I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 332-333 [= LPGP 895-896]); Arias Freixedo (2010: XV); Littera (2016: II, 446-447).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 182); Braga (1878: 95); Machado & Machado (1953: IV, 265).
3 lh’é] lhs B : lha V; ou] on V; lhi] lha B 6 pero] po B 8 meresco] Mēsco B; sanha] ssenha B
1 que] qu(e) Nunes 3 lh’é grav’] lh’agrav’ Nunes 4 do] de Nunes 10 e, pero] e pero Littera 11 min] mi Nunes, Littera 15 nen un] nẽum Littera 17 min] mi Nunes, Littera 20 min] mi Nunes, Littera
(I) Esta señora que agora tomei (por namorada) –en mal día o fixen–, vede o que fai porque lle pesa ou non lle agrada a relación que con ela comecei: asáñase agora contra min e aínda sente pracer con iso.
(II) E ben pode saber que eu non merezo nada esta saña, agás porque a amo, e, aínda que non hai razón para iso, asáñase agora contra min e aínda sente pracer con iso.
(III) Ben vos digo que eu me querería matar antes que lle causar ningún pesar, mais ela, por vontade súa, asáñase agora contra min e aínda sente pracer con iso.
(1) E, xa que o quere facer así, non sei eu o que será de min.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:376) + 8c 8c
Encontros vocálicos: 1 *que‿ora; 8 meresco‿eu
A problemática sinalefa con que indica a posíbel existencia de corrupción textual no íncipit da cantiga, talvez coa substitución do artigo polo demostrativo: *A senhor que ora filhei (véxase un caso similar en 385.1). A proposta de Montero Santalla é Esta senhor que [eu] filhei (2000: 508), talvez a pensar no erro <ora>/<eu> de BV en 393.3.
A proposta textual de Nunes neste verso co verbo agravar é produto dun erro de interpretación.
Nótese a variación mí ~ min no refrán (I mí; II-III min), en liña coa alternancia das dúas formas na lingua trobadoresca e mais na lingua medieval en xeral. Cfr. nota a 27.4.
A locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus, é relativamente frecuente, por máis que en bastantes ocasións sexa posíbel conceder independencia sintáctica a cada un dos elementos da locución. Con todo, véxase o v. 10, onde a sintaxe aconsella isolar os dous elementos (e, pero), embora Littera non o considere necesario.