117 [= RM 115,6]
Entend’eu ben, sennor, que faz mal sén

Entend’eu ben, sennor, que faz mal sén
quen vai gran ben querer quen llo non quer,
e quen deseja muit’ata[l] moller
de que non cuida ja máis aver ben;
e, mia sennor, tod’est’a mí aven
de vós, e non entend[o] a folia
que faç’i grand’[e] entende-la-ia
se a fezess’outre, e non ei ventura
de saber-me guardar de gran loucura.
E, mia sennor, sei eu guardar outr’én,
e a min, que mi avia máis mester,
non sei guardar; e, se me non valver
escontra vós, mia sennor, outra ren,
non mi á min prol, quando me prol non ten
cousimento, que me valer devia;
e, mia sennor, vel por Santa Maria,
pois Deus non quer que eu faça cordura,
fazed’i vós cousiment’e mesura!
E, de pran, segundo meu connoscer,
en vos querer mui gran ben, mia sennor,
eu que non cuido mentre vivo for,
sennor fremosa, de vós ben aver,
máis mi-o deviades vós gradecer
ca se vos eu, mia sennor, [ja] amasse
por algun ben que eu de vós cuidasse
aver; mais Deus non me dé de vós grado
se eu, sennor, ei ren deste cuidado!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 

Manoscritti


A 31, B 146

A copia do Cancioneiro da Ajuda comeza coa palabra folia, no v. 6.

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 69-70); Vallín (1995b: 141-143 [= LPGP 728-729]); Littera (2016: II, 233-234).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 58); Carter (2007 [1941]: 21); Marques Braga (1945: 66-67); Machado & Machado (1949: I, 211-212); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 117).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 245-246).

Varianti manoscritte


2 que] ꝙʷ B   10 sei] seu A; eu guardar outr’én] guardar outre bem B   12 sei] me sei B; e] om. B   14 me] mj B   15 cousimento, que me valer] con simēte ualer me B   16 e] om. B; santa] scā B   17 eu faça] eu faza A : fac eu B   18 fazed’i vós cousiment’e] fazede uos consimeute B   19 segundo] segudo A : segū de B; connoscer] conhocer B   21 en] eu B   22 fremosa] f’inosa B   23 gradecer] a gradeçer A   25 eu] om. B   26 non me dé de vós grado] nūcame de grado B   27 eu] ey B; ei] om. B

Varianti editoriali


6 entend[o]] entend’[eu] Vallín   7 grand’[e]] quand[o] Michaëlis : quand’[eu] Vallín   8 outre] outr(e) Michaëlis   10 outr’én] outren Vallín, Littera   16 Santa] sancta Vallín   17 faça] faza Vallín   19 connoscer] conhocer Michaëlis   20 vos] vus Michaëlis : vós Vallín   24 vos] vus Michaëlis; [máis]] sol Michaëlis   26 dé] dê Michaëlis, Littera

Parafrasi


(I) Ben entendo eu, señora, que fai unha loucura quen vai amar moito a quen non o ama, e quen desexa moito unha muller de quen non pensa recibir ben xamais; e, miña señora, todo isto me acontece a min convosco, e non entendo a gran loucura que aí fago e entenderíaa se a fixese outro, e non teño a sorte de me saber gardar dunha gran loucura.

(II) E, miña señora, sei eu gardar a outro diso, e a min propio, que o precisaría máis, non me sei gardar; e, se me non auxiliar contra vós, miña señora, outra cousa, non me ten proveito, cando tampouco me é de proveito obrar con criterio, que me debía axudar; e miña señora, sequera por Santa María, xa que Deus non quere que eu obre con cordura, obrade aí vós con siso e con mesura!

(III) E, sen dúbida, segundo o meu entender, o feito de vos amar, miña señora, eu que non penso recibir de vós ningún ben mentres viva, fermosa señora, máis mo debiades vós agradecer ca se vos eu xa amase, miña señora, por algún ben que eu pensase recibir de vós; mais que Deus non me dea a vosa graza se eu, señora, teño algo deste pensamento!

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10’c 10’c 10’d 10’d (= RM 144:1)

Encontros vocálicos: 8 outre,e; 11 miavia; 14 miá; 23 mi-‿o

Note


Testo
  • 6

    Nótese a convivencia do provenzalismo folia (v. 6) co sinónimo loucura (v. 9), forma minoritaria no corpus das cantigas (117.9, 360.5, 772.15, 1326.21, 1410.17, 1451.13, 1575.24).

  • 7

    Carecen de base textual as lecturas de Michaëlis e de Vallín, xa que o texto ofrecido polos manuscritos é perfectamente axeitado métrica e semanticamente, coa reintegración da copulativa.

