll’ousei ren dizer,
ca por máis mia prol tenno de morrer!
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscritos


A 168, B 319b

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 335-336 [= LPGP 527-528]); Correia (2001: 365); Littera (2016: I, 601-602).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 117); Carter (2007 [1941]: 101); Machado & Machado (1950: II, 65-66); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: II, 275 bis).

Variantes manuscritas


4 morrer] Moirer B   5 ca] {C} (c)a A; lle] lhi B   7 ca] ca dize-lo cuidei ou a morrer] {C} (c)a dizelo cuidei o a morrer A : Ca diz’lho cuydei oia moirer B   8 pois-la] poila B; ren dizer] {ren} dizer (ren) A   9 ca máis mia prol tenno de morrer] Ca pe mha ꝓl mais tenho demoirer B

Variantes editoriais


Esta cantiga está incorporada á cantiga anterior en Michaëlis e Littera, como se fosen cinco fiindas.

3 Desta] D(e) esta Michaëlis

Paráfrase


(I) En tan funesto día tomei señora a quen nunca ousei chamar «señora».

(II) Outra coita maior que esta eu nunca vin: morrer, e non lle ousar dicir «señora», (III) porque, certamente, morro amándoa, mais non ouso dicirlle nada diso, (IV) pois pensei en llo dicir ou en morrer, e, despois que a vin, non ousei dicirlle nada, (1) porque considero que morrer sería máis proveitoso para min!
 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10a + 10a

Notas


Texto
  • *

    A disposición como texto propio da cantiga é clara en A, que inicia a primeira estrofa cunha maiúscula de módulo maior que as que preceden as estrofas sucesivas da composición. Pola contra, B non establece diferenzas gráficas entre o inicio deste texto e o precedente, que comeza cunha capital notablemente adornada. Aínda que na transmisión da cantiga (anómala na súa estrutura) se puido verificar algún tipo de erro, parece obvio que, contrariamente a canto sinala B, esta peza non pode formar parte da precedente, coa que non comparte tema nin esquema métrico-rítmico. Cfr. nota á cantiga 275.

  • 7

    A preposición da perífrase cuidar + a + infinitivo só aparece explícita co segundo verbo (cuidei a morrer), mais hai que a supor (talvez absorbida por ca, véxase nota a 205.13) tamén co primeiro (cuidei a dize-lo).

  • 8

    Na grafía das asimilacións nos encontros <s-l> en que intervén o pronome identificador obsérvese a preferencia de A (e N) por unha representación arcaizante, coa manutención dos elementos consonánticos iniciais do encontro en face dunha representación gráfico-fonética -l-: pois-la vir A vs. poi-la vir B (136.19), pois-la vi A vs. poi-la vi B (174.18, 275bis.8), Deus-lo sabe A vs. Deu-lo sabe B (177.3), Deus-la fezo A vs. Deu-la fez B (277.17), mais-lo poder A vs. mai-lo poder BB’V (901.10), bẽeiga Deus-la sennor A vs. beenga Deus a senhor B’V (901.26), Depois-lo tiv’eu guisado B vs. Depoi-lo tiv’eu guisado V (1123.17), miraremos-las ondas N vs. miraremo-las ondas BV (1297.r). Mais tamén se rexistra variación inversa ou diverxencias dentro do mesmo cancioneiro: poi-la cinta achei B’V vs. pois-la cint’achei B (48.14), Deu-los leix(e) A vs. Deus-los leixe B (199.33), sode-la mellor / dona A vs. sodes a melhor / dona B (217.10), Mai-la mesura A vs. Mais a mesura B (217.15). Cfr. nota a 965.11.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado