257 [= RM 152,2]
Estes ollos meus ei eu gran razon

Estes ollos meus ei eu gran razon
de querer mal enquant’eu ja viver
porque vos foron, mia sennor, veer,
ca depois nunca, si Deus me perdon,
pud’eu en outra ren aver sabor,
erg’en coidar en vós, ai mia sennor!
Desses vossos ollos e destes meus
me vẽo sempre coit[a] e pesar,
poi-los meus foron os vossos catar,
ca, des i, nunca, si me valla Deus,
pud’eu en outra ren aver sabor,
[erg’en coidar en vós, ai mia sennor!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


A 149, B 272

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 299 [= LPGP 955]); Piccat (1995: 176); Littera (2016: II, 504).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 114); Carter (2007 [1941]: 89-90); Marques Braga (1945: 280); Machado & Machado (1950: II, 57); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 257).
III. Antoloxías: Jensen (1992: 368); Diogo (1998: 118).

Variantes manuscritas


1 gran] mui gran A   3 vos] uus A   4 si Deus me] se deꝯ mi B   6 coidar] cuydar B   8 me] mj B   10 si me] semj B

Variantes editoriais


1 ei eu gran] ei eu mui gran Michaëlis, Piccat : ei gram Littera   3 vos] vus Michaëlis, Piccat   8 vẽo sempre coit[a] e] [a]vẽo sempre coit’e Michaëlis, Piccat : veo sempre coit[a] e Littera   12 erg’en] ergu en Piccat

Paráfrase


(I) Teño eu moita razón en querer mal a estes meus ollos, mentres eu viva, porque vos foron ver, miña señora, xa que despois, así Deus me perdoe, nunca puiden sentir gozo por outra cousa agás por pensar en vós, ai miña señora!

(II) Deses vosos ollos e destes meus veume sempre coita e pesar, desde que os meus foron mirar os vosos, porque, desde entón, así me valla Deus, nunca puiden sentir gozo por outra cousa agás por pensar en vós, ai miña señora!

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:232)

Notas


Texto
  • 1

    A manutención de mui conforme o texto de A (fronte a B, que non o presenta), tal como Michaëlis e Piccat propoñen, converte en hipermétrico o verso; na realidade, con relativa frecuencia se produce a esporádica intromisión1 textual de partículas como o supracitado mui nas copias manuscritas (en Littera foi omitido eu). Véxase nota a 65.1.

  • 8

    Piccat mantén a hipometría do verso (coa forma veo desnasalada, contra os manuscritos), mais o verso ei coita e pesar de Martin Moxa (888.3) suxire a conveniencia da reintegración da vogal en coita nesta pasaxe de Vaasco Gil; por outra parte, a emenda a prol de avĩir que Michaëlis fixo contradí os usos lingüístico-expresivos das cantigas de amor. Cfr., por exemplo, e a min gran coita m’én ven (252.9); ca me ven coita (380.3).

  1. ^

    Ben próximo aparece o v. 2 da cantiga seguinte (nº 258, A 150), onde o copista de A escribiu o mui gran ben e a seguir eliminou o adverbio mui por medio de rasura

Procurar
    Não foram encontrados resultados