  • 10

    O carácter paroxítono de outren e mais o feito de que esta variante do indefinido outre non se rexistre en A (véxase nota a 138.25) mostra como a opción editorial de Vallín (e Littera) é errada: é necesaria a segmentación de én fundamentalmente porque se precisa un elemento oxítono para a rima. Cfr. nota a 138.25 e 180.9.

  • 12

    Ao contrario das Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. valer), onde predominan as formas etimolóxicas nos tempos de pretérito de valer coa raíz valv- (véxase Ferreiro 1999: §221d; Mariño Paz 2000: 699-703), na poesía profana xa son minoritarias as formas máis antigas (véxase tamén 35.24, 127.19, 196.16, 271.3, 559.2, 1373.6 e 1532.20).

  • 14

    Na secuencia á min omítese con certa frecuencia a preposición co complemento indirecto: non mi á min mester (150.9), e que non á min por senhor (730.15) (mais cfr. que prol á a mí fazer eu vosso ben, 957.11). Véxase nota a 5.2.

  • 15

    A lección <con simēt> para cousiment(o) mostra o erro <o͂>~<on>/<ou> (derivado de <n>/<u>) que é moi frecuente ao longo dos cancioneiros, especialmente en B: <cōsimento> cousimento (116.22), <guisō> guisou (501.3), <ōsara> ousará (589.3), <pōco> pouco (591.9), <baratō> baratou (729.5), <em car nō> encarnou (877.21), <ōui> ouvi (1233.12), <ōny> ouvi (1458.7), <sōbe> soube (1505.1, 1509.7), <buscō> buscou (1507.7), <nōtro> noutro (1509.1), <sōba> soub’a (1509.16), <cōsa> cousa (1510.1). E en V tamén se encontra o mesmo erro: <tornō> tornou (603.15), <morō> morou (865.12), <nō> vou (1012.20), <cōtre> voutre (1015.17).

    Cousimento ‘discreción, siso’ é voz de orixe provenzal usada con relativa frecuencia, fundamentalmente nas cantigas de amor (36.26, 38.1, 110.4, 116.22, 156.2, 978.2, 1062.11, 1408.12), xunto cos verbos cousir e cousecer (véxase Glosario, s.v.), da mesma familia semántica e de amplo uso no corpus trobadoresco. Véxase García-Sabell Tormo (1991: 103-105).

  • 16

    Alén doutros valores, vel é usado como elemento introdutor dos sintagmas invocativo-exclamativos vel por Santa Maria (tamén en 1602.6) e vel por Deus (237.11, 273.4, 566.12). Cfr. notas a 6.8 e 36.4.

  • 17

    Obsérvese a aparición da grafía <z> en formas que regularmente presentan <c, ç> e que deben ser postas en relación con outras confusión gráficas que atinxen ao ámbito das sibilantes no Cancioneiro da Ajuda: en varias ocasións rexístrase <fazo> e <faza> faço e faça, ás veces en formas contractas (69.7 e 10, 117.17, 136.10, 189.24, 203.27, 273.22, 278.15, 403.2, 433.2), <ouzo> ouço (85.26) e <nazer> nacer (260.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 80.10, 88.15 e 89.2.

  • 19

    Nas cantigas profanas aparece por veces a grafía <sc> en vez de <c> ou <ç> [ts], en xeral na desinencia de verbos incoativos, especialmente no Cancioneiro da Ajuda: connoscer (117.19, 138.2, 142.16 <conhocer> B), connoscesse (127.21 <cõnosciesse> A, <conhocesse> B), escaescer (130.13, 138.10, 227.15 <escaecer>~<escaeçer> B), escaescerá (175.28 <es caeçera> B), nasci (140.3 <naci> B). Mais en B e V tamén se rexistran algunhas voces con esta grafía latinizante, a maioría das veces concentradas na derradeira parte do cancioneiro galego-portugués: conhoscer (1015.15, 1630.3), falescer (1586.13) e parescer (1612.2, 7, 9 e 21; 1613.2 e 4)1 . E só en tres ocasións localizamos variación entre os dous apógrafos italianos: gradecer <gradecer> B vs. <gradescer> V (1378.1); conhocedes <cognosceds̄> B vs. <conhoçeds̄> V (1480.19); conhoceria <conhoceria> B vs. <donhosceria> V (1630.9). Cfr. nota a 68.11.

    A frase formularia aseverativa segundo meu connoscer presenta múltiplas formulacións alternativas ao longo do corpus (cfr. nota a 65.3, 228.8, 230.10, 415.29).

  • 23

    Acollemos a lección de B, pois a variante do Cancioneiro da Ajuda, coa introdución da preposición a na perífrase obrigativa dever + infinitivo, converte o verso en hipermétrico.

  1. ^

    Só en 547.18 se rexistra a diferente lección <nasçi> B, <naçi> V.

Cerca
    Nessun risultato trovato