715 [= RM 72,7]
Eu nunca dórmio nada cuidand’en meu amigo

Eu nunca dórmio nada cuidand’en meu amigo:
el, que tan muito tarda, se outr’amor á sigo
erga-lo meu, querria
morrer oj’este dia.
E cuid’en esto sempr’e non sei que de mí seja:
el, que tan muito tarda, se outro ben deseja
ergo o meu, [querria
morrer oj’este dia].
Se o faz, faz-mi torto e, par Deus, mal me mata:
el, que tan muito tarda, se rostro outr’olho cata
ergo o meu, [querria
morrer oj’este dia],
ca meu dano seria
de viver máis un dia.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscrits


B 700, V 301

En BV toda a cantiga está disposta en versos curtos.

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 120-121 [= LPGP 472]); Cohen (2003: 185); Littera (2016: I, 557).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 122); Braga (1878: 58); Machado & Machado (1952: III, 379).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 51-52); Nunes (1959: 291-292); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 110); Magalhães (2007: 91).

Variantes manuscrites


1 en] eu B   3 querria] queria B   4 morrer] moirer B   6 tarda] tara V   9 faz-mi] farmi V   14 viver] ui’iu V

Variantes éditoriales


En Nunes os versos estróficos son hexasilábicos.

3 erga-lo meu] ergo o meu Nunes : ergo lo meu Littera; querria] queria Nunes   5 sempr’e] sempre Nunes, Cohen, Littera   7 ergo o meu] erga-[l]o meu Cohen : ergo lo meu Littera; querria] queria Nunes   10 se rostro outr’olho cata] se rostro outro lho cata Nunes : se outro rostro cata Littera   11 ergo o meu] erga-[l]o meu Cohen : ergo lo meu Littera; querria] queria Nunes

Paraphrase


(I) Eu nunca durmo nada pensando no meu amigo: el, que tanto tarda, se ten outro amor consigo agás o meu, querería morrer hoxe mesmo.

(II) E penso nisto sempre e non sei que vai ser de min: el, que tanto tarda, se outro ben desexa agás o meu, querería morrer hoxe mesmo.

(III) Se o fai, é inxusto comigo e, por Deus, mátame cruelmente: el, que tanto tarda, se os seus ollos catan outro rostro agás o meu, querería morrer hoxe mesmo, (1) pois sería daniño para min vivir un día máis.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 13’a 13’a 6’B 6’B + 6’b 6’b (= RM 37:4)

Encontros vocálicos: 1 dór·mi͜o; 10 rostrooutr’

Notes


Texte
  • *

    A disposición métrica de Nunes é diferente: 6’a 6’b 6’c 6’b 6’D 6’D. 

  • 2

    A estratéxica colocación de el (o amigo) no inicio do 2º verso de todas as cobras (vv. 2, 6, 10) xera unha especie de anacoluto semántico, pois o suxeito de querria morrer é eu (a amiga).

  • 3

    Aínda sendo posíbel o uso do copretérito nesta pasaxe, acae mellor o pospretérito que achega a copia de V, de modo que probabelmente o <queria> de B sexa produto dun lapso de copia.

    Obsérvese a variación no refrán (anulada en todas as edicións anteriores) coa utilización da variante ergas (con asimilación do artigo) da variante máis xeral ergo ‘excepto’: Nunes e Littera unifican sobre a forma xeral ergo ‘excepto’, fronte a Cohen, que xeneraliza a variante ergas (erga-lo meu). No caso de Littera, a intromisión ecdótica é maior por canto converte a asimilación presente en erga-lo meu en ergo lo meu; isto é, propón a consideración da variante arcaica posvocálica do artigo (lo) nesta e nas seguintes estrofas.
    Sen dúbida, a forma ergas da primeira ocorrencia do refrán é de uso fundamentalmente poético, pois foi só utilizada por Martin Codax (1298.14 e 17, 1300.14 e 17) e mais Afons’Eanes do Coton (1590.10); canto á súa orixe, debe ser creación analóxica a partir de formas adverbiais como foras, nuncas ou certas (véxase Ferreiro 2018a: 177). Cfr. nota a 27.4.

  • 4

    A expresión oj’este dia, locución adverbial equivalente a ‘hoxe’, é a formulación xeral corpus trobadoresco (tamén en 983.7, 1288.1, 1467.5), aínda que pode aparecer con interpolacións:

    Se oj’el este dia
    soubesse, migo iria (736.5)

    Mais tamén é utilizada sen a presenza do demostrativo (oje dia cuidades que venha?682.3). En calquera caso, resulta significativo que oj’este dia represente exactamente o hodie latino (> hoje), con orixe en hoc die ‘(n)este día’.

  • 10

    Para a cabal comprensión do segundo hemistiquio debe considerarse que, na secuencia lóxica da frase, o indefinido outro vai posposto a olho, de modo que deberemos interpretar a secuencia como ‘se (o seu) ollo cata outro rostro’; isto é, ‘se o amigo mira para outra muller’. O texto editado en Littera é resultado dun modus operandi demasiado interventivo e ten como resultado unha refacción banalizadora da lección dos manuscritos.

    A posposición ao substantivo dos determinantes indefinidos, demostrativos etc. que se rexistra en rostro outr(o) é rara na lingua antiga (e moderna); no corpus trobadoresco volve aparecer o indefinido outro invertido en conselh’outro (138.31, 241.9), afan outro (353.12), mal outro (379.10) e pescad’outro (1665.18), para alén da posposición do demostrativo en comendadores estes (1430.18). Na produción prosística medieval tamén se achan esporadicamente posposicións iguais ou similares. Eis algunhas mostras:

    et com̃o gaanara a nobre çidade de Ualença et outros castelos muytos (...) et durou bẽ quatro ãnos que fezo cantar missas muytas (...) Et estaua y Abiabis cõ duzentos caualeyros et outra gente muyta (trad. galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España; Lorenzo 1975: I, 642, 668, 740).

    et fez ella os panos menores ante queos omẽ do mũdo fezesse nẽ outro algũ (trad. galega da General Estoria; Martínez López 1963: 159).

    Ca sabede, (...), que el rrey Príamos auj́a trijnta et tres fillos outros (Crónica Troiana; Lorenzo 1985: 230).

    havia dous irmãos outros (...) e era compadre d'el rei d'Aragom e seu amigo muito (...) E teve outras terras muitas (Livro de Linhagens do Conde D. Pedro; Mattoso 1980: I, 81, 151 e 163).

    Outros algũus er diziam que, (...), que elles receberõ ella e seu filho por senhores de Castella (Crónica Geral de Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: IV, 364).

    e foi assi que lhe deu elRei Alva de Tormes, e Reall de Maçanalles, e logares outros (...) passariam de trezemtas lamças afora homeẽs de pee e beesteiros poucos (Crónica de D. João I; Fernão Lopes 1994: I, 106 e 300).

    com quatro Reis outros, e imfijmda mourama uijnha comtra elle (Crónica de D. Afonso Henriques; Duarte Galvão (1995: 49).

    não pode ser entrar nella pessoa outra alguã, que não pode entrar no mosteiro (doc. 1583; Gomes 1998: 448).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé