269 [= RM 79,20 (= 157,23)]
Eu me coidei, u me Deus fez veer

Eu me coidei, u me Deus fez veer
esta sennor, contra que me non val,
que nunca me dela verria mal,
tanto a vi fremoso parecer
e falar mans’e fremos’e tan ben
e tan de bon prez e tan de bon sén
que nunca dela mal cuidei prender.
Esto tiv’eu que m’avi’a valer
contra ela, e todo mi ora fal,
e demais Deus, e viv’en coita tal
qual poderedes mui ced’entender
per mia morte, ca moir’, e praze-m’én
e d’al me praz: que non saben por quen
nen o poden ja máis per mí saber.
[P]ero vos eu seu ben queira dizer
todo, non sei, pero convosc’en al
nunca falei; mais fezo-a Deus qual
El mellor soube no mundo fazer;
ainda vos al direi que ll’aven:
todas as outras donas non son ren
contra ela nen an ja de seer.
E esta dona, poi-lo non souber,
non lle poden, se torto non ouver,
Deus n[e]n ar as gentes culpa põer.
[M]ai-la mia ventura e aquestes meus
ollos an i [mui] gran culpa, e Deus,
que me fezeron tal dona veer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 

Manuscrits


A 161

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 323-324 [= LPGP 534]); Correia (2001: 267); Littera (2016: I, 597-598).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 96-97); Marques Braga (1945: 303-304); Machado & Machado (1960: VII, 20-21); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 269).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 302); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 152).

Variantes manuscrites


7 tiv’eu] tiuueu A   16 convosc’en] cō uusquen A   19 vos] uus A   24 n[e]n ar as] nar nas A

Variantes éditoriales


8 avi’a] avia Michaëlis   15 vos] vus Michaëlis   16 convosc’] convusqu’ Michaëlis   19 vos] vus Michaëlis   25 ventura] ventur(a) Michaëlis : ventur' Littera   26 [mui] gran] grande Michaëlis : gran Correia, Littera

Paraphrase


(I) Pensei eu, cando Deus me fixo ver esta señora, contra quen non me axuda, que nunca me viría mal dela, tan fermosa a vin ser e falar calma e docemente e tan ben, e de tanta honra e de tan bo xuízo que nunca dela pensei recibir mal.

(II) Isto pensei eu que me había de axudar en relación con ela, e todo agora me falla, e tamén Deus, e vivo en tal coita cal poderedes moi axiña entender coa miña morte, pois morro e práceme iso, e outra cousa me prace: que non saben por quen

(III) Aínda que eu vos queira contar todo o seu ben, non sei, a pesar de que convosco nunca falei doutra cousa; mais fíxoa Deus tal como El mellor soubo no mundo facer, (e) aínda vos direi outra cousa que lle acontece: todas as outras donas non son nada en comparación con ela nin o han ser.

(1) E a esta dona, mentres non o souber, non a poden Deus nin tampouco as xentes, se non houber unha inxustiza, culpar.

(2) Mais a miña ventura e estes meus ollos teñen niso moi gran culpa, e Deus, que me fixeron tal dona ver.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10d 10d 10a + 10e 10e 10a (= RM 161:57)

Encontros vocálicos: 9 miora; 25 venturae

Notes


Texte
  • 8

    A interpretación das secuencias do tipo <auia>, <deuia>, <ouuera> + inf. como avi’a / devi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), e  <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.

  • 12

    Velaí a variante minoritaria praze, con manutención da vogal final -e tras [dz], que habitualmente desaparece na evolución do latín ao galego-portugués (véxase Ferreiro 1999: §20c.5), que convive coa forma xeral praz (véxase v. 13). Cfr. nota a 338.2.

  • 22

    Máis unha vez, e como acontece con frecuencia nos íncipits das cantigas ou nos inicios de fiinda, rexístrase unha concordancia ad sensum: E (a) esta dona ... non lle poden ...

  • 24

    A lección do Cancioneiro da Ajuda para este verso (<deus nar nas gentes culpa pō er>) parece ter un erro de copia na secuencia <nar nas> de A, resolvido tradicionalmente como nen ar nas; esta proposta presenta o problema do afastamento de ar da forma verbal. Véxase nota a 105.14.

  • 26

    Perante a hipometría versal (conservada nas edicións de Correia e de Littera), a michaëliana solución gran[de] como adxectivo prenominal non ten apoio no corpus. É por isto que semella axeitada a recuperación da partícula mui, probábel omisión no proceso de copia. Véxase nota a 76.13.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